Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A21 |
Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría. |
A22 |
Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os planes de coidados correspondentes. |
A23 |
Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas. |
A24 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
A25 |
Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade. |
A37 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B18 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B21 |
Implicación na calidade e busca/procura da excelencia. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar o desenvolvemento das sociedades ao longo da historia, describindo o proceso saúde-enfermidade para que, a través disto, se identifique a función de coidar nas sociedades de cada época.
|
A21
|
B1 B5 B7 B8 B11 B12 B14 B16 B18 B19
|
C3 C7 C8
|
Identificar a función diferenciada da Enfermaría e comprender a importancia do establecemento dun marco teórico propio que de sentido á actuación profesional.
|
A22
|
B1 B3 B4 B5 B6 B10 B21 B22 B24
|
C4 C6 C7 C8 C10
|
Comprender a evolución dos conceptos centrais da disciplina de enfermaría, así como as teorías e os modelos conceptuais máis relevantes.
|
A24
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B14 B16 B18 B20 B21 B24
|
C4 C7 C10
|
Describir a metodoloxía científica e a súa aplicación en enfermaría. Proceso de atención de enfermaría.
|
A22 A25
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B13 B21
|
C11 C12
|
Aplicar o proceso de atención de enfermaría.
|
A23
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B21 B22 B24
|
C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12
|
Valorar e planificar coidados básicos para a atención das necesidades fundamentais do ser humano. |
A24 A37
|
B4 B5 B6 B7 B8 B10 B12 B14 B15 B16 B20 B21 B22 B24
|
C3 C4 C7 C8 C10 C11 C12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
HISTORIA DA ENFERMARÍA
|
TEMA 1. AS PRÁCTICAS DO COIDADO DENDE A ANTIGÜIDADE ATA A ACTUALIDADE
1.1 Os coidados aos enfermos a través dos tempos.
1.2 Factores condicionantes:
1.2.1 Evolución dos conceptos de saúde e enfermidade.
1.2.2 Comportamento social ante os enfermos e a enfermidade.
1.2.3 Consideración social das mulleres a través da historia.
1.2.4 Evolución do coñecemento.
1.3 Personaxes relevantes.
TEMA 2. DESENVOLVEMENTO HISTÓRICO DA ENFERMARÍA EN ESPAÑA
2.1 O nacemento e a institucionalización da Enfermaría en España.
2.2 O Axudante Técnico Sanitario (A.T.S.)
2.3 O Diplomado Universitario en Enfermaría (DUE)
2.4 O Graduado en Enfermaría. |
ENFERMARÍA PROFESIONAL. MODELOS E TEORÍAS DE ENFERMARÍA |
TEMA 1. A ENFERMARÍA PROFESIONAL.
1.1 Concepto de Enfermaría.
1.2 Campo de actuación.
1.3 Características dunha profesión.
1.4 Supostos básicos da profesión de Enfermaría.
TEMA 2. FUNCIÓN DIFERENCIADA DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.
2.1 Funcións e función de Enfermaría.
2.2 O equipo de saúde. A enfermeira como membro do equipo de saúde
TEMA 3. MARCO CONCEPTUAL DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA.
3.1 Concepto de Marco Conceptual dunha profesión.
3.2 Necesidade de establecer un marco conceptual.
3.3 Elementos que o compoñen.
TEMA 4. MODELOS DE COIDADOS EN ENFERMARÍA.
4.1 Concepto de Modelo. Elementos dun modelo.
4.2 Necesidade da adopción dun modelo na práctica.
4.3 Criterios de clasificación dos modelos. Tendencias.
4.4 Modelos máis representativos.
4.5 O modelo de coidados de Florence Nightingale.
4.6 O modelo de coidados de Virginia Henderson.
4.7 O modelo de coidados de Dorothea Orem. |
COIDADOS BÁSICOS DE ENFERMARÍA |
TEMA 1.SEGURIDAD E ÁMBITO SEGURO
1.1. Introdución.
1.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados cun ámbito seguro.
TEMA 2. COMUNICACION
2.1. Introdución
2.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa comunicación.
TEMA 3. ESPIRITUALIDADE E CRENZAS
3.1. Introdución
3.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa espiritualidade.
TEMA 4. PERDIDA E DUELO
4.1. Introdución
4.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa perda e o duelo..
TEMA 5. HIXIENE E PROTECCION DA PEL
5.1. Introdución.
5.2. Coidados de enfermaría relacionados coa hixiene e a protección da pel.
TEMA 6. DESCANSO E SONO
6.1. Introdución.
6.2. Coidados de enfermaría relacionados co descanso e o sono.
TEMA 7. NUTRICION E HIDRATACION
7.1. Introdución.
7.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa nutrición e a hidratación.
TEMA 8. ELIMINACION URINARIA
8.1. Introdución.
8.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa eliminación urinaria.
TEMA 9. ELIMINACION FECAL
9.1. Introdución.
9.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa eliminación fecal.
TEMA 10. RESPIRACION E CIRCULACION
10.1. Introdución.
10.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados coa respiración e circulación.
TEMA 11. MOVERSE E ADOPTAR UNHA BOA POSTURA
5.1. Introdución.
5.2. Coidados básicos de enfermaría relacionados con moverse e adoptar unha boa postura. |
METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMERIA |
TEMA 1. A APLICACIÓN DO MÉTODO CIENTÍFICO EN ENFERMARÍA: O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA.
1.1 O Proceso de Atención de Enfermaría: orixe e historia.
1.2 O Proceso como método de solución de problemas.
1.3 Etapas do proceso de Enfermaría.
TEMA 2. PRIMEIRA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: A VALORACIÓN
2.1 A recollida e selección de datos. Métodos para a recollida. Fontes que achegan datos.
2.2 A recollida de datos a través da entrevista. A entrevista como forma de comunicación e como medio de obtención de datos.
2.3 A recollida de datos a través da observación. Concepto e fins da observación.
TEMA 3. SEGUNDA ETAPA DO PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA: IDENTIFICACIÓN DE PROBLEMAS: O DIAGNÓSTICO DE ENFERMARÍA.
3.1 Análise dos datos recollidos.
3.2 Diagnóstico de Enfermaría. Concepto. Evolución histórica.
3.3 Sistemas de clasificación dos Diagnósticos de Enfermaría
3.3.1 Taxonomía diagnóstica.
3.4 Compoñentes do Diagnóstico de Enfermaría.
3.5 Clasificación dos Diagnósticos de Enfermaría.
3.6 Formulación correcta do Diagnóstico de Enfermaría.
3.7 Problemas Interdependentes. Concepto. Diferenzas entre
Diagnóstico de Enfermaría e Problema Interdependente.
TEMA 4. TERCEIRA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A PLANIFICACIÓN DOS COIDADOS.
4.1 Concepto e finalidade.
4.2 Selección de prioridades.
4.3 Establecemento de obxectivos.
4.4 Determinación de actividades.
4.5 Introdución á clasificación das intervencións enfermeiras (NIC) e a clasificación de resultados de enfermaría (NOC).
TEMA 5. CUARTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A EXECUCIÓN DO PLAN DE COIDADOS.
5.1 A execución do planificado. Persoas que interveñen na execución do Plan de Coidados.
5.2 Formas de intervención da enfermeira no Plan de Coidados.
TEMA 6. QUINTA ETAPA DO PROCESO DE ENFERMARÍA: A AVALIACIÓN
6.1 Concepto de avaliación no Proceso de Enfermaría.
6.2 Elementos e aspectos da avaliación.
6.3 Instrumentos de avaliación. Formas de avaliación.
TEMA 7. APLICACIÓN DAS TIC Á PLANIFICACIÓN DE COIDADOS
7.1 A informática nos coidados de Enfermaría |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A21 A22 B16 B24 C8 |
42 |
84 |
126 |
Seminario |
A37 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B18 B21 B22 C3 C6 C7 C10 C11 C12 |
28 |
42 |
70 |
Lecturas |
A21 B1 B3 B4 B8 B11 B16 B19 B20 B21 C3 C6 C7 C8 |
0 |
24 |
24 |
Estudo de casos |
A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B21 B22 B24 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
7 |
14 |
21 |
Traballos tutelados |
A21 B1 B3 B5 B8 B11 B12 B16 B19 B20 B21 B22 C3 C7 C8 C11 |
7 |
45.5 |
52.5 |
Proba oral |
A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 |
0.5 |
0 |
0.5 |
Proba de ensaio |
A23 A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral realizada na aula por parte do profesor e aberta á participación do alumno, que será complementada coa utilización dos medios audiovisuais necesarios. |
Seminario |
Traballo en grupo a través da participación e discusión para o estudo dos diferentes aspectos relacionados coa profesión, as súas funcións, os Modelos de Enfermaría así como as Necesidades Básicas do ser humano e a posterior elaboración dun documento de análise e síntese sobre estes.
O material básico necesario facilitarase durante o desenvolvemento destes. |
Lecturas |
Afondamento na materia mediante textos de diferentes fontes documentais escollidos e seleccionados previamente polo profesor. |
Estudo de casos |
Estudo, resolución e posta en común ante determinadas situacións de saúde/enfermidade mediante a utilización da metodoloxía científica enfermeira (proceso de atención de enfermaría).
Como sistema de avaliación levará a cabo unha proba escrita onde o alumno deberá demostrar o coñecemento da aplicación da metodoloxía científica a través da resolución dun caso hipotético. |
Traballos tutelados |
Proceso de lectura e análise do contido de libros, artigos, páxinas web... relacionados coa historia dos coidados de Enfermaría. Ao longo deste proceso formativo tutelado polo profesor fomentarase a aprendizaxe independente dos estudantes, finalizando coa entrega e defensa dun traballo. |
Proba oral |
Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas curtas ou de certa amplitude onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. |
Proba de ensaio |
Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Traballos tutelados |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada, que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo presencial para o alumno co profesor, polo que implica participación obrigatoria do alumno. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de ensaio |
A23 A24 A25 B2 B3 B8 B9 B12 B13 C11 |
Proba escrita sobre os contidos do programa onde o alumno deberá responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento.
Os contidos a avaliar nesta proba serán os correspondentes á Unidade: COIDADOS BÁSICOS DE ENFERMARÍA
|
30 |
Traballos tutelados |
A21 B1 B3 B5 B8 B11 B12 B16 B19 B20 B21 B22 C3 C7 C8 C11 |
Entrega e defensa dun traballo de carácter obrigatorio sobre determinados contidos da Unidade: HISTORIA DA ENFERMARÍA
|
20 |
Estudo de casos |
A23 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B19 B21 B22 B24 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
Proba escrita onde o alumno deberá dar resposta aos contidos do Proceso de Atención de Enfermaría e resolver un caso onde se lle expoñerá un problema de saúde-enfermidade hipotético.
Unidade: METODOLOXÍA CIENTÍFICA E A SÚA APLICACIÓN EN ENFERMARÍA. O PROCESO DE ATENCIÓN DE ENFERMARÍA |
20 |
Proba oral |
A21 A22 B3 B7 B8 B14 C10 |
Proba na que o alumno deberá responder, de forma oral, a preguntas abertas, de certa amplitude, onde se valorará o coñecemento que posúe da materia, así como a capacidade de razoamento, espírito crítico, capacidade de síntese e de relación sobre os contidos do programa. Implica un estudo amplo e afondo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Os contidos a avaliar nesta proba serán os correspondentes ás seguintes unidades:
UNIDADE- HISTORIA DA ENFERMARÍA
UNIDADE - ENFERMARIA PROFESIONAL. MODELOS E TEORIAS DE ENFERMARIA
|
30 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación anteriormente descrita é OBRIGATORIA para todos os alumnos con MATRICULA COMÚN que se presenten á primeira oportunidade.
Levarase a cabo unha avaliación continua onde a aplicación das porcentaxes correspondentes se realizará sempre e cando o alumno teña todas as probas (Estudo de Casos, Traballos Tutelados, Proba Oral e Proba de ensayo/desarrollo) superadas de xeito independente.
Cando o alumno non supere de xeito independente unha ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non ter superado algunha das avaliacións, figurará cun 4,8 en acta.
O feito de non se presentar a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.
As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Para a Segunda Oportunidade o alumno será avaliado mediante un exame único escrito que incluirá a/s proba/s pendente/s ou non superadas, mantendo a porcentaxe establecida sobre a cualificación final.
MATRÍCULA PARCIAL:
Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA:
Os alumnos que soliciten OPORTUNIDADE ADIANTADA deberán examinarse por escrito a través dun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
MATRÍCULA DE HONRA:
Poderán optar a matrícula de honra aqueles alumnos cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Anatomía/750G01001 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 | Fisioloxía/750G01105 |
|
Materias que continúan o temario |
Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 |
|
|