Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química. |
A9 |
CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química. |
B1 |
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
B7 |
CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación. |
B8 |
CG3 – Avaliar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e da investigación química |
B9 |
CG4 - Demostrar capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos |
B10 |
CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química |
C1 |
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico |
C3 |
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional. |
C4 |
CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
• Describir os aspectos das leis físicas que predominan no comportamento de sistemas de dimensións nanométricas.
|
AM9
|
BM1 BM3 BM8 BM9
|
CM3
|
Definir que métodos de construción de nanoestruturas deben elixirse en función das propiedades desexadas. |
AM3
|
BM1 BM3 BM5
|
CM1
|
Describir algúns métodos para a síntese de nanopartículas. |
AM3 AM9
|
BM7 BM10
|
CM1 CM4
|
Describir algúns métodos para a modificación superficial de nanopartículas. |
AM3 AM9
|
BM8 BM9 BM10
|
CM1 CM4
|
Explicar o fenómeno de autoensamblaxe, describir os distintos procedementos dispoñibles para conseguilo. |
AM3 AM9
|
BM3 BM5 BM8
|
CM1 CM3
|
Coñecer as actuais e potenciais aplicacións da nanotecnoloxía. |
AM3 AM9
|
BM1 BM7 BM8 BM10
|
CM1 CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introdución e perspectiva histórica sobre materiais avanzados |
Neste primeiro tema realizarase unha introdución histórica sobre o desenvolvemento dos nanomateriais. Establecerase unha clasificación dos materiais, así como unha breve descrición dos campos de actividade dos diferentes nanomateriais. |
Tema 2. Estratexias na búsqueda de novos materiais |
Neste tema abordaranse as diferentes estratexias na síntese de nanomateriais, con especial atención a aqueles que nos permitan un control na estrutura e composición. |
Tema 3. Nanoquímica e nanomateriais |
Neste tema introduciranse os nanomateriais e os principais métodos de síntese. |
Tema 4. Nanomateriales Inorgánicos: metálicos, semiconductores, óxidos magnéticos |
Neste tema introduciranse os principais métodos de síntese de nanomateriais con especial énfases nos metálicos, semicondutores, e óxidos magnéticos. |
Tema 5. Nanomateriais orgánicos: nanotubos de carbono, grafeno, materiais poliméricos |
Neste tema introduciranse os principais métodos de síntese de nanomateriais con especial énfases en nanotubos de carbono, grafeno e materiais poliméricos |
Tema 6. Modificación superficial e materiais híbridos |
Neste tema introduciranse os principais métodos de modificación superficial de nanomateriais. Tamén se introducirán diferentes materiais híbridos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Seminario |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
7 |
21 |
28 |
Traballos tutelados |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
3 |
6 |
9 |
Proba mixta |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
12 |
24 |
36 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Seminario |
Seminarios realizados con profesorado propio del Mestrado, ou con profesionais invitados do sector empresarial, administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos |
Traballos tutelados |
Traballo en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo. |
Proba mixta |
Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obtivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade de este para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
Sesión maxistral |
Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/o de maior dificultade de comprensión para o alumnado. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensinanza proposta esta baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable de seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha interacción estreita e constante alumno-profesor, a fin de guiar ó alumando neste proceso. A atención personalizada prestarase, principalmente a través das activades realizadas en grupos pequenos, ademais de en titorías individualizadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. |
15 |
Traballos tutelados |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar informes que tamén poderán ser avaliados. |
20 |
Proba mixta |
A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 |
Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. |
65 |
|
Observacións avaliación |
Consideracións xerais: -É
moi importante asistir a tódalas clases. -É
imprescindible consultar a bibliografía e tratar de completar con aspectos
avanzados os conceptos máis fundamentais que se expliquen na clase. -A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. -A avaliación continua terá un peso do 35% na cualificación da materia. O resto asignarase ó resultado na proba mixta. Recomendacións de cara á avaliación: O alumnado deberá repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado
polo profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grado de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar a proba mixta. Os estudantes que se encontren con dificultades importantes á hora de
traballar as actividades propostas deben consultar ó profesor, co
obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver ditas
dificultades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
G. A. Ozin (2008). Nanochemistry: A Chemical Approach to Nanomaterials. Royal Society of Chemistry
D. Vollath (2013). Nanomaterials: an introduction to synthesis, properties and applications. Wiley-VCH
Kenneth J. Klabunde (2009). Nanoscale materials in chemistry. Wiley-Interscience, |
|
Bibliografía complementaria
|
K. T. Ramesh (2009). Nanomaterials: Mechanics and Mechanisms. Springer-Verlag
C. N. R. Rao, Chintamani Nagesa Ramachandra Rao (1997). New Directions in Solid State Chemistry. Cambridge University Press
A.R. West (2014). Solid State Chemistry and its Applications. Wiley-VCH
U. Schubert, N. Hüsing (2004). Synthesis of Inorganic Materials. Wiley-VCH
C.N. R. Rao and B. Raveau (1998). Transition metal oxides. John Wiley & Sons |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Os coñecementos necesarios para a realización do mestrado e os adquiridos no
módulo 1. |
|