Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir unha visión xeral da Ciencia de Materiais e do seu carácter interdisciplinar. Adquirir nocións básicas sobre distintos criterios de clasificación de materiais |
A25
|
B3
|
C4 C6
|
Coñecer as distintas familias de materiais (metais, cerámicos, polímeros, materiais compostos) e os principais métodos de obtención e procesado.
Coñecer as súas propiedades físicas máis destacadas e ser capaces de relacionalas coa súa composición, estrutura e microestrutura.
|
A1 A3 A6 A12 A24
|
|
|
Coñecer os fundamentos e prestacións dos materiais de uso na industria eléctrica, electrónica, así como dos materiais magnéticos e ópticos |
A12 A24 A25
|
|
|
Desenvolver criterios para a selección de materiais en función de súa aplicación |
A6 A25
|
B2 B3 B4
|
C4 C6
|
Coñecer as técnicas e metodoloxías de traballo habituais nun laboratorio de materiais |
A17 A20 A23
|
B2 B4
|
|
Ser capaz de analizar e interpretar datos con información científica e técnica sobre materiais |
A1 A20 A23
|
B2 B3 B4
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Bloque introductorio |
• Introdución á Ciencia de Materiais
• Criterios de clasificación de materiais
• Criterios de selección de materiais
• Ensaios mecánicos
• Estrutura, microestrutura e diagramas de fase
|
II. Grandes familias de materiais |
• Metais y aliaxes (aceiros, fundicións e aliaxes non férreas)
• Materiais cerámicos (arxilas, refractarios, abrasivos, cementos, vidros, cerámicas avanzadas)
• Polímeros (termoplásticos, termoestables, elastómeros)
• Materiais compostos
• Principais técnicas de sínteses e procesado dos distintos tipos de materiais |
III: Materiais de interese tecnolóxico |
• Materiais para as industrias eléctrica e electrónica: metais, semicondutores, supercondutores, dieléctricos, ferroeléctricos, piezoeléctricos, condutores iónicos, etc. Dispositivos
• Materiais magnéticos:ferromagnéticos, ferrimagnéticos e antiferro-magnéticos. Materiais magnéticos duros e brandos. Principais aplicacións (motores, almacenamento de información, etc.)
• Introdución a materiais ópticos e as súas aplicacións |
IV: Novas tendencias en Ciencia de Materiais e exemplos de selección de materiais |
• Biomateriais, nanomateriais, etc.
• Exemplos de selección de materiais |
V: Laboratorio de Ciencia de Materiais |
• Síntese e procesado
• Caracterización e estudo de propiedades de materiais |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 |
25 |
62.5 |
87.5 |
Solución de problemas |
A1 A3 A6 A12 A16 A24 B2 B3 |
5 |
12.5 |
17.5 |
Seminario |
A1 A3 A6 A12 B2 B3 |
2 |
6 |
8 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A24 A25 B3 C4 |
1 |
2 |
3 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 |
2 |
5 |
7 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 |
9 |
9 |
18 |
Proba mixta |
A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 |
3 |
4.5 |
7.5 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/o de maior dificultade de comprensión para o alumnado. |
Solución de problemas |
As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ó alumnado, co fin de que este poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial. |
Seminario |
Traballo en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, de realizar visitas a centros relacionados coa materia, a asistencia a conferencias científicas, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número do alumnado matriculado, da organización de conferencias de interese por parte do centro ou outros organismos, etc. |
Traballos tutelados |
Previamente ás prácticas de laboratorio o alumnado terá que realizar, en base os seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos que se van a tratar na práctica. Esta tarefa será supervisada pola profesorado mediante un mínimo de unha titoría individual. Así mesmo, durante a realización do estudo de casos o profesorado realizará ó menos unha titoría para orientar e supervisar o traballo que está realizando o alumnado. |
Prácticas de laboratorio |
Traballo de síntese e procesado de distintos tipos de materiais, da súa caracterización e estudo de propiedades baixo a supervisión do profesorado.
|
Proba mixta |
Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obtivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade de este para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Seminario |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
Proba mixta |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensinanza proposta esta baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable de seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha interacción estreita e constante alumno-profesor, a fin de guiar ó alumando neste proceso. A atención personalizada prestarase, principalmente a través das activades realizadas en grupos pequenos, ademais de en titorías individualizadas. Obviamente e aparte das titorías propostas polo profesorado, calquer alumno pode realizar titorías a petición propia (presenciales ou virtuales) , cantas veces desexe dentro das 6 horas de titoría semanal co profesor pon a disposición do alumnado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 |
Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.
Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Seminario |
A1 A3 A6 A12 B2 B3 |
Valorarase o traballo do alumnado, as súas respostas, o seu nivel de coñecemento,e a súa participación activa no debate cos seus compañeiros.
Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A24 A25 B3 C4 |
Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización.
Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos". |
0 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 |
Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Ademais avaliarase a preparación previa a cada práctica, e a elaboración do correspondente caderno de laboratorio.
Tendo en conta ca cualificación estará baseada nun modelo de avaliación continua, se en algún caso o profesorado o considera oportuno poderá realizar un exame de prácticas.
Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados". |
20 |
Solución de problemas |
A1 A3 A6 A12 A16 A24 B2 B3 |
Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.
Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +
"eventos científicos e/ou divulgativos". |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 |
Mediante as titorías asociadas os traballos tutelados o profesorado ademais de orientar ó alumnado avalía tódolos aspectos relativos á preparación teórica das prácticas (de feito o alumnado non poderá comezar o traballo de laboratorio hasta que realice de forma axeitada a preparación previa), á preparación do estudo de casos, etc.
Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados". |
0 |
Proba mixta |
A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 |
Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
A cualificación será a suma das seguintes contribucións: -proba mixta: hasta un máximo de 6 puntos -actividades realizadas nas clases de solución de problemas, seminarios, titorías, eventos científicos, etc.: hasta un máximo de 2 puntos; - prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos. Para superar a materia será necesario conseguir ó menos 5 puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta será imprescindible obter un mínimo de 2.7 (sobre un máximo de 6) e nas prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No cso de non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Dado ca cualificación basearase nun modelo de avaliación continua, valorarase especificamente a progresión do alumnado ó largo de todo o semestre cun máximo de 1 punto. Dacordo con esta metodoloxía de avaliación, considerarase que o alumnado presentou a avaliación si participou activamente en calquera das actividades que no seu conxunto supoñan máis do 25% da cualificación global da materia. Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora o caso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán os mesmos que na “primeira oportunidade”. As matriculas de honra outorgaranse prioritariamente o alumando que teña superada a materia na primeira oportunidade. E so se outorgarán na chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira. No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
axeitadamente xustificadas (como no caso de estudiantes con
recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) o profesorado
podería eximir total ou parcialmente ó alumnado en que concorra no proceso de
avaliación continua. En calquera caso dito alumnado tería que someterse a un
exame particular (ademáis da proba mixta obrigatoria) que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias,
habilidades e destrezas, e que puntuará o 20% da calificación global. Polo que respecta ós sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída á avaliación, refírese a un curso académico y polo tanto volta a comezar nun novo curso académico, incluíndo tódalas actividades e procedementos de avaliación que se programen para tido curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
W.D. CALLISTER, D.G. RETHWISCH (2011). MATERIALS SCIENCE AND ENGINEERING . Asia, John Wiley and Sons. A.G. SHACKELFORD (2009)INTRODUCTION TO MATERIALS SCIENCE FOR ENGINEERS. New York, Prentice Hall. W.D. CALLISTER, D.G. RETHWISCH (2016). Ciencia e Ingeniería de los Materiales . Barcelona, Reverté A.G. SHACKELFORD (2005). Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros . Madrid, Prentice Hall |
Bibliografía complementaria
|
|
A.R. WEST (1992). Solid State Chemistry and its Applications. Chichester, John Wiley and Sons A.R. WEST (1999). Solid State Chemistry. Chichester, John Wiley and Sons L.E. SMART, E.A. MOORE (1995). Química del Estado Sólido. Wilmington, Addison-Wesley Iberoamericana L.E. SMART, E.A. MOORE (2005). Solid State Chemistry. Boca Raton, Taylor and Francis W.F. SMITH (1998). Fundamentos de la Ciencia e Ingeniería de Materiales . Madrid, McGraw-Hill J.C. ANDERSON (1990). Materials Science. Londres, Chapman and Hall |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|