Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A9 |
Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A13 |
Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os fármacos desde o punto de vista químico e a súa interacción coas correspondentes dianas biolóxicas/farmacológicas. Comprender os principais procesos metabólicos nos fármacos |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer os principios básicos utilizados no deseño de fármacos e a súa aplicación ao deseño e preparación de novas substancias de interese farmacológico. |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Coñecer o impacto dos fármacos e a industria farmaceútica no actual marco social e económico.
|
A13 A14 A16 A24 A25
|
B1 B3 B4 B6 B7
|
C1 C3 C6 C7 C8
|
Saber identificar a información da literatura científica, valorando a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no campo da Química Industrial e
na Investigación Química, usando a terminoloxía científica e apreciaando o valor da calidade e mellora continua |
A14 A15 A16 A22 A24 A25
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Principios básicos da Química Médica |
1.1 Química Médica: definición e conceptos básicos
1.2 Perspectiva histórica.
1.3 Farmacocinética e farmacodinámica
1.4 Descubrimento de fármacos
1.5 Fármacos: nomenclatura e clasificación |
Tema 2. Bases moleculares na acción dos fármacos: farmacodinámica |
2.1 Interaccións fármaco-receptor. Topoloxía molecular e actividade biolóxica
2.2 Proteínas: estrutura e función. Interaccións con proteínas
2.3 Encimas: catálise enzimática. Ecuación de Michaelis-Menten. Inhibición enzimática: tipos
2.5 Receptores celulares: estrutura e clasificación.
2.6 Ácidos nucleicos. Estrutura e funcións. Interaccións de fármacos con ácidos nucleicos
2.7 Interaccións de con lípidos e carbohidratos |
Tema 3. Farmacocinética |
3.1 Procesos ADME.
3.2 Absorción de fármacos. Modos de administración. Propiedades fisicoquímicas dos fármacos: regras de Lipinsky. Biodisponibilidad.
3.3 Distribución de fármacos. O sangue: composición e propiedades. Velocidade de eliminación. Vida media. Volume de distribución
3.4 Metabolismo de fármacos: metabolismo en fase I e fase II
3.5 Eliminación de fármacos. |
Tema 4. Descubrimento de fármacos. |
4.1 Etapas no desenvolvemento de fármacos. Aproximación fenotípica vs diana biolóxica. Diversidade estrutural. Espazo químico. Enerxía de enlace ao fármaco. High Throughput Screening (HTS)
Librarías químicas: química combinatoria, síntese paralela, síntese en fase sólida
4.2 Estrategías no descubrimento de fármacos (lead discovery). Modos de cribado. Métodos de selección de fármacos. Deseño de fármacos
4.3 Optimización de fármacos (lead optimization). Relacións estrutura-actividadIdentificación do farmacóforo. Farmacomodulación: modificación de grupos funcionais. Optimización de enlace ao receptor e farmacocinética. |
Tema 5. Deseño e síntese de fármacos |
Exemplos do deseño e síntese de fármacos comerciais actuais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
16 |
16 |
32 |
Seminario |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
7 |
28 |
35 |
Prácticas de laboratorio |
A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A25 A26 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
10 |
10.5 |
20.5 |
Proba mixta |
A1 A9 A13 A14 A15 B2 B3 B6 C6 C1 |
4 |
20 |
24 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Realizarase as exposición de contidos. Durante as exposicións o profesor poderá proporcionar material suplementario á bibliografía co obxectivo de que as explicacións poidan seguirse de xeito efectivo. Tamén se desenvolverá a capacidade de elaborar apuntamentos e a busca de información |
Seminario |
Os contidos de cada tema discutiranse en seminarios mediante resolución de exercicios e análises de supostos prácticos. Os alumnos dispoñerán con suficiente antelación dos boletines de problemas a través da plataforma Moodle. Poderase solicitar a entrega de exercicios resoltos. |
Prácticas de laboratorio |
Proponse a realización de prácticas relacionadas coa materia, coa utilización de software e aplicacións web dirixidas ao deseño racional de fármacos e/ou experimentos relacionados coa síntese de fármacos. |
Proba mixta |
Realizarase unha exame escrito no que valorarán os coñecementos adquiridos |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
Esta actividade estará dirixida á asistencia individual para aclaracións, dúbidas, así como á resolución dos exercicios.
Os estudantes acollidos ao réxime de " recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia", de acordo coas normas da UDC, terán atención específica titorizada cuando o alumno así o solicite. A demanda do estudante, proporcionarase axuda titorizada en todo o referido aos contidos e desenvolvemento da materia, e proporánselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos da materia. que o alumno deberá resolver de maneira individual e, posteriormente, acudir a titorías para correxilos e solventar as dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A9 A13 A14 A15 B2 B3 B6 C6 C1 |
Valoraranse as respostas aportadas no exame escrito.
|
60 |
Sesión maxistral |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Valorarase a asistencia e participación nas clases de exposición de contidos |
5 |
Prácticas de laboratorio |
A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A25 A26 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
valorarase a asistencia así como o informe final da actividade |
15 |
Seminario |
A1 A9 A10 A13 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Valorarase a participación activa do alumno na resolución dos problemas dos boletines, así como os exercicios entregados. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia ás actividades avaliables, sesións maxistrales, seminarios e prácticas é obrigatoria. Para que un alumno poida obter a cualificación de "Non presentado" non poderá realizar actividades cun cómputo superior ao 50% na avaliación ou non presentarse á proba mixta. O alumno disporá de dúas oportunidades, e os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade conservarán a cualificación obtida no traballo de seminario e prácticas de laboratorio, e realizarán unha segunda proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade. Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se estas non foron cubertas na primeira oportunidade. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo co a
normativa da UDC): Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, estando exentos da asistencia
regular as clases presenciais en aula e seminarios. Non
obstante, a asistencia ás
prácticas es obligatoria para superar a asignatura, de forma que se
facilitará, na medida do posible, a elección de fechas das prácticas para adaptalasá dispoñibilidade do alumno. Nos casos excepcionais nos que as prácticas non poidan realizarse por incompatibilidade de
horarios, estas poderanse sustituir por tarefas relacionadas
non presenciales. A calificación final
será a suma do 15% da calificación obtida nas prácticas de
laboratorio e o 85% da calificación obtida na proba mixta .
Estas porcentaxes de calificación se aplicarán ás dúas oportunidades.
A calificación de “non presentado” otorgarase a aqueles alumnos
acollidos ao mencionado réximen de exención, sempre e cando non se
presenten á proba mixta.
Para todos os alumnos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e por tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para devandito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Patrick, G. L (2013). An Introduction to Medicinal Chemistry. 5th ed.. New York: Oxford University Press
Avendaño, C (2001). Introducción a la Química Farmacéutica. Madrid: McGraw-Hill
Delgado, A.; Minguillón, C.; Joglar, J. (2003). Introducción a la Química Terapéutica. Madrid: Díaz de Santos
Delgado, A.; Minguillón, C.; Joglar, J. (2002). Introducción a la síntesis de fármacos. Madrid: Síntesis
Stevens, E. (2014). Medicinal Chemistry, an Introduction.. Pearson Education. New York.
Thomas, Gareth (2007). Medicinal Chemistry: An introduction. Wiley |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Orgánica 1/610G01026 | Química Orgánica 2/610G01027 | Ampliación de Química Orgánica/610G01028 | Química Orgánica Avanzada/610G01030 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|