Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A9 |
Identificar e utilizar bioindicadores. |
A20 |
Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades. |
A22 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. |
A27 |
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía. |
A32 |
Desenvolverse con seguridade no traballo de campo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Aprender as técnicas básicas do traballo de campo e laboratorio en Criptogamia. |
A4 A9
|
B1 B7 B8
|
|
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de criptógamas e o seu grao de integración e presenza no medio natural. |
A2 A4 A20 A22 A27 A32
|
B1 B4 B6 B11
|
|
-Coñecer a diversidade vexetal das criptógamas: niveis morfolóxicos de organización, complexidade dos sistemas reprodutivos e a relación co medio no que viven. |
A1 A2
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Comprender os tipos reprodutivos e os distintos ciclos biolóxicos característicos dos distintos grupos vexetais. |
A1
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Incentivar un maior interese e motivación para a aprendizaxe da Criptogamia, como unha ciencia básica para unha formación completa en Bioloxía. |
|
B3 B4 B6 B7 B8 B9
|
|
-Comprender a organización taxonómica das criptógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos vexetais. |
A1 A2
|
B1 B3 B8 B9
|
|
-Desenvolver o hábito e a capacidade para o manexo axeitado e crítico da bibliografía. |
A27
|
B6 B8 B9
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque I. Os fungos. Sistemática e evolución |
Tema 1.- Carácteres xerais dos fungos sensu lato. Nutrición e modos de vida. Importancia ecolóxica e económica. Orixe e clasificación.
Tema 2.- Fungos mucilaxinosos. Carácteres xerais, reprodución, ciclos e exemplos de Acrasiomycota, Myxomycota e Plasmodiophoromycota.
Tema 3.- Pseudofungos. Carácteres xerais, reprodución e ciclos. Clasificación. Exemplos de Oomycota.
Tema 4.- Fungos sensu stricto. Carácteres xerais, reprodución, ciclos, modos de vida. Clasificación e características de Chytridiomycota, Zygomycota, Ascomycota e Basidiomycota.
Tema 5.- Fungos liquenizados: importancia ecolóxica e utilidades, morfoloxía e estrutura do talo liquénico, reprodución e exemplos. Recapitulación e filoxenia sobre os fungos. Fungos imperfectos (Deuteromycetes). Micorrizas.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque II. As algas. Sistemática e evolución |
Tema 6.- Carácteres xerais. Citoloxía (parede celular, núcleo, orgánulos celulares, plastidoma e pigmentos fotosintéticos). Reprodución e ciclos biolóxicos. Utilidades. Orixe e clasificación.
Tema 7.- Algas procariotas. Cyanophyta: carácteres xerais, hábitat e clasificación.
Tema 8.- Algas eucariotas. Rhodophyta: carácteres xerais, clasificación, hábitat, reprodución, ciclos e utilidades. Características diferenciais e exemplos de Bangiophyceae e Florideophyceae.
Tema 9.- Ochrophyta. carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat, exemplos e utilidades de Chrysophyceae, Xanthophyceae, Bacillariophyceae e Phaeophyceae.
Tema 10.- Haptophyta, Cryptophyta, Dinophyta e Euglenophyta. Carácteres, reprodución e hábitat.
Tema 11.- Chlorophyta e Streptophyta: carácteres xerais e clasificación. Aspectos diferenciais, reprodución, ciclos, hábitat e exemplos de Prasinophyceae, Chlorophyceae e Ulvophyceae (Chlorophyta) and Charophyceae, Zygnematophyceae e Coleochaetophyceae (Streptophyta). A orixe dos embriófitos.
|
TEORÍA (CLASES MAXISTRAIS): Bloque III. A conquista do medio terrestre. Evolución e sistemática de embriófitos |
Tema 12.- Introdución ós embriófitos. Orixe das plantas terrestres. Adaptación ó medio terrestre.
Tema 13.- Arquegoniadas non vasculares (briófitos s. lat.). Musgos, hepáticas e anthoceros: carácteres xerais, hábitat, adaptacións ó medio terrestre, reprodución, orixe, filoxenia e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Anthocerophyta, Marchantiophyta e Bryophyta. Filoxenia de briófitos.
Tema 14.- Introdución ós cormófitos. Teoría telomática. Cormo e estela.
Tema 15.- Euphyllophytina p.p. (Monilófitos; antigos Pteridophyta) e Lycophytina: carácteres xerais, ecoloxía, reprodución, ciclo vital, orixe e clasificación. Carácteres diferenciais, ciclos e exemplos de Lycopsida, Psilophytopsida, Psilotopsida, Equisetopsida, Marattiopsida e Polypodiopsida. Filoxenia de fieitos.
|
TEORÍA (SEMINARIOS) |
Seminario 1 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os fungos (2 horas).
Seminario 2 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre as algas (2 horas).
Seminario 3 Reproducción, ciclos biolóxicos, cuestionarios e definicións sobre os briófitos s. lat. e fieitos (2 horas).
Seminario 4 Recapitulación xeral sobre o curso. (1 hora)
|
PRÁCTICAS (SAÍDA Ó CAMPO) |
Saída ó campo 1.-Observación de criptógamas no seu medio natural mariño.
Saída ó campo 2.-Observación de criptógamas no seu medio natural continental. |
PRÁCTICAS (LABORATORIO) |
Práctica 1.- Observación, identificación e conservación de fungos.
Práctica 2.- Observación, identificación e conservación de liques.
Práctica 3.- Observación, identificación e conservación de algas pardas.
Práctica 4.- Observación, identificación e conservación de algas verdes.
Práctica 5.- Observación, identificación e conservación de algas vermellas.
Práctica 6.- Observación, identificación e conservación de briófitos s. lat. e fieitos. Comparación de ciclos reprodutivos. |
PRÁCTICAS (CASOS PRÁCTICOS) |
Caso 1.- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas mariñas e litorais (fundamentalmente algas e liques).
Caso 2- Elaboración dun informe descritivo do medio natural e preparación de pregos de herbario de criptógamas de bosque húmido (fundamentalmente fungos, liques, briófitos s. lat. e fieitos).
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B3 B8 B9 |
21 |
42 |
63 |
Seminario |
A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 |
7 |
21 |
28 |
Prácticas de laboratorio |
A9 B1 B7 B8 |
14 |
7 |
21 |
Estudo de casos |
A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 |
0 |
23 |
23 |
Saídas de campo |
A2 A20 A22 A27 A32 |
6 |
6 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor impartirá os conceptos básicos para a comprensión da materia axudándose de presentacións e documentos que porá previamente á disposición dos estudantes. |
Seminario |
O estudante deberá preparar de xeito autónomo algúns dos conceptos ou contidos da materia, empregando os contidos básicos das sesións maxistrais e consultando a bibliografía que recomendará o profesor. Os seminarios serán postos en común durante as distintas sesións nas que o traballo dos estudantes someterase a discusión e avaliación. |
Prácticas de laboratorio |
O estudante terá que realizar descricións macroscópicas e microscópicas de criptógamas e completar un guión ou cuestionario que será avaliado. Tamén se realizarán exercicios de identificación mediante o uso de claves, floras e monografías. |
Estudo de casos |
O estudante deberá realizar mostraxes en ambientes mariños e de bosque para a recolección de criptógamas representativas de ambos ambientes. Posteriormente, procesará os materiais recollidos, identificándoos e conservándoos en pregos de herbario que entregará para a súa avaliación. Realizará tamén informes referidos ás actividades levadas a cabo en ambas localidades. |
Saídas de campo |
Realizarase unha saída ó campo guiada polos profesores co obxecto de que os estudantes se familiaricen cos ambientes naturais nos que se amosarán exemplos de criptógamas. Na saída o profesor impartirá docencia práctica en base ós espécimes que se atopen ese día. Os alumnos entregarán un informe das actividades realizadas que será avaliado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
Estudo de casos |
Saídas de campo |
|
Descrición |
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas ou cuestións que lle xurdan nas distintas actividades realizadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A1 B1 B3 B7 B8 B9 B11 |
Avaliarase o traballo levado a cabo polo estudante en cada un dos seminarios, así como a súa actitude e participación nos mesmos. A cualificación dos seminarios realizarase, xunto coa das sesións maxistrais, na proba obxectiva escrita. A1, B1, B3, B7, B8, B9, B11 |
1 |
Sesión maxistral |
A1 A2 B1 B3 B8 B9 |
Cualificarase mediante unha proba obxectiva escrita que incluirá preguntas tipo test, definicións, preguntas curtas e temas a elaborar. A1, B1, B3, B8, B9 |
49 |
Prácticas de laboratorio |
A9 B1 B7 B8 |
Cualificarase o cuestionario que o estudante deberá completar en cada unha das prácticas. Tamén computará o grao de participación do estudante. A9, B1, B7, B8 |
20 |
Estudo de casos |
A2 A4 A20 A22 A27 A32 B1 B4 B6 |
Cualificarase o contido, calidade e presentación do informe e material de herbario entregado nos casos prácticos. O material de herbario será avaliado mediante unha proba oral. A2, A4, A20, A22, A27, A32, B1, B4, B6 |
20 |
Saídas de campo |
A2 A20 A22 A27 A32 |
Cualificarase a asistencia e participación na práctica de campo, así como a calidade do informe que deberá entregar o estudante. A2, A20, A22, A27, A32 |
10 |
|
Observacións avaliación |
O ESTUDANTE DEBERÁ PRESTAR GRAN ATENCIÓN Á DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS E NON PRESENCIAIS AMOSADA NO CADRO DE PLANIFICACIÓN. É FUNDAMENTAL QUE O ALUMNO ASUMA QUE PARA SUPERAR A MATERIA TERÁ QUE ADICARLLE APROXIMADAMENTE UNHAS 50 HORAS PRESENCIAIS E 100 HORAS NON PRESENCIAIS. ESTAS ÚLTIMAS DISTRIBUIRANSE ENTRE AS SEGUINTES ACTIVIDADES: REDACCIÓN DE INFORMES (PRÁCTICA DE CAMPO E CASOS PRÁCTICOS), PREPARACIÓN DOS SEMINARIOS E HORAS DE ESTUDO PARA O EXAME DE TEORÍA. Para obter a cualificación de "non presentado" o
estudante non poderá ter participado en máis dun 30% das actividades avaliables
programadas.Para superar a materia na primeira oportunidade será preciso ter
participado en alomenos un 70% das actividades avaliables programadas.
Igualmente o estudante deberá obter cando menos a cualificación de 4,5 sobre 10
puntos na proba obxectiva escrita (e non menos de 4 nas distintas partes desta proba) e de 4 sobre 10 no resto das avaliacións. Para
superar a materia na segunda oportunidade (Xullo), o estudante, en función do
resultado da súa primeira avaliación, deberá realizar unha proba obxectiva
escrita similar á da primeira oportunidade e/ou unha proba de laboratorio na
que deberá completar un cuestionario similar ó empregado nas prácticas. A
necesidade de realizar unha ou ambas probas de recuperación indicarase nas
cualificacións da primeira oportunidade.As cualificacións obtidas nas
actividades avaliables serán conservadas unicamente durante o curso académico
vixente. O estudante que
suspenda nas dúas convocatorias terá que repetir todas as actividades e
avaliacións da materia ó ano seguinte. Excepcionalmente,
no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera
realizar todas as probas de avaliación contínua, o profesor adoptará as medidas
que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación. No caso de estudantes a tempo parcial ou que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia. A materia de Botánica Sistemática Criptogamia ten, no curso 18/19 as seguintes datas importantes: Prácticas de laboratorio: do 18 de setembro ó 26 de outubro de 2018 Saída de campo: martes 25 de setembro de 2018 Portas abertas no laboratorio: do 17 de outubro ó 23 de novembro de 2018 Entrega do informe da saída de campo: xoves 11 de outubro de 2018 Entrega dos casos prácticos (e realización de exame de herbario): luns 10 de decembro de 2018
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A principio de curso os profesores porán a disposición do estudantado unha lista de referencias máis completa, especialmente referida a grupos concretos dentro da materia BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA TEORÍA: ABBAYES, H. des, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. de FERRÉ, H. GAUSSEN, P.-P. GRASSÉ & A.R. PRÉVOT (1989) Botánica, vegetales inferiores. Reverté, Barcelona. BOLD, H.C., C. J. ALEXOPOULOS & T. DELEVORYAS (1989) Morfología de plantas y hongos. Omega, Barcelona. CARRIÓN, J.S. (2003) Evolución vegetal Editorial: DIEGO MARIN, ed. 497 Págs. DÍAZ GONZÁLEZ, T.E. Mª C. FERNÁNDEZ-CARVAJAL ÁLVAREZ & J.A: FERNÁNDEZ PRIETO (2004) Curso de Botánica. Trea Ciencias. FONT-QUER, P. (1993) Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona. GORENFLOT, R. (1975) Précis de botanique, 1 Protocaryotes et Thallophytes eucaryotes.Doin, Paris. GORENFLOT, R. & M. GUERN (1989) Organisation et biologie des thallophytes. Doin, 235 p IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS (1997) Botánica. McGraw-Hill , Madrid . PEARSON, L.C. (1995) The diversity and evolucion of plants. C.R.C. Press, New York. RAVEN et al. (1991) Biología de las plantas. RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed.) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña. SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD., J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR (1987) El Reino Vegetal. Omega, Barcelona. SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZE, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN (1991) Plantas no vasculares. Omega, Barcelona. STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA PRÁCTICAS: EGEA FERNANDEZ, J.Mª & P. TORRENTE PAÑOS (1997) Manual de Teoría y Prácticas de Botánica. DM Librero Editor. GUERRA MONTES, J., J.S. CARRIÓN, M. ABOAL, J.M. EGEA & R.M. ROS (1988) Guiones de clases prácticas de Botánica. Promociones y publicaciones Universitarias, Barcelona. MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Intrudución á Botánica: Botánica xeral/610G02023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Botánica sistemática: Fanerogamia/610G02025 |
|
Observacións |
Se ben non é imprescindible, é moi importante que o alumno teña aprobada a materia de Iniciación á Botánica do primeiro curso do Grao. |
|