Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A10 |
Avaliar actividades metabólicas. |
A17 |
Realizar bioensaios e diagnósticos biolóxicos. |
A18 |
Levar a cabo estudos de produción e mellora animal e vexetal. |
A19 |
Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos. |
A21 |
Deseñar modelos de procesos biolóxicos. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A28 |
Desenvolver e implantar sistemas de xestión relacionados coa Bioloxía. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B6 |
Organizar e planificar o traballo. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B11 |
Debater en público. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Mostrar coñecementos básicos acerca do funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, de cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posibles cambios ambientais. |
A1 A10 A19 A21 A26 A28 A29 A30 A31
|
B1 B3 B8 B9
|
|
Mostrar habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. |
A4 A10 A17 A18 A26 A28 A30 A31
|
B2 B3 B4 B6
|
|
Definir conceptos, abstraer e manexar información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). |
A26 A29
|
B5 B6 B8 B11
|
|
Traballar en grupo así como deseñar, elaborar e presentar traballos. |
A29
|
B5 B6 B7 B8 B11
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución: Temas 1 e 2. |
Tema 1. A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. Concepto de medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostase e mecanismo homeostático.
Tema 2. Transferencia de substancias a través das membranas biolóxicas. Orixe do potencial transmembrana. Potenciais de membrana: potencial de repouso e potencial de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación / transmisión do impulso. |
Función dixestiva e bioenerxética: Temas 3 a 7. |
Tema 3. Nutrición: requirimentos nutritivos. Mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, sistemas dixestivos e fases da dixestión.
Tema 4. Rexións funcionais das vías dixestivas (I). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baleirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal. Motilidade e reflexos intestinais.
Tema 5. Rexións funcionais das vías dixestivas (II). Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e intestinal, e regulación. Enzimas dixestivas dos invertebrados. Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos fisicoquímicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de feces fecais e defecación.
Tema 6. Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, balance hormonal, etc. Métodos de medida do metabolismo.
Tema 7. Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Mecanismos de produción e transferencia de calor. Adaptacións ao frío e a calor en ectotermos e endotermos. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación. |
Sistemas respiratorios: Temas 8 a 12. |
Tema 8. Sistemas respiratorios. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Os peixes como modelo de respiración acuática: respiración branquial. Papel da pel na respiración.
Tema 9. Intercambio gaseoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional.
Tema 10. Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio.
Tema 11. Intercambio-transferencia de gases e transporte de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane.
Tema 12.- Aproximación ás adaptacións respiratorias e circulatorias ao mergullo e grandes alturas. |
Sistemas circulatorios: Temas 13 a 16. |
Tema 13. Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión: tipos de corazón e evolución do corazón de vertebrados.
Tema 14. O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intra cardíaca. O corazón neuróxeno. A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regulación intrínseca, nerviosa e hormonal.
Tema 15. Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea (autorregulación, regulación nerviosa e hormonal). Barorreceptores e quimiorreceptores. Circulación capilar: intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático, mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento.
Tema 16. Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Elementos celulares. Inmunidade. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais. |
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 17 a 20. |
Tema 17. Osmorregulación e medio ambiente. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre.
Tema 18. Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica. Anatomía funcional.
Tema 19. O ril dos mamíferos (I). Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade dos segmentos tubulares e a súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo.
Tema 20. O ril dos mamíferos (II). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña: sistema multiplicador contracorrente. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina. O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A19 A29 B1 B3 B6 B8 B9 |
29 |
29 |
58 |
Prácticas de laboratorio |
A4 A10 A17 A26 A28 A29 A30 A31 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B11 |
15 |
0 |
15 |
Seminario |
A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
5 |
2.5 |
7.5 |
Proba de resposta breve |
A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 |
1 |
7 |
8 |
Proba obxectiva |
A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
3 |
55.5 |
58.5 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Leccións maxistrais presenciais de 50' de duración sobre os aspectos teóricos do programa. O material gráfico que se utilice nas mesmas estará a disposición dos alumnos na plataforma Moodle. |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio, de carácter OBRIGATORIO, comprenden 5 sesións de 3 horas. Nelas manexaranse distintos organismos (en ocasións empregando unha contorna virtual) co fin de estudar as diferentes funcións abordadas no programa teórico. |
Seminario |
Os seminarios levaranse a cabo durante as horas de teoría en grupos reducidos. Nestas sesións incidirase sobre algúns dos aspectos máis relevantes tratados previamente nas clases maxistrais para o cal se executarán actividades de natureza diversa: visionado de vídeos, elaboración de materiais, presentación de traballos, etc. As actividades e/ou probas curtas asociadas realizadas no contexto destes seminarios serán consideradas como parte da avaliación individual do alumno/a. |
Proba de resposta breve |
Proba escrita con preguntas de limitada extensión (mais distinto grao de desenvolvemento e valoración) sobre o contido das prácticas de laboratorio. |
Proba obxectiva |
Proba escrita con preguntas de limitada extensión (mais distinto grado de desenvolvemento e valoración) sobre os aspectos teóricos do programa impartidos nas sesións maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Dedicarase atención personalizada ao alumnado durante a realización das prácticas de laboratorio. Ao longo de ditas prácticas, os alumn@s poderán realizar consultas e abordar temas concretos relacionados co programa teórico da materia e coas propias prácticas.
Os alumnos poderán dispoñer tamén de atención personalizada acudindo ao despacho do profesor en horarios de titorías ou por medios telemáticos.
Cabe destacar que, no caso de que puidera haber alumnado matriculado asimilado como “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”, este contará coas titorías tradicionais e, de xeito particular, con aquelas enfocadas a complementar a súa posible non participación nas actividades de seminarios que tiveran lugar ao longo do curso académico. Así mesmo, e no referente ás actividades prácticas que puideran non ter sido desenvoltas por estes alumnos -caso de contar coa dispensa oportuna-, contémplanse tamén titorías dirixidas a aportar información sobre as mesmas, facilitando así a avaliación deste sector do alumnado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A18 A19 A21 A28 A29 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B11 |
Avaliaranse as actividades desenvolvidas ao longo dos seminarios e/ou as probas curtas asociadas. A nota obtida supoñerá un 15% da nota final.
Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non participen nas actividades desenvolvidas nos mesmos, obterán unha cualificación de 0 puntos.
A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final no caso do alumnado que teña que acudir á segunda oportunidade (xullo). |
15 |
Proba de resposta breve |
A4 A10 A17 A26 A28 A29 B1 B2 B3 B8 B9 |
Ao remate das prácticas realizarase unha proba escrita sobre o contido das mesmas. Esta proba de resposta breve supoñerá o 15% da nota final. |
15 |
Proba obxectiva |
A1 A18 A29 B1 B3 B4 B8 B9 |
Ao remate do cuadrimestre realizarase unha proba escrita sobre os contidos teóricos abordados nas sesións maxistrais. A proba obxectiva supoñerá o 70% da nota final (máximo 7 puntos sobre 10, non obstante, é PRECISO OBTER UN MÍNIMO DE 4.5 puntos sobre 10 nesta proba para superar a materia). |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para a avaliación da materia terase en conta o coñecemento do programa teórico e das prácticas de laboratorio, así como as actividades e/ou probas curtas asociadas levadas a cabo no contexto dos seminarios. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas. Para superar a materia deberanse cumprir os criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5.0 puntos.
Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran ás probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas.
Serán considerados SUSPENSOS os alumnos que si concorran a ditas probas maisnon acaden a puntuación global de 5.0 puntos ou teñan unha nota na proba obxectiva inferior a 4.5 puntos sobre 10 (independentemente da nota de seminarios e proba de resposta breve en relación coas prácticas de laboratorio). No caso de que a suma total das cualificacións fose igual ou superior a 5.0 puntos pero a parcial de contidos teóricos (proba obxectiva) non superara a nota mínima esixida, a cualificación numérica final será de 4.9 puntos.
Os alumnos repetidores que teñan superado as prácticas nos tres anos inmediatamente anteriores poden conservar a nota destas ou, se o desexan, mellorala.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá solicitar os cambios de calendario necesarios para garantir a posibilidade de asistir a calquera das actividades avaliables programadas na materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D.; W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W.; G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2014). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (6ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
Eddy, F.B. & R.D. Handy (2012). Ecological and Environmental Physiology of Fishes. Oxford University Press
Harrison, J.F.; H.A. Woods & S.P. Roberts (2012). Ecological and Environmental Physiology of Insects. Oxford University Press
Willmer, P.; Stone, G. & Johnston, I. (2000). Environmental Physiology of Animals. Blackwell Science Ltd.
Chown, S.L. & S.W. Nicolson (2004). Insect Physiological Ecology. Oxford University Press
Nation, J.L. (2008). Insect Physiology and Biochemistry (2nd ed.). CRC Press
Berta, A.; J.L. Sumich & K.M. Kovacs (2006). Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). Academic Press
Evans, D.E. & J.B. Claiborne (2006). The Physiology of fishes. CRC Press
Mittai, A.K.; F.B. Eddy & J.S. Dattamunshi (1999). Water/air transition in Biology. Science Publishers Inc. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Organografía microscópica/610G02009 | Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica II/610G02012 | Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía II/610G02032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fisioloxía Animal II/610G02036 |
|
Observacións |
As sesións maxistrais son recomendables con vistas ao seguimento do programa teórico da materia.
Igualmente, é esencial que o alumnado faga uso da Plataforma Virtual da UDC (Moodle) para o desenvolvemento da materia.
Requírese saber redactar, sintetizar e presentar un traballo ordenadamente, sobre contidos teóricos e/ou prácticos.
Recoméndase contar con coñecementos a nivel de usuario de ferramentas informáticas básicas (navegación, procesador de textos, preparación de presentacións, etc.).
Recoméndase coñecemento de inglés cun nivel de comprensión de lectura medio. |
|