Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Dereito do Traballo Código 612G01023
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
jesus.martinez.giron@udc.es
Profesorado
Arufe Varela, Alberto
Carril Vázquez, Xosé Manuel
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
xose.manuel.carril.vazquez@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
Web
Descrición xeral Pretendemos coa nosa materia:

- Incrementar a autoestima do estudante, facendolle comprender todas as suas potencialidades.

- Facilitar o estudante o conecemento e manexo das fontes xuridicas laborais, tanto normativas como xurisprudenciais.

- Facilitar o estudante o uso de terminoloxia xuridica laboral especifica (por exemplo, contrato de traballo, sindicato, convenio colectivo ou proceso laboral).

- Aproximar o estudante a solucion de verdadeiros problemas xuridicos laborais.

- Implicar os estudantes nas actividades cientificas do Instituto de Investigacion da Asociación Coruñesa de Dereito Comparado do Traballo e da Seguridade Social, coa finalidade de axudalos a mellorar os seus curricula vitarum, por medio de contribucions o seu “Anuario”, e da presentacion de comunicacions o Congreso Internacional que se organizara durante o curso academico.

- Aproximar o estudante a practica xuridica laboral, por medio da asistencia a xuizos ante un xulgado do social da Coruña.

- Incrementar a potencial empregabilidade dos estudantes.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Fluidez no manexo da terminoloxía xurídica inglesa, para perder o medo a usar a lingua inglesa no eido xurídico laboral. C2
- Profundizar na crítica do carácter inxusto da realidade socio-laboral actual, co punto de vista de que é posible unha solución no futuro. A10
B11
C6
- Capacidade individual para levar a cabo todas as tarefas e actividades relativas ó Dereito do Traballo cun alto nivel de calidade. B7
B13
- Dominar os principios e conceptos básicos do Dereito do Traballo. A1
- Completar a visión dos estudantes do noso ordenamento xurídico, pero tendo en conta que están estudando un tema directamente afectante en España a millóns de traballadores e ás súas familias. A10
C4
A2
A7
A9
A13
B8
B2
B3
B4
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. AS FONTES DO DEREITO DO TRABALLO E A SUA LOCALIZACIÓN (MELLORABLE EN ESPAÑA) A TRAVÉS DE INTERNET
Tema 2. OS PRINCIPIOS TRADICIONAIS DO DEREITO DO TRABALLO E A SUA NEUTRALIZACIÓN POR NOVOS PRINCIPIOS ECONOMICISTAS
Tema 3. A DIFUMINACIÓN DAS FRONTEIRAS DO ÁMBITO SUBXETIVO DO DEREITO DO TRABALLO
Tema 4. O MODELO ESPAÑOL NIN UNITARIO NIN INTEGRAL DE SERVICIOS PÚBLICOS DE EMPREGO
Tema 5. O CONTRATO DE TRABALLO COMÚN OU ORDINARIO E AS SUAS MODALIDADES MÁIS INDESEXABLES
Tema 6. A PRESTACIÓN DE TRABALLO E OS INTENTOS DE DESPROFESIONALIZACIÓN DO TRABALLADOR
Tema 7. A XORNADA DE TRABALLO, MÁXIMA CASE A VONTADE DO EMPRESARIO
Tema 8. O SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL E A SUA CUANTÍA MANIFESTAMENTE INAXEITADA
Tema 9. A FALTA DE EXEMPLARIDADE DO ESTADO ESPAÑOL EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Tema 10. O «OU TOMAS OU O DEIXAS» PARA O TRABALLADOR INDIVIDUAL PERANTE A MODIFICACIÓN DO SEU CONTRATO DE TRABALLO
Tema 11. A SUSPENSIÓN DO CONTRATO DE TRABALLO E AS SUAS CONSECUENCIAS DISTORSIONANTES MÁIS SORPRENDENTES
Tema 12. OS DOUS MELLIZOS TERMINADORES ESTELARES DO CONTRATO DE TRABALLO, POR CAUSAS INDEPENDENTES DA VONTADE DO TRABALLADOR
Tema 13. O TERMINADOR ESTELAR DO CONTRATO DE TRABALLO, POR CAUSAS DEPENDENTES DA VONTADE DO TRABALLADOR
Tema 14. OS REPRESENTANTES LEGAIS OU UNITARIOS DOS TRABLLADORES NA EMPRESA E A EFICACIA «POLÍTICA» DAS SUAS ELECCIONS
Tema 15. OS SINDICATOS, OS SEUS AFILIADOS E A POLÉMICA SOBRE A SUA FINANCIACIÓN
Tema 16. A EFICACIA NORMATIVA XERAL E XERALIZADA DOS CONVENIOS COLECTIVOS SECTORIAIS ESPAÑOIS, UNHA RAREZA EN SISTEMAS DEMOCRÁTICOS DE RELACIONS LABORAIS
Tema 17. A VÁLVULA DE ESCAPE REPRESENTADA POLOS CONVENIOS COLECTIVOS «EXTRAESTATUTARIOS», ESPECIALMENTE OS DE ÁMBITO EMPRESARIAL
Tema 18. A FALTA DE CUMPRIMENTO POLO ESTADO DO SEU DEBER CONSTITUCIONAL DE LEXISLAR EN MATERIA DE FOLGAS, AS SUAS CAUSAS E ALGUNHAS DAS SUAS CONSECUENCIAS
Tema 19. O SISTEMA ESPAÑOL, PARCIALMENTE DISGREGADO, DE INSPECCIÓN DE TRABALLO
Tema 20. OS TRIBUNAIS LABORAIS E OS RECELOS DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DIANTE DELES, EN CANTO QUE POSIBLE DEMANDADA
Tema 21. A DESACELERACIÓN DA TRADICIONAL CELERIDADE DOS PROCESOS LABORAIS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 2 0 2
Proba obxectiva 3 0 3
Seminario 21 42 63
Sesión maxistral 21 42 63
Solución de problemas 4 0 4
Estudo de casos 5 0 5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Facer unha comunicación en grupo, que será defendida no Congreso Internacional de Dereito Comparado do Traballo que terá lugar o final do cuatrimestre, usando nela a lingua inglesa.
Proba obxectiva Dous exames. O primeiro, sobre a base de preguntas curtas, en lingua inglesa. O segundo, sobre a base de preguntas longas, coa posibilidade de eligir entre as linguas inglesa, castela ou galega.
Seminario Asistir as clases, co deber de comprobar os diversos powerpoints explicados nelas, e de estudar a correspondente lección do manual.
Sesión maxistral Asistir as clases, co deber de comprobar os diversos powerpoints explicados nelas, e de estudar a correspondente lección do manual.
Solución de problemas Facer un informe sobre a localización a traves de Internet das fontes do Dereito do Traballo.
Estudo de casos Facer un informe sobre a asistencia os xuizos nun Xulgado do Social da Coruña.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
A facerse sobre a base dun grupo pequeno. Na clase, no despacho do Profesor ou por correo-e. Coa finalidade de preparar as comunicacions que se defenderán no Congreso Internacional de Dereito Comparado do Traballo o final do cuadrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos Asistir o Xulgado do Social e entregar o informe. 3
Proba obxectiva Aprobar os exames. 50
Sesión maxistral Asistencia regular. 15
Solución de problemas Entregar os informes. 2
Presentación oral Asistir a preparación, asistir o Congreso Internacional e defender oralmente a comunicacion. 15
Seminario Asistencia regular. 15
 
Observacións avaliación
<p>Darase&nbsp;o máximo número de Matrículas de Honra legalmente permitido. </p>

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria

&nbsp;


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito da Seguridade Social/612G01037

Observacións
&lt;p&gt;Non hai cuotas no que se refire as cualificacions eventualmente obtenibles, salvo no tocante as Matriculas de Honra.&lt;/p&gt;


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías