Para aprobar a materia cómpre obter na cualificación referida aos
seminarios (grupos reducidos) un mínimo de 1,5 puntos sobre o total de 3
puntos.
Tal puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á
cualificación final se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un
total de 7 puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento.
O estudante deberá obter a cualificación mínima de aprobado tanto
no exame parcial (opcional) como no exame final.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia que non poida participar nos
grupos reducidos, a avaliación das competencias correspondentes aos
seminarios-grupos reducidos (30% da cualificación da materia) será substituída
por un traballo escrito sobre a materia obxecto de dita metodoloxía e polas
respostas ás preguntas orais do profesorado. Esta avaliación alternativa será
realizada o día do exame, ao remate do prazo concedido para o exame.
A esta modalidade de avaliación alternativa á participación nas
sesións de grupo reducido poderá acollerse tamén o alumnado que por causas
xustificadas non poida asistir as sesións de grupo reducido. Para analizar
estas solicitudes e tomar unha decisión os estudantes deberán comunicar a súa
situación aos profesores na primeira semana lectiva do cuadrimestre.
Os estudantes que se presenten á proba de ensaio na segunda
convocatoria (xullo) conservarán a cualificación obtida no exame/proba de
ensaio parcial (opcional) e nos seminarios de grupo reducido.
Os estudantes que suspendan a materia na primeira convocatoria
(maio-xuño) e non alcancen o aprobado (1.5) na avaliación de grupo reducido
correspondente á primeira convocatoria poderán acollerse á avaliación
alternativa dos grupos reducidos na segunda convocatoria (xullo).
Na avaliación terase en conta a corrección na
expresión tanto oral como escrita.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
España na configuración histórico-xurídica de Europa/612G01002 | Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003 | Teoría do Dereito/612G01006 | Dereito da persoa/612G01007 | Dereito Penal. Parte xeral/612G01010 | Dereito de obrigas e danos/612G01016 | Dereito Internacional Público/612G01019 |
|