Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B3 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C8 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Colocar o estudo da literatura nun marco cultural amplo, ultrapasando fronteiras nacionais e atendendo fundamentalmente ao espazo galego-portugués. |
AM1 AM6 AM8 AI1
|
|
|
Desenvolver a capacidade creativa na análise de textos literarios, produtos artísticos e realidades culturais desde unha perspectiva comparatista. |
AM3
|
|
|
Empregar unha análise de tipo comparatista, transnacional e plurilingüística ao estudo da literatura. |
AM4 AI2 AI3
|
|
|
Utilizar as Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) precisas para o desenvolvemento do traballo e para a adquisición de coñecementos e destrezas ao longo da vida. |
|
BM3 BP1 BP3 BP5
|
|
Tomar conta, como profesional e como cidadán/á, da relevancia da adquisición de coñecementos ao longo de toda a vida. |
|
BP1 BP2 BP4
|
|
Colaborar para a comprensión intercultural desde a asunción da diversidade. |
|
BP4
|
CM4
|
Traballar a capacidade de síntese e a adopción dunha perspectiva crítica a fin de poder desenvolver proxectos de investigación de calidade.
|
|
|
CM1 CM2 CM5 CM6 CI1 CI2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Configuración do espazo cultural galego-portugués. |
1.1. Elementos identitarios e caracterizadores.
|
2. Sinerxias literario-culturais no espazo galego-portugués. |
2.1. Produtores/as, institucións e eventos.
2.2. Repertorios de mediación (Saudosismo, Neotrovadorismo, Iberismo etc.). |
3. Perspectivas de futuro. |
3.1. Axentes e políticas culturais actuais.
3.2. Novas vías de desenvolvemento. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A13 A3 A12 C7 C5 C6 C8 |
5 |
5 |
10 |
Seminario |
A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
10 |
10 |
20 |
Traballos tutelados |
A3 A4 A14 A12 C1 C7 |
0 |
15 |
15 |
Análise de fontes documentais |
A4 A14 B4 B3 C1 C7 |
0 |
25 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
O/A estudante presentará na última sesión o traballo tutelado realizado para a materia.
|
Seminario |
O/A alumno/a deberá participar activamente na aula colaborando nas discusións dunha maneira crítica e realizando, ben individual ben grupalmente, pequenas tarefas programadas para cada sesión a fin de asentar os coñecementos teóricos adquiridos durante as aulas ou a través das lecturas indicadas polo/a docente. |
Traballos tutelados |
O/A estudante deberá desenvolver por escrito un dos temas propostos polo/a docente desde unha óptica crítica, mais achegando a súa visión particular, para mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia. |
Análise de fontes documentais |
Para acompañar os contidos fornecidos durante as aulas, participar nas discusións desenvolvidas durante os seminarios e levar a cabo a presentación oral, o/a estudante terá que realizar unha serie de lecturas que o/a profesor/a indicará o primeiro día do curso e/ou ao longo das sesións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
Seminario |
|
Descrición |
Tanto nas sesións de seminario como na presentación oral, o/a docente tentará dar unha atención personalizada ao/á estudante, guiando o seu traballo individual e resolvendo dúbidas.
Alén diso, o/a profesor/a estará dispoñíbel durante o seu horario de atendemento e a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A3 A4 A14 A12 C1 C7 |
O/A estudante terá que desenvolver por escrito un dos temas propostos polo/a docente desde unha óptica crítica, mais achegando a súa visión particular, para mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas na materia. |
70 |
Presentación oral |
A13 A3 A12 C7 C5 C6 C8 |
O/A estudante presentará na última sesión o traballo tutelado realizado para a materia. |
10 |
Seminario |
A1 A3 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
O alumnado deberá colaborar activamente no desenvolvemento das aulas participando nas discusións xeradas e realizando, ben individualmente ben en grupo, unha serie de pequenas tarefas programadas para cada sesión. |
20 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS 1.1. Tanto as actividades como as probas deberán cumprir unhas
exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro
formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser
penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de
corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o
6/7/2018 e pendurado en Moodle). 1.2. As presentacións orais realizaranse na última sesión do curso. 1.3. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de actividades se estas foren realizadas fóra de prazo sen causa
xustificada. Alén diso, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso da
actividade. 1.4. Os / As alumnos/as
que non superaren a materia na 1.ª oportunidade poderán recuperala total ou parcialmente na 2.ª oportunidade (xullo) segundo as normas
detalladas na epígrafe seguinte. 1.5. Os traballos
presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para
a detección do plaxio (mesmo de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades polo/a estudante). En caso de se producir plaxio, poderán
ser aplicadas as medidas contempladas nas “Normas de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña” (artigo 14.4).
2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo) 2.1. Os / As estudantes que suspenderen
a presentación oral deberán facer outra
proba do mesmo tipo na data, hora e lugar
estabelecidos no calendario oficial de exames da facultade para a 2.ª
oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 70% da cualificación final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar. 2.2. Os / As estudantes que suspenderen
as actividades programadas (que
se corresponden co apartado "Seminario") deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles
encomendaren e que constituirán o 50%
da cualificación final. Para este efecto, o profesorado da materia fará
públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as instrucións
correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega
etc.).
3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A 3.1. En cada oportunidade de
avaliación o / a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO/A (NP) se non acudir á presentación oral.
4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA
ACADÉMICA 4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica
recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no
inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os axustes
necesarios na
avaliación no tocante ás
actividades presenciais (que serán substituídas por outras non
presenciais
equivalentes).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Salinas Portugal, Francisco (2007). "A língua e a literatura portuguesas na configuração do campo literário galego". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca.
Seabra, José Augusto (1999). "Apostila. A geração da Renascença Portuguesa e a revista Nós".. Nova Renascença.
Torres Feijó, Elias J. (). "Contributos sobre o objecto de estudo e metodologia sistémica. Sistemas literários e literaturas nacionais".. Bases metodolóxics para unha historia comparadas das literaturas da Península Ibérica. USC.
Fernández del Riego, Francisco (2001). "Galegos e portugueses na área da cultura común". Congreso de Literatura Galega e do Norte de Portugal: o libro e a lectura. Consellería de Cultura, C
Valiente Fernández, Alicia (2007). "La recepción de la cultura portuguesa en la revista Nós". Revista de Filología Romántica 24.
Torres Feijó,Elías J. (2007). "O 25 de Abril e as suas imediatas conseqüências para e no campo do protossistema cultural galeguista". . Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos 2.
Samartim, Roberto López-Iglesias / Cordeiro Rua, Gonçalo (2009). "O pensamento cultural galego em referência a Portugal: posiçom e funçom de ideias e grupos no Tardofranquismo e na Transiçom". Congresso Internacional "O pensamento luso-galaico-brasileiro entre 1850 e 2000. Imprensa Nacio
Pozo Garza, Luz (2001). "Poesía portuguesa en Nordés". Congreso de literatura galega e do norte de Portugal. Xunta de Galicia
Pociña López, Andrés José (2007). "Portugal en la obra de Eduardo Pondal". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca.
Vázquez Cuesta, Pilar (1992). "Relacións entre as literaturas galega e portuguesa". Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega.
Casas, Arturo (2003). "Sistema interliterario y planificación historiográfica a propósito del espacio geocultural ibérico". Interlitteraria 8
Freixeiro Marto, Xosé Ramón (1994). "Unha visión das relacións culturais galego-portuguesas nos anos vinte a través da correspondencia entre Teixeira de Pascoaes e Noriega Varela". Boletín Galego de Literatura 11
Petrov, Petar et alii (2012). Avanços em literatura e cultura portuguesas. Século XX. AIL-ATRAVÉS eDITORA
Abuín González / Tarrío Varela, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparadas das literaturas da Península Ibérica. . Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
Dias, A. F. (1998). História e crítica da literatura portuguesa.. Verbo.
Samartim, Roberto López-Iglesias (2017). Mudança política e sistemas culturais em transiçom. Santiago de Compostela: Laiovento
Rodrigues Baptista, António (1993). Rosalía de Castro no horizonte dos 'saudosistas' portugueses. Da crítica de António Sérgio á veneración de Teixeira de Pascoaes". Aula ibérica: Acta de los congresos de Évora y Salamanca. Ediciones Universidad de Salamanca. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|