Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística. |
A2 |
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |
A3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
A4 |
Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. |
A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
A6 |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
A8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. |
A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
A10 |
Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento: dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |
B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
C1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o concepto de multimodalidade da comunicación e as súas implicacións. |
AI1 AI6
|
BI3 BI7
|
CM4 CM6 CM8
|
Coñecer e saber manexar os requisitos, conceptos e procedementos para a análise dos discursos multimodais. |
AI1 AI3 AI5 AI7 AI9 AI10
|
BI2 BI3 BI6 BI7
|
CM6
|
Integrar e utilizar as técnicas e ferramentas aportadas por distintas disciplinas e enfoques para analizar os discursos multimodais. Pór en valor a interdisciplinariedade. |
AI1 AI2 AI3 AI4 AI5 AI9 AI10
|
BI2 BI5 BI7 BI8 BI10
|
CM3 CM6 CM8
|
Utilizar ferramentas das tecnoloxías da información e o coñecemento para a análise multimodal dos discursos. |
|
BI3 BI5 BI8
|
CM3 CM8
|
Saber abordar organizar o proceso analítico de materiais multimodais, e desenvolvelo con perspectiva crítica e en constante revisión. |
AI1 AI3 AI4 AI5 AI9
|
BI1 BI2 BI3 BI7 BI8 BI9 BI10
|
CM3 CM5 CM7 CM8
|
Expor de forma adecuada o desenvolvemento e os resultados das análises multimodais realizadas, transmitindo eficientemente a información e os procesos reflexivos, e sabendo adaptarse ao destinatario e aos obxectivos perseguidos. |
AI3 AI5 AI7 AI9
|
BI4 BI7 BI8 BI9 BI10
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7
|
Coñecer e descubrir novas implicacións e utilidades da análise multimodal do discurso, en distintas áreas e para diversos problemas. |
AI3 AI6 AI7
|
BI5 BI7 BI9
|
CM3 CM6 CM8
|
Reflexionar e adoptar unha postura crítica ante os produtos semióticos das sociedades, principalmente da contemporánea. |
AI8
|
BI2 BI3 BI5 BI6
|
CM4 CM6 CM8
|
Enriquecer criticamente os coñecementos xa posuídos sobre análise da linguaxe, adoptando unha perspectiva multidisciplinar ampla e aberta a novos fenómenos, enfoques e obxectos de estudo. |
AI1 AI2 AI3 AI8
|
BI1 BI2 BI6 BI7 BI9 BI10
|
CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A comunicación. Linguaxe, modo e recursos semióticos. |
1.1. Comunicación e discurso.
1.2. A semiótica discursiva.
1.3. Os recursos semióticos.
1.4. Conceptos básicos e métodos na análise do discurso. A análise crítica do discurso. |
2. A comunicación multimodal: definición, características. Conceptos básicos. |
2.1. O concepto de modo.
2.2. Comunicación multimodal: definición, relevancia e evolución.
2.3. Conceptos básicos e características da comunicación multimodal.
2.4. A alfabetización multimodal. |
3. A(s) análise(s) multimodal(es) da comunicación: enfoques e resultados. |
3.1. Análise multimodal da comunicación e análise da comunicación multimodal.
3.2. Un enfoque global e comprehensivo da comunicación. A construción do contido.
3.3. Principios, enfoques e métodos na análise multimodal.
3.4. Unidades e procesos na análise da comunicación multimodal.
3.5. Estudos de caso. |
4. Comunicación, evolución e tecnoloxía: observacións históricas e contemporáneas. |
4.1. Comunicación multimodal e evolución humana.
4.2. Comunicación multimodal e contorno dixital.
4.3. Comunicación multimodal e discursos públicos.
4.4. Comunicación multilmodal, ensino e autoaprendizaxe.
4.5. Outros casos de relevancia actual. |
5. Algunhas conexións: os xéneros discursivos; as narrativas transmedia; as novas alfabetizacións; sociedade e educación... |
5.1. Conexións da análise multimodal con outros ámbitos de estudo.
5.3. Xéneros discursivos; narrativas transmedia; novas alfabetizacións...
5.4. Implicacións e consecuencias da análise (multimodal) dos discursos (multimodais). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
0 |
16 |
16 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 |
7 |
7 |
14 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
6 |
8 |
14 |
Aprendizaxe colaborativa |
A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
6 |
7 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 |
1 |
3 |
4 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 |
1 |
10 |
11 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
1 |
6 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas. Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo(a) estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor. |
Sesión maxistral |
O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia. |
Obradoiro |
Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas, etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do(a) estudante. |
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante. |
Prácticas a través de TIC |
Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC. |
Traballos tutelados |
O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo. |
Proba obxectiva |
O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo. Esta proba terá carácter teórico e práctico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
O profesor fará un seguimento personalizado do(a) estudante, observando fundamentalmente a súa participación e actividade na aula e o seu desempeño.
Atenderá personalizadamente ao estudante nas titorías, sobre todo para a realización do traballo tutelado. Tanto o/a estudante como o profesor poderán impulsar por iniciativa propia unha titoría individualizada cando o consideren necesario.
Poderánse adoptar as adaptaciones oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
15 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 |
Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 |
Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. |
40 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
5 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 |
Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
15 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 |
O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
5 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. |
15 |
|
Observacións avaliación |
As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación. 1. A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución: 1.1. Un 40% responderá ao/aos traballo/s tutelado/s individual/es que debe realizar, incluíndo a súa posible exposición e defensa, ou mesmo os materiais desenvolvidos para achegarlles os contidos aos demais participantes no curso. 1.2. Un 50% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais) e que foran recollidas e puntuadas polo profesor. Estas actividades terán un peso maior ou menor na cualificación dependendo da súa dificultade ou da adicación que esixan. 1.3. Un 10% responderá á participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas. 1.4. Recibirá a cualificación de Non Presentado quen non realizara o traballo tutelado nin o 50% ou máis das tarefas avaliables encomendadas. 1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial, poderá substituír as tarefas avaliables que requiran a presencia na aula por outras actividades ou por unha proba mixta que realizará o día do exame oficial da materia. Será o profesor quen o decida atendendo ao carácter das tarefas e ás condicións específicas do/a estudante. 2. Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. Nela conservaránselle as cualificacións de actividades superadas. O/a estudante ten dúas opcións: Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade. Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (50%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe o/s traballo/s titorizado/s (40%). Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (10%), esta non computará e cada unha das outras dúas pasará a contar un 50%. Estas opcións son tamén de aplicación aos/ás estudantes con dispensa académica oficial. 3. Na oportunidade de avaliación adiantada, o estudante será avaliado exclusivamente mediante unha proba mixta de carácter teórico-práctico, pola que obterá o 100% da cualificación. 4. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre
elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as
estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o
razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non
recibir puntuación algunha por ese traballo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica Bezemer, Jeff & Gunther Kress (2016). Multimodality, Learning and Communication: A Social Semiotic Frame. London: Routledge. Cairo, Alberto (2011). El arte funcional: infografía y visualización de la información. Madrid: Alamut. Cairo, Alberto (2016). The Truthful Art: Data, Charts, and Maps for Communication (= New Riders Voices that Matter). Peachpit. Jewitt, Carey (ed.) (2009). The Routledge Handbook of Multimodal Analysis. London & New York: Routledge. Jewitt, Carey, Jeff Bezemer & Kay L. O'Halloran (2016). Introducing Multimodality. London: Routledge. Kress,Gunther (2005 [2003]). El alfabetismo enla era de los nuevos medios de comunicación. Málaga: Enseñanza Abierta de Andalucía. Kress,Gunther (2010a). "A social semiotic multimodal approach to human communication: implications for speech, writing and applied linguistics". En Rosario Caballero Rodríguez & Mª Jesús Pinar Sanz (eds.). Ways and Modes of Human Communication (=Colección Estudios; 129), Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha & Asociación Española de Lingüística Aplicada, 77-92. Kress, Gunther R. (2010b). Multimodality: A Social Semiotic Approach to Contemporary Communication. London & New York: Routledge. Kress, Gunther & Theo van Leeuwen (2001 [1996]). ReadingImages: The Grammar of Visual Design. London & New York: Routledge.[Nova edición anunciada para 2015]. Machin, David (2014 [2007]). Introduction to Multimodal Analysis. London: Hodder Arnold. McCloud, Scott (2007, 2ª ed.). Entender el cómic: el arte invisible. Bilbao: Astiberri Ediciones. O'Halloran, Kay L. & Bradley A. Smith (eds.) (2011). Multimodal Studies: Exploring Issues and Domains. New York & London: Routledge. Royce, TerryD. & Wendy L. Bowcher (eds.) (2007). New Directions in the Analysis of Multimodal Discourse. Mahwah, NJ &London: Lawrence Erlbaum Associates. Vigliocco, Gabriella, Pamela Perniss, Robin L. Thompson & David Vinson (eds.) (2014). Language as a Multimodal Phenomenon: Implications for Language Learning, Processing and Evolution (= Philosophical Transactions of the Royal Society B. Special Issue). WEBS GLOSARIO de multimodalidade, URL:https://multimodalityglossary.wordpress.com/multimodality. Glosario de termos utilizados na análise da multimodalidade, recollido na páxina web do MODE. MODE, URL: http://mode.ioe.ac.uk. MODE is a node of the National Centre for Research Methods and funded by the Economic and Social Research Council. It develops multimodal methodologies for social scientists, providing systematic ways to investigate all modes of communication used in digital environments, whether they are sites of learning, work, or ‘social’ sites (e.g. Facebook). |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria Berger, John, Sven Blomberg, Chris Fox, Michael Dibb & Richard Hollis (2017, 3.ª ed.). Modos de ver [basado en la serie de televisión de la BBC en colaboración con John Berger]. Barcelona: Editorial Gustavo Gili. [Orix.: Ways of Seeing. London: British Broadcast Corporation & Penguin Books, 1972]. Böck, Margit & Norbert Pachler (eds.) (2013). Multimodality and Social Semiosis: Communication, Meaning-Making, and Learning in the Work of Gunther Kress (= Routledge Studies in Multimodality). London & New York: Routledge. Burtenshaw, Ken, Nik Mahon & Caroline Barfoot (2006). The Fundamentals of Creative Advertising. Lausanne: AVA Publishing. [Tradución ao castelán: Principios de publicidad: el proceso creativo, agencias, campañas, medios, ideas y dirección de arte. Barcelona: Gustavo Gil, 2007.] Cairo, Alberto (2008). Infografía 2.0: visualización interactiva de información en prensa. Madrid: Alamut. Carrera, F. (2013). Comunicar 2.0. El arte de comunicar bien en el siglo XXI. Barcelona: Profit. Cassany, Daniel (2012). En_línea: leer y escribir en la red (= Argumentos; 441). Barcelona: Anagrama. Eisner, Will (1996). El arte secuencial. Barcelona: Norma Editorial. Eisner, Will (1998). La narración gráfica. Barcelona: Norma Editorial. Garzone, Giuliana, Gina Poncini & Paola Catenaccio (eds.) (2007). Multimodality in corporate communication: web genres and discursive identity (= Lingua, tradizone, didattica; 1058.15). Milano: Franco Angeli s.r.l. Gombrich, E. H. (2016). La evidencia de las imágenes (= Chiribitas; 8). Vitoria-Gasteiz & Buenos Aires: Sans Soleil Ediciones. [Orix.: "The evidence of images". En Charles S. Singleton, Interpretation: Theory and Practice. Baltimore, MD: The Johns Hopkins Press, 1969, 35-104]. Hagen, Rose-Marie & Rainer Hagen (2010). Los secretos de las obras de arte: del tapiz de Bayeux a los murales de Diego Rivera, 2 vols. Köln: Taschen GmbH. Jenkins, Henry, Sam Ford & Joshua Green (2015). Cultura transmedia. La creación de contenido y valor en una cultura en red. Barcelona: Gedisa. Kress, Gunther (2005). “Gains and Losses: new forms of texts, knowledge and learning”, Computers and Composition, 22,5-22. Kress, Gunther & T. van Leeuwen (2001). Multimodal Discourse. The Modes and Media of Contemporary Communication. London: Arnold. Kress, Gunther & J. Bezemer (2009). Writing in a Multimodal World of Representation.The Sage Handbook of Writing Development. London: Sage. Levine, Philip & Ron Scollon (eds.) (2004). Discourse and Technology: Multimodal Discourse Analysis (= Georgetown University Round Table on Languages andLinguistics). Washington, D.C.: Georgetown University Press. Manghui, Dominique (2011). “La perspectiva multimodal sobre la comunicación. Desafíos yaportes para la enseñanza en el aula”, Revista Electrónica Diálogos Educativos, 22. URL: http://www.umce.cl/dialogoseducativos/n22/manghi. O'Halloran, Kay L. (ed.) (2004). Multimodal Discourse Analysis:Systemic-Functional Perspectives (= Open Linguistics Series). London & New York: Continuum. Pricken, Mario (2007 [2002]). Creative Advertising: Ideas and Techniques from the World's Best Campaigns. London & New York: Thames & Hudson. Scolari, Carlos Alberto (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Bilbao: Deusto Ediciones. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para que o estudante aproveite mellor esta materia, é importante que: 1. Asista ás aulas regularmente. 2. Faga as lecturas de curso encomendadas antes de que sexan tratadas nas aulas. 3. Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos/as outros/as estudantes. 4. Traballe colaborativamente cos seus compañeiros/as. 5. Entregue puntualmente as tarefas encomendadas. 6. Acuda ao profesor para aquelas dúbidas que precisen unha atención máis individualizada. |
|