Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. |
A1 A6 A9 A10 A11 A15
|
B2 B4 B5 B6 B7 B10
|
C2 C4
|
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. |
A7
|
B3 B7 B8
|
C2
|
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. |
A6
|
B4
|
C2 C7
|
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. |
A2 A6
|
B4 B6 B7 B8 B10
|
C2
|
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.
|
A1 A2 A3 A6 A7 A15
|
B1 B7
|
C2 C4
|
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. |
A6 A7
|
B6
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?
|
1.1. O "canon" da literatura inglesa
1.2. Periodización
|
2. O período anglosaxón ou de inglés antigo na literatura inglesa (450-1066) |
2.1. Introdución á historia da literatura inglesa anterior ao século XI
2.2. Literatura oral e manuscritos
2.3. Poesía épica e elexíaca
Lecturas: Fragmentos de Beowulf e “The Dream of the Rood”
|
3. Literatura inglesa medieval ou período do inglés medio (1066-1500) |
3.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
3.2. Teatro relixioso inglés
a) Orixes do teatro inglés
b) Misterios, milagres e moralidades medievais
Lectura: Fragmentos de Everyman
3.3. Geoffrey Chaucer e os seus contemporáneos
a) Gower e o poeta Gawain
b) Chaucer e a súa obra
Lectura: Fragmentos do “Prólogo General"; de The Canterbury Tales, de Geoffrey Chaucer
3.4. Lírica inglesa dos séculos XIV e XV
a) Poesía lírica medieval
b) Amor cortés
c) Romances medievais
Lecturas: “In praise of women,” “Syng We, Syng We,” “Gentilesse,” fragmentos de “Merciless Beauty”
|
4. A literatura inglesa renacentista (1500-1660)
|
4.1. Introdución: contexto histórico, social e cultural
4.2. Poesía do século XVI: o soneto inglés
a) Wyatt e Surrey
b) Sidney, Spenser e Shakespeare
Lecturas: selección de sonetos
4.3. Teatro renacentista inglés
a) Edificacións, convencións e tipo de obras
b) Teatro isabelino e xacobeo: Marlowe e Shakespeare
Lectura: Hamlet
4.4. Poesía metafísica de principios do XVII
a) Poetas metafísicos e "cavalier";
b) John Donne e Andrew Marvell
Lecturas: selección de poemas
|
5. A Restauración (1660-1700): prosa de finais do XVII |
5.1. Prosa relixiosa
5.2. Autobiografía e diarios
5.3. Libros de viaxe
Lecturas: Fragmentos do Diary de Samuel Pepys
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
14 |
0 |
14 |
Lecturas |
B3 |
0 |
45 |
45 |
Sesión maxistral |
A1 A11 B1 |
21 |
10 |
31 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
2 |
10 |
12 |
Seminario |
A7 A9 A10 A11 A15 B2 B4 B5 B7 B8 B10 C2 |
7 |
7 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar na clase en grupo grande nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titoría en grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva). |
Lecturas |
Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de lecturas darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia. |
Sesión maxistral |
Nas horas asignadas a docencia expositiva (grupo grande), o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa e o seu contexto dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos enmarcan e entroncan co traballo desenvolvido despois nas clases de docencia interactiva (grupo mediano) e titoría en grupo reducido (grupo pequeno). |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará traballos escritos (ex., análises de texto) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc. |
Proba mixta |
No exame final o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados e as destrezas prácticas traballadas nas aulas. O exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análise, etc). |
Seminario |
Nas horas adicadas a T.G.R. profundizaremos na exposición escrita, de xeito razoado, como corresponde a este entorno académico, das interpretacións das lecturas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
|
Descrición |
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.
Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 |
No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). |
50 |
Discusión dirixida |
A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
Animarase a que a/o estudante que non teña cumplido este pre-requisito use o tempo de clase para facelo, mais esto implica que non poderá participar en ningunha actividade de clase ata que remate a lectura, polo que perde a posibilidade de obter puntos de participación por ese día.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 |
Consistirán en dúas redaccións argumentativas escritas na clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir ensaios ben organizados, coherentes e cohesionados, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. |
30 |
|
Observacións avaliación |
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nun EXAME ESCRITO cos seguintes apartados: 1) A primeira parte terá un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, aplicaránse os mesmos criterios, e computará o 50% da nota; 2) A segunda parte consistirá nunha serie de preguntas curtas adicionais que compensarán polo traballo feito na clase (Ver “Discusión dirixida” arriba) para a primeira oportunidade de avaliación, e computará o 20% da nota; 3) E un ensaio argumentativo sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre para os traballos tutelados, que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
• Na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 tanto na sección “Traballos tutelados” como en “Proba mixta” para poder sumarllelas ao resto das notas de cara a intentar superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima nas seccións 1 e 3 do exame escrito.
• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.
• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas obrigatorias: - Fragmentos de Beowulf. - Fragmentos de “The Dream of the Rood”. - Selección de lírica medieval. - Fragmentos do “Prólogo” a The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer. - Fragmentos de Everyman. - Sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare. - William Shakespeare, Hamlet. - Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell. - Fragmentos do Diary de Samuel Pepys. Ao comezo de curso porase ao dispor do alumnado unha copia das lecturas obrigatorias (en Reprografía, en Moodle, ou na clase), coa excepción da obra Hamlet de Shakespeare, que cada estudante deberá conseguir pola súa conta. Esta copia deberá ser na súa versión orixinal e completa, e calquera edición que cumpra estas características (ex., Oxford University Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras). Pode usarse unha edición bilingüe para realizar as lecturas, mais calquera referencia ás obras en discusións orais ou escritas deberá referirse á versión inglesa. |
Bibliografía complementaria
|
|
Recursos impresos: Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000. Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000. Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984. Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994. Burrow, J. A. Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004. Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge, 1998. Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992. Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988. Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991. MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008. Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983. Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994. Recursos na rede: - English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval - Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm - Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html - The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/ - The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/ |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua Inglesa 2/613G01008 |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Inglesa 2/613G01017 |
|
|