Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Ter un coñecemento avanzado das literaturas en lingua inglesa. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as literaturas en lingua inglesa dos países de África, América, Asia, e máis as diásporas asiáticas e africanas. |
A1 A7 A16
|
B5 B8
|
C2 C4
|
Coñecer o contexto socio-histórico e cultural das comunidades anglófonas de fóra de Europa, con especial atención á súa relación cos textos literarios da materia. |
A16 A17
|
B1 B5 B7 B8
|
C2 C4
|
Coñecer e aplicar os métodos de análise literaria, prestando especial atención ao enfoque da teoría e crítica poscoloniais. |
A1 A2 A3 A11 A15
|
B1 B2 B3 B6 B7 B8
|
C2 C4 C6 C7
|
Elaborar documentos escritos, maioritariamente ensaios e comentarios de texto en lingua inglesa, e levar a cabo exposicións e intervencións en lingua inglesa, con corrección e coherencia. |
A6 A9
|
B1 B3 B5 B7 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Contextos e crítica poscoloniais I: África e a súa diáspora. |
1.1.- Países anglófonos coloniais e poscoloniais (I): unha introdución socio-histórica.
1.2.- Conceptos clave na crítica e a teoría poscolonial (I): identidade nacional, cultural e lingüística; temas de xénero.
|
2. Literaturas poscoloniais en inglés I: África e a súa diáspora. |
2.1. Literaturas poscoloniais en África: Achebe, Nwapa, Darko, Adichie.
2.2. Literaturas poscoloniais no Caribe (Indias Occidentais): Edwidge Danticat, jean “Binta” Breeze, Louise Bennet, Jamaica Kincaid, Bob Marley.
2.3. Literaturas poscoloniais na Diáspora Africana (Reino Unido y Canadá): Grace Nichols, Jackie Kay, Olive Senior, Linton Kwesi Johnson, James Berry. |
3. Sobre os temas e subtemas máis recurrentes nas literaturas postcoloniais. |
3.1. A viaxe física e psicolóxica.
3.2. Crise de identidade (desarraigo e traumas de aculturación).
3.3. ¿Qué elixir?: Ficar, marchar ou volver á “casa”.
3.4. A contraposición dos discursos LGBTi en escritores e máis escritoras.
|
4. Contextos e crítica poscoloniais II. |
4.1 Países anglófonos coloniais e poscoloniais (II): unha introdución socio-histórica.
4.2 Conceptos clave na crítica e a teoría poscolonial (II): cara aos estudos transnacionais e diaspóricos. |
5. Literaturas poscoloniais en inglés II: Canadá, Asia e as novas diásporas. |
5.1.- Literaturas poscoloniais en América: Canadá (textos de Atwood, Munro, King, etc.).
5.2.- Literaturas poscoloniais en Asia: subcontinente indio (textos de Rushdie, Divakaruni...)
5.3.- Conceptos clave nos estudos transnacionais e diaspóricos: globalización, neocolonialismo, cosmopolitanismo (textos de Bobis, Desai, Divakaruni) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A6 C2 |
3 |
42 |
45 |
Sesión maxistral |
A3 A7 A16 A17 B5 C2 |
10 |
0 |
10 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 |
12 |
12 |
24 |
Proba de ensaio |
A9 B1 B2 B3 B6 |
6 |
24 |
30 |
Proba mixta |
A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 |
2 |
24 |
26 |
Solución de problemas |
A2 A11 A15 B1 B5 B7 C6 C7 |
5 |
5 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os DOUS textos longos de obrigada lectura que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os de outras universidades. |
Discusión dirixida |
Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR). |
Proba de ensaio |
Estas probas ou exercicios de clase consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. |
Proba mixta |
Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). |
Solución de problemas |
Este tipo de metodoloxía atenderá ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
|
Descrición |
Como corresponde ao tipo de avaliación continua que caracteriza a esta materia, cada estudante ou grupo reducido de estudantes precisará dunha orientación persoalizada, nomeadamente no que se refire á comprensión dos textos e conceptos, e no que atinxe á súa participación en clase e á elaboración de exercicios escritos. A devandita orientación se desenvolverá ben nas TGR (Titorías de Grupo Reducido), ben nas titorías semanais, onde tamén se atenderán dúbidas e problemas puntuais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 |
Nestas actividades o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas; daquela, valorarase a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. Este apartado da avaliación terá en conta as actividades individuais e grupais desenvolvidas fundamentalmente nas aulas, prestando especial atención á actitude colaborativa e participativa do/a estudante. |
10 |
Proba de ensaio |
A9 B1 B2 B3 B6 |
Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas nestos ensaios. Na avaliación destas probas escritas, terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. |
50 |
Proba mixta |
A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 |
Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). |
40 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, a suma dasdistintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/aestudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados deavaliación. A participacióndinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre,poderá supoñer ata un 5% extra na notafinal. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calqueraoutra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos. PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet. ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unhadispensa académica, como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade (xullo). CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teñarealizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliaciónacadará a cualificación de NP. AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante ao exame final de xuño), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos). Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ACHEBE, Chinua (1958 [2001]). Things Fall Apart (novel). London: Penguin
ZEPHANIAH, Benjamin (). "A Slave Song" (poem).
SENIOR, Olive (). "Colonial Girls School" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=14910
BENNET, Louise (2008). "Colonization in Reverse". http://www.thenewblackmagazine.com/view.aspx?index=1377
MUNRO, Alice (). "Free Radicals".
KING, Thomas (1999). "Joe the Painter..." (FROM One Good Story That One).
SELVONS, Samuel (1988). "London Taxi Driver" (poem).
BERRY, James (1982). "Lucy's Letters" (poem). London: New Beacon.
KINCAID, Jamaica (1988). "Small Place" (essay). New York: Farrar
ADICHIE, Chimamanda Ngozi (2009). "The Arrangers of Marriage" (short story). London: Fourth State.
BREEZE, Jean "Binta" (2001). "The Arrival of Brighteye". http://www.youtube.com/watch?v=Oylxi-pPPwM
NICHOLS, Grace (1984). "The Fat Black Woman Goes Shopping" (poem). London: Virago.
KAY, Jackie (). "Things Fall Apart" (poem). http://www.poetryarchive.org/poetryarchive/singlePoet.do?poetId=5682
DARKO, Amma (1991). Beyond the Horizon (novel OPTIONAL). London: Heinemann
RUSHDIE, Salman (1980). Midnight's Children (Book One: MANDATORY; rest of the novel: OPTIONAL). London: Penguin.
ATWOOD, Margaret (). Selected poetry (from The Journals of Susanna Moodie) and fiction (from The Handmaid's Tale).
VVAA (). Selected poetry (handouts/Moodle).
ATTA, Sefi (2010). Swallow (novel, OPTIONAL). Northampton: Interlink.
DIVAKARUNI, Chitra B. (1995). “Doors” (short story). Arranged Marriage
BOBIS, Merlinda (1999). “The Long Siesta as a Language Primer” (short story). The Kissing / White Turtle
DESAI, Anita (2000). “Winterscape” (short story). Diamond Dust |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión. |
Bibliografía complementaria
|
McLeod, John (2010). Beginning Postcolonialism, 2nd ed.. Manchester UP
Boehmer, Elleke (1995/2005). Colonial and Postcolonial Literature. Oxford UP
Keown, Michelle; David Murphy and James Procter, eds. (2009). Comparing Postcolonial Diaspora. . Macmillan
Steger, Manfred (2013). Globalization: A Very Short Introduction. Oxford UP
Childs, Peter, and Patrick Williams (1997). Introduction to Post-Colonial Theory. Prentice
Wisker, Gina (2007). Key Concepts in Postcolonial Literature. Macmillan
Wawrzinek, Jennifer and J.K.S. Makokha (2011). Negotiating Afropolitanism: Essays on Borders and Spaces in Contemporary African Literature and Folklore. Rodopi
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (2007/2013). Postcolonial Studies: The Key Concepts. 2nd/3rd edition.. Routledge
Booker, M. K. (1998). The African Novel in English. An Introduction. Heinemann
Ashcroft, B., G. Griffiths and H. Tiffin (1989/2002). The Empire Writes Back. Theory and Practice in Post-Colonial Literatures. 2nd ed. . Routledge |
Recoméndase utilizar o primeiro libro desta lista, de Ashcroft, Griffiths e Tiffin (identificador ou sinatura da biblioteca UDC: L2-4120), como libro de consulta xeral (especialmente na sua segunda ou terceira edición), ademáis de outros textos máis curtos (capítulos de libro e artigos) que aportará ou recomendará a docente para cada tema en particular. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005 | Literatura Inglesa 1/613G03010 | Literatura Inglesa 2/613G03017 | Lingua Inglesa 4/613G03019 | Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 | Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa/613G03022 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
Observacións |
Aínda que o calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, a docente recomenda encarecidamente ás/aos estudantes que comecen ler os DOUS textos longos de obrigada lectura (a novela completa de Achebe e os capítulos da novela de Rushdie) tan pronto lles sexa posible. Existen varias copias destes dous libros nas bibliotecas da UDC, e tamén se poden atopar ou reservar ambas novelas en librerías por estaren publicadas en editoriais de ampla difusión. |
|