Traballos prácticos
- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos propostos para a segunda oportunidade.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.
Primeira e segunda oportunidade
- As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade. Só aqueles con traballos prácticos NON ENTREGADOS terán a opción de presentalos para a segunda oportunidade.
Matrícula a tempo parcial
- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.
Non presentado
- Terá a condición de Non presentado (NP) quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.
Cualificación exame
Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.
Oportunidade adiantada de Decembro
- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.
Alumnos de segunda matrícula e posteriores
- A avaliación basearase no recollido nesta guía. Dada a posibilidade de non asistir presencialemente por incompatibilidade cos horarios de segundo curso, realizarán a maiores unha serie de traballos prácticos ademáis dos propostos para os alumnos de primeira matrícula. Neste caso exisirase asistencia a titorías, bien presencialmente ou virtualmente.
* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá Coruña o 19 de diciembro de 2013.