Traballos prácticos
- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos propostos para a segunda oportunidade.
- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como ao que o facilitara, e por tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.
Primeira e segunda oportunidade
- As cualificacións obtidas en actividades de solución de problemas serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen. Manteranse para aqueles alumnos suspensos ou non presentados na primeira oportunidade. Só aqueles con prácticas SUSPENSAS terán a opción de realizar de novo as prácticas.
Matrícula a tempo parcial
- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obrigación do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.
Non presentado
- Terá a condición de Non presentado (NP) quen non presente ningún traballo práctico nin concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.
Cualificación exame
Os alumnos farán unha
proba escrita ao finalizar o cuadrimestre de acordo ao calendario oficial.
O exame constará dunha parte tipo test (40% da nota final) e unha parte
práctica (60%) de realización de pequenos programas. Nesta segunda parte o
alumno poderá consultar o manual de Python.
Oportunidade adiantada de Decembro
- Para a avaliación da oportunidade adiantada aplicaranse os mesmos criterios.
Alumnos con máis dunha matrícula
-
A avaliación basearase no recollido nesta guía. A maiores realizarán
unha serie de traballos prácticos ademáis dos propostos para os alumnos
de primeira matrícula.
* Normativa de avaliación, revisión e
reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster
universitario, aprobadas polo Consello de Goberno da Universidade dá
Coruña o 19 de diciembro de 2013.