Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
A4 |
Coñecementos básicos sobre o uso e a programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominar os mecanismos de xestión dinámica da memoria. |
A4
|
B1
|
C6
|
Coñecer os mecanismos de abstracción no deseño de estruturas de datos. |
A4
|
B1 B3
|
C3 C6
|
Construír especificacións e deseñar o tipo abstracto a partir delas. |
A3 A4
|
B1 B3
|
C3 C6
|
Usar as estructuras de datos adecuadas e programar os algoritmos de manipulación para solucionar problemas reais. |
A3 A4
|
B1 B3
|
C3 C6
|
Asumir la necesidad de una buena especificación y un buen diseño como pasos previos a la codificación. |
A4
|
B3
|
C6
|
Interiorizar las buenas prácticas de programación. |
A4
|
B3
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Xestión dinámica da memoria |
Organización da memoria dun programa.
Definición de variables de tipo punteiro.
Reserva e destrución dinámica de memoria.
Asignación e comparación. |
Introdución aos Tipos Abstractos de Datos |
A abstracción en programación: Concepto, Evolución a través da historia da programación, TAD e Programación orientada a obxectos.
A modularidade en programación.
Tipos Abstractos de Datos: Definición e concepto, Diferenzas entre tipo de dato, estruturas de datos e TAD, Construción dun TAD, Vantaxes da abstracción de datos. |
Listas |
Especificación informal do TAD Lista.
Implementación do TAD Lista.
O TAD Lista ordenada: especificación e implementación.
Multilistas e listas multiordenadas: concepto, representacións e usos. |
Pilas |
Especificación informal do TAD Pila.
Implementación do TAD Pila.
Aplicacións en computación. |
Colas |
Especificación informal do TAD Cola.
Implementación do TAD Cola.
Variantes das colas. Colas de prioridade.
Aplicacións en computación. |
Árbores |
Definición de árbore e terminoloxía
TAD Árbore binaria: Especificación informal, Implementación.
Percorridos de árbores. |
Árbores de busca |
Árbores binarios de busca.
Árbores AVL. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A3 A4 B1 B3 |
30 |
30 |
60 |
Solución de problemas |
A3 B1 B3 C6 |
10 |
14 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B3 C3 C6 |
20 |
26 |
46 |
Proba obxectiva |
A3 A4 B1 B3 |
3 |
15 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas clases presenciais de teoría, o profesor realizará unha breve descrición dos contidos temáticos e dos obxectivos básicos perseguidos, co fin de dotar o alumno dunha visión global da materia. Ademais tratará de establecer interrelacións con outros conceptos previamente adquiridos, de forma que se poida establecer unha liña temporal, e expoñerá a bibliografía
recomendada. Seguidamente pasará a desenvolver os contidos teóricos, utilizando como método a clase maxistral. |
Solución de problemas |
Nas clases presenciais de problemas, co fin de afianzar os conceptos teóricos presentaranse supostos prácticos, que nun principio serán resoltos polo profesor para orientar os alumnos. A medida que se avance no desenvolvemento teórico formularase a resolución de problemas por parte dos alumnos, constituídos en grupos de traballo. A devandita actividade, así como a discusión e participación activa en clase, valoraranse na nota final.
Tanto nas clases de problemas coma nos exemplos mostrados durante as exposicións teóricas, cando estes impliquen o desenvolvemento de código ou pseudocódigo este realizarase mostrando os sucesivos pasos do deseño descendente. Con isto pretendemos: a) que o alumno se acostume ao uso deste método, e b) evitar que se perda nos detalles de sintaxe e as características particulares da linguaxe, en lugar de fixar a súa atención na comprensión e deseño da solución.
Como actividades non presenciais, formularanse exercicios adicionais que o alumno deberá resolver e comentar/corrixir co profesor durante as horas de titorías, colectivas e/ou individuais. Trátase de fomentar a participación dos alumnos e promover, na medida do posible, o diálogo aberto e a valoración de solucións. Ao finalizar cada tema, proporcionarase, utilizando os recursos virtuais de docencia, un test de autoavaliación para que ao alumno poida comprobar o progreso da súa aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio |
As clases de prácticas obrigan á realización de prácticas de programación sobre estruturas de datos nunha linguaxe de alto nivel. Impoñerase unha periodicidade na súa entrega para fomentar o estudo continuo. O enunciado das prácticas, que se proporcionará coa suficiente antelación para que o alumno o lea con detemento e analice en profundidade, detallará o problema e as especificacións, que deberán respectarse estritamente. Posteriormente, o labor do profesor será a de supervisar as sesións de prácticas, solucionando dúbidas e corrixindo erros de interpretación, malos hábitos de programación e erros de sintaxe, etc. |
Proba obxectiva |
Avaliación sumativa do alumno mediante un exame final ao termo do cuadrimestre. Este será eminentemente práctico para que o alumno poida demostrar que adquiriu os coñecementos necesarios de abstracción e deseño de TADs e adestrouse o suficiente como para posuír as habilidades precisas para resolver supostos prácticos que impliquen a aplicación das devanditas estruturas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
Proba obxectiva |
|
Descrición |
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais coma das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso dos alumnos nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles alumnos que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles outros que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos.
No que respecta ás titorías individuais, dado o seu carácter personalizado, non deben dedicarse a estender os contidos con novos conceptos, senón a aclarar os conceptos xa expostos. O profesor utilizaraas como unha interacción que lle permita extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia por parte dos alumnos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A3 B1 B3 C6 |
Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. A calificación só se sumará á obtida nas outras probas cando a materia esté superada. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A4 B1 B3 C3 C6 |
Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. |
20 |
Proba obxectiva |
A3 A4 B1 B3 |
Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. |
80 |
|
Observacións avaliación |
Traballos prácticos - Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos de acordo ao enunciado práctico que se propoña para a segunda oportunidade. - De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, e polo tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual. Matrícula a tempo parcial - Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado. Non presentado - Terá a condición de “Non presentado” (NP) quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación. Oportunidade adiantada de decembro - A avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita. * Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Joyanes Aguilar, L. y Zahonero Martínez, I. (1999). Estructura de datos : libro de problemas. . Madrid. McGraw-Hill/Interamericana de España
Weiss, M.A. (1995). Estructuras de datos y algoritmos.. Wilmington, Delaware. Addison-Wesley Iberoamericana
Cairó O. y Guardati S. (2006). Estructuras de datos.. McGraw-Hill Interamericana de México.
Joyanes Aguilar, L. y Zahonero Martínez, I. (1998). Estructuras de Datos: algoritmos, abstracción y objetos.. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana de España
Horowitz, E. y Sahni, S. (1994). Fundamentals of data structures in Pascal. Computer Science Press, Inc. New York,
Dale, N. y Lilly, S.C. (1989). Pascal y Estructuras de datos (segunda edición).. Madrid. McGraw-Hill/Interamericana de España |
|
Bibliografía complementaria
|
Standish, T.A. (1994). Data structures, algorithms, and software principles. . Addison-Wesley
Hernández, R., Lázaro, J.C., Dormido, R. y Ros, S. (2001). Estructuras de datos y algoritmos.. Madrid. Prentice Hall
Carmona Poyato, A.; Medina Carnicer, R.; Madrid Cuevas, F. J.; Romero Del Castillo. J. A.; Fernández (1999). Estructuras de datos.. Publicaciones de la Universidad de Córdoba y Obra Social y Cultural Cajasur
Hernández, R., Carmona, E., Martínez, R. y Pastor, R. (2006). Problemas de estructuras de datos y algoritmos. Editorial Universitaria Ramón Areces |
Página oficial de FreePascal: http://www.freepascal.org/ Manual de FreePascal en castellano: |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Programación I/614G01001 | Informática Básica/614G01002 | Matemática Discreta/614G01004 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Algoritmos/614G01011 | Bases de Datos/614G01013 | Paradigmas de Programación/614G01014 | Deseño Software/614G01015 |
|
|