O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e realizarase en tres momentos temporais distintos:
- Unha vez finalizada a
Práctica 1, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.
- Unha vez finalizada a
Práctica 2, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.
- Ao
finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que conterá unha parte
teórica e unha parte práctica.
A nota final de cada
alumno obterase segundo o indicado a continuación:
-
Exame escrito individual: 40% (correspondendo o 40% á parte teórica e o 60% á
parte práctica).
-
Práctica 1: 40%.
-
Práctica 2: 20%.
Para aprobar a materia é
preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as
seguintes restricións:
- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na Práctica 1.
- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 (sumando parte teórica e práctica
segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.
- Non
será necesario que os alumnos aproben a Práctica 2 para aprobar a materia,
aínda que é altamente aconsellable.
En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a nota final
calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a materia
será un 4.0.
Aspectos a ter en conta:
- Os
grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices
dos profesores.
- A
exposición e defensa das prácticas será pública en horario oficial da materia e
a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o devandito horario,
que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase
un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas,
críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do resto de alumnos.
- Na
avaliación das prácticas valorarase basicamente o nivel técnico do traballo e a completitude,
claridade e exposición deste.
- A
nota asignada ás prácticas inicialmente será a que reciban todos os membros do
grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da
participación activa individual de cada un.
Os alumnos que non
superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias
fundamentais desta mediante a realización dun novo exame suxeito ás restricións
indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos que non superasen a Práctica 1 deberán refacela
(previa comunicación aos profesores da materia) ata que esta cumpra cos requisitos mínimos
esixidos, sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e
defensa con data límite segundo o acordo alcanzado.