O alumnado con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación para cada unha das oportunidades.
Os que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación final.
1. AVALIACIÓN CONTINUA
Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a elaboración do portafolio, a entrega de todas as actividades evaluativas (en tempo e forma) e a realización da proposta/ proxecto, obtendo entre estas dúas últimas, polo menos 2,5 puntos.
a. Portafolio.
- Non ten valor numérico, pero a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación continua.
- Ao finalizar cada tema, cada estudante presentará unha folla de coevaluación asinada por un compañeiro co contido do seu portafolio.
- Unha vez realizado a proba de ensaio final da materia, cada alumno mostrará ao profesorado o portafolio con todo o contido da materia
b. Actividades evaluativas.
- Actividades realizadas no horario de clase programado ou nas non presenciais. Segundo a actividade, poderá utilizarse a clase dos luns para xuntar ambos os grupos en horario de 9:00 a 11:00.
-Se realizarán 8 actividades cun valor total de 3 puntos:
* Dúas actividades en cada un dos temas 1, 2 e 3 (o valor de cada unha será de 0,3)
* Unha actividade en cada un os temas 4 e 5 (o valor será de 0,6)
c. Proposta/proxecto de intervención
- O produto final terá un valor de 2 puntos.
- Cumprirá a estrutura que se presenta no Anexo I
- Cada parella asistirá, polo menos, a dúas tutorías para a supervisión do traballo.
d. Probas de ensaio
- Se realizarán dúas probas, cada unha cun valor 2,5 puntos:
* A primeira corresponderase cos temas 1, 2 e 3.
* A segunda co 4 e 5, coincidirá coa data establecida para o exame final da oportunidade de xaneiro no calendario oficial de exames.
* Se se supera a primeira proba, presentarase á segunda só cos temas 4 e 5. Se non se supera a primeira proba presentarase con toda a materia na proba final de xaneiro.
* Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada.
As preguntas desta proba presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización.
Consideracións para o mantemento de cualificacións e/ou partes da materia:
- Se tras o sumatorio das actividades de avaliación e do produto final do proxecto, o alumno non alcanzase os 2,5 puntos, poderá presentar as actividades e/ou o proxecto mellorados e corrixidos para a oportunidade de xullo.
- Ao que supere o 2,5 anteriormente mencionado en calquera das dúas oportunidades, pero que suspenda a proba de ensaio, gardaráselle esta parte da cualificación para futuras convocatorias. Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores.
- Ao que supere só una das probas de ensaio, manteráselle a cualificación para a oportunidade de xullo, pero non para futuras convocatorias.
2. AVALIACIÓN FINAL
Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais, nin estarán obrigados a cumprir a asistencia.
Han de realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos).
O alumnado con matrícula a tempo parcial, falará cos docentes para consensuar os criterios de asistencia e avaliación paracada unha das oportunidades.
DATAS EXAMES
1ª
Proba de Ensaio
(orientativa)
|
Oportunidade de xaneiro
|
Oportunidade de xullo
|
14 de novembro (16:00H)
|
8 xaneiro(9:00 H)
|
28 xuño (9:00 H)
|