Identifying Data 2018/19
Subject (*) Materials deterioration and traditional building technology Code 630567113
Study programme
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica (Plan 2016)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Optional 3
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinador
Hermo Sanchez, Victor Manuel
E-mail
victor.hermo@udc.es
Lecturers
Amor Cagiao, Jose Antonio
Bermudez Graiño, Jose Manuel
Hermo Sanchez, Victor Manuel
E-mail
j.amor@udc.es
jose.bermudez@udc.es
victor.hermo@udc.es
Web
General description Esta asignatura estudará os procesos patolóxicos dos produtos construtivos (materiais e conxunto de materiais fabricados para a súa incorporación permanente ás obras) a partires dos seus principios básicos de funcionamento e do seu comportamento fronte a accións exteriores.
Así, unha vez presentada a terminoloxía especifica destes procesos, definiranse as lesións e a súa clasificación individualizada e estudaranse as súas causas e evolución.
A partires destos coñecementos, os alumnos serán capaces de afrontar con rigor a análise destes procesos, como punto clave inicial á hora de afrontar o seu diagnóstico e reparación, como parte dun proxecto de rehabilitación.
Expoñeranse casos prácticos de intervención en patrimonio, e construción con fábrica, madeira e terra.
Realizarase un traballo tutelado que poderá formar parte do Traballo Fin de Máster que desenvolverá o alumno.

Study programme competencies
Code Study programme competences / results
A1 E01 - Aptitude ou capacidade para acometer actividades de crítica arquitectónica, mediante a análise do patrimonio edificado baixo diferentes ópticas e a identificación dos precedentes formais, tipolóxicos e estilísticos.
A2 E02 - Aptitude ou capacidade para realizar tarefas vinculadas á protección do patrimonio edificado, incluídas a catalogación monumental, a definición de medidas de protección de edificios e conxuntos arquitectónicos, e a redacción de plans de delimitación e conservación.
A4 E04 - Aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado con valor histórico, aspecto que engloba a coordinación do seu estudo e a súa investigación documental, a elaboración de plans directores de conservación e a redacción e dirección da execución de proxectos de restauración e rehabilitación.
A7 E07 - Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente.
A8 E08 - Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría.
A10 E10 - Aptitude ou capacidade para utilizar criterios de sustentabilidade ambiental na elección de materiais e na definición de solucións técnicas, abranguendo o uso e a integración de sistemas activos e pasivos.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
C1 T01 - Capacidade de análise e síntese
C6 T06 - Resolución de problemas
C8 T08 - Aprendizaxe autónoma
C9 T09 - Creatividade
C15 T15 - Cultura histórica

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
Coñecemento dos sistemas construtivos tradicionais desde a perspectiva do seu funcionamento e prestacións e do seu comportamento ante accións exteriores. AJ1
AJ4
BJ5
CJ1
CJ15
Capacidade para detectar e identificar procesos patolóxicos, coñecer as súas causas e a súa evolución. AJ2
BJ3
CJ6
Introdución na metodoloxía de análise de lesións en edificación como parte fundamental dun proxecto de rehabilitación. AJ8
BJ3
CJ15
Adquirir práctica mediante a realización dunha análise tutelada dos procesos patolóxicos do edificio real elixido como lugar de intervención no Traballo de Fin de Máster. AJ7
AJ10
BJ2
CJ8
CJ9

Contents
Topic Sub-topic
1. PRESENTACIÓN DA ASIGNATURA. INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA DAS FÁBRICAS TRADICIONAIS. • Presentación da asignatura.
• Planteamento da práctica.
• Introdución á patoloxía de fábricas tradicionais en pedra, ladrillo, terra.
• Casos prácticos: cubertas de San Martiño Pinario, Casa Forte de Lusío (Samos), Rehabilitación vivenda casco histórico Santiago de Compostela.
2. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS: MADEIRA. • A madeira. morfoloxía e propiedades. Obtención, tipos e usos.
• Especies de madeiras, propiedades tecnolóxicas, produtos derivados.
• Patoloxías, recoñecemento, reparación, protección e conservación da madeira.
• O proxecto a través das estruturas, cubertas, carpinterías, cerramentos, acabados.
• O detalle construtivo, a protección e a rehabilitación da madeira a través da intervención en casos prácticos.
3. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONALES I. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS I. • Terminoloxía de patoloxía construtiva.
• Introdución á metodoloxía para detectar e identificar procesos patolóxicos e o seu diagnóstico.
• As Lesións: definición e clasificación.
• As causas: definición e tipos.
• Fisuras e gretas: definición e causas.
• Erosións: definición e causas.
4. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS II. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS II. • Humidades: definición.
- Características higrométricas dos materiais:
- A lesión: causas que poden producila.
• Desprendementos: definición e causas.
- Desprendementos en revestimentos continuos.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos adheridos con morteiros tradicionais ou morteiros-cola.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos anclados por puntos ou liñas.
- Desprendementos de pinturas.
5. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS III. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS III. • Oxidación: definición e causas.
• Corrosión: definición e causas
• Suciedades: definición e tipos.
6. ESTUDO DE CASOS: PATOLOXÍA E CONSTRUCIÓN CON TERRA. PISCINA DE TORO. (Profesor invitado: Antonio Raya).
7. ESTUDIO DE CASOS: PATOLOXÍA DE MATERIAIS PÉTREOS, CONSOLIDACIÓN E BIODETERIORO. (Profesores invitados: Benito Silva e Joaquín Fernández Madrid).

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A10 B3 C1 C6 C15 18 18 36
Events academic / information A8 B2 B5 3 6 9
Supervised projects A4 A8 A10 B3 B5 C6 C8 C9 0 26 26
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Esta exposición farase de modo esquemático abarcando os temas principais teóricos co obxecto de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Events academic / information Consistirá na asistencia a sesións de conferencias onde técnicos relevantes nas materias expoñerán traballos profesionais e investigacións de interese. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Supervised projects Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional e/ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe e no seguemento desa aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre contidos directos da materia ou que resulten afíns ao xuizo do mestre. O traballo poderá prantexarse como traballo único e independente o preferiblemente, poderá formar parte do Traballo fin de Master, como ocurre no resto das materias da Área de Construción.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Todas estas metodoloxías potencian o traballo autónomo do alumno aínda que será necesario supervisalo e/ou resolver dúbidas. A atención personalizada desenvolverase durante as clases programadas e no horario de titorías. Realizarase un seguimento personalizado do traballo tutelado por parte do profesor na clase e nas horas de titorías con correccións periódicas.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A4 A8 A10 B3 B5 C6 C8 C9 Valorarase a aplicación de técnicas e coñecementos expostos durante o curso no desenvolvemento do traballo. A selección de fontes de documentación. A concreción e síntese. A profundidade técnica e coherencia. A orixinalidade e innovación. A presentación e explicación. 90
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A10 B3 C1 C6 C15 Valorarase a participación activa con aproveitamento no traballo tutelado e presentación oral. Asimesmo, valorarase a participación activa en los debates xerados na clase e no desenvolvemento final do traballo exposto.
5
Events academic / information A8 B2 B5 Valorarase a participación activa con aproveitamento no traballo tutelado. 5
 
Assessment comments

Sources of information
Basic Fructuós Mañá Reixach (2007). A obra grosa. Santiago. COAG
Carles Broto (2005). Enciclopedia Broto de Patologías de la Construcción. Carles Broto i Comerma Jonqueres
Ignacio Paricio (1983 revisad post). La construcción de la arquitectura. Barcelona ITC
Ignacio Aparicio (2000). La fachada de ladrillo. Barcelona. Bisagra
J. Fernández Madrid (1996). Manual del granito para arquitectos. Santiago. AGG
Richard Weston (2003). Materiales, forma y arquitectura. Barcelona. Blume
Juan Monjo Carrió, Luis Maldonado (2001). Patología y Técnicas de intervención en estructuras arquitectónicas. Editorial Munilla-Lería

Complementary José Laffarga y Manuel Olivares (1995). Materiales de construcción. Sevilla. Editan


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.