Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan. |
A2 |
PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións. |
A3 |
DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias. |
A5 |
INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación. |
A7 |
SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes. |
A8 |
PROXECTO DE OBRA ACABADA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra acabada, divisións interiores, carpintería, escaleiras e demais obra acabada, en conxunto e en detalle, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos. |
A9 |
CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais. |
A13 |
IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas. |
A20 |
PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles. |
A34 |
FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos. |
A35 |
SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda. |
A36 |
SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura. |
A61 |
FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria. |
A63 |
TRÁMITES PROFESIONAIS: comprensión ou coñecemento dos procedementos administrativos da actividade arquitectónica, como os de financiamento e contratación de obras, preparación de expedientes unitarios, presentación de documentos e xestión de visados e licenzas. |
A65 |
METODOLOXÍA DO TRABALLO: comprensión ou coñecemento dos sistemas de organización das oficinas profesionais respecto á distribución de tarefas e responsabilidades, ao control de tempos de produción, custos e rendementos laborais, á administración económica e á planificación comercial. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Visión espacial. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Toma de decisións. |
B13 |
Imaxinación. |
B14 |
Habilidade gráfica xeral. |
B15 |
Capacidade de organización e planificación. |
B16 |
Motivación pola calidade. |
B17 |
Cultura histórica. |
B18 |
Razoamento crítico. |
B19 |
Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de:
- Saber manexar as ferramentas materiais e intelectuais para acometer a redacción dun proxecto arquitectónico de mediana escala e complexidade.
- Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a de detalle, incluíndo os principais elementos de definición material e construtiva.
- Saber elaborar unha documentación técnica axeitada para un proxecto de mediana complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal e construtiva, e tendo en conta aspectos básicos de normativa técnica e urbanística.
- Saber utilizar diferentes ferramentas e técnicas para manexar axeitadamente os procesos de creación e ideación. |
A1 A2 A3 A5 A7 A8 A9 A13 A20 A34 A35 A36 A61 A63 A65
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20
|
C1 C2 C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
EXERCICIO DE EXAME |
- Análise urbana
- Proxecto dun elemento arquitectónico relevante, simbólico, referencial ou utilitario á escala urbana e/ou paisaxística.
- Desenrolo da materialidade física (estructural, constructiva e de materiais) do proxecto.
- Xustificación das estratexias de proxecto cara a sustentabilidade e impacto ambiental.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A65 A63 A61 A36 A35 A34 A20 A13 A9 A8 A7 A5 A3 A2 A1 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C5 |
8 |
12 |
20 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Farase unha proba consistente no desenvolvemento, de forma individual, presencial e autónoma, dun proxecto de arquitectura. As características do exercicio proposto deberán permitir evaluar a adquisición da totalidade das competencias da materia, así como o nivel dos diferentes recursos conceptuais, expresivos, técnicos, culturais e materiais do alumno en relación cos requiridos pola asignatura. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
O alumno recibirá atención personalizada concernente ao desenvolvemento e características da proba obxectiva.
O portafolio do alumno poderá ser obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A65 A63 A61 A36 A35 A34 A20 A13 A9 A8 A7 A5 A3 A2 A1 B20 B19 B18 B17 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C5 |
Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. |
100 |
|
Observacións avaliación |
ESIXIRASE UNHA CUALIFICACIÓN MÍNIMA PARA SUPERAR A ASIGNATURA.
ESTA ASIGNATURA TEN EXTINGUIDA A SÚA DOCENCIA PRESENCIAL DE ACORDO CO CRONOGRAMA DE IMPLANTACIÓN DA TITULACIÓN DE GRADO EN ESTUDOS DE ARQUITECTURA.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
Aldo Rossi (1966). La Arquitectura de la Ciudad. Barcelona, GG
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2007). Normas do hábitat galego. http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/normashabi
VVAA (2009). O río no urbano: do Umia ao Danubio. A Coruña, UDC
VVAA (2003). Teoría de la Arquitectura. Del Renacimiento a la actualidad. Taschen
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05 |
Breves lecturas de carácter xeral. |
Bibliografía complementaria
|
DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
RYBCZYNSKI, Witold (2003). La casa, historia de una idea. Madrid, Nerea
PEREC, Georges (2004). La vida, instrucciones de uso. Barcelona, Anagrama
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
PAWSON, John (1998). Minimum. Londres, Phaidon
HERZOG, J., DE MEURON, P. (2002). Natural History. Baden, Lars Müller
LE CORBUSIER (2005). Una pequeña casa. Buenos Aires, Ediciones Infinito |
Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos 4/630G01016 | Análise Arquitectónico 2/630G01017 | Urbanística 1/630G01018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Construción 3/630G01022 | Urbanística 2/630G01024 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|