Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Proxectos 7 Código 630G01031
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Profesorado
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Las intenciones básicas que sustenta el desarrollo de la asignatura son:
1) Promover en las alumnas y los alumnos el conocimiento de sí.
2) Establecer el diálogo con la realidad a partir del reconocimiento de deseos y necesidades propias.
3) Ahondar en la realidad cuya veracidad viene dada por actuales formas de vida y su repercusión social.
4) Considerar la vida cotidiana como generadora de formas y relaciones espaciales.
5) Estudiar la influencia del género en la organización espacial.
6) Entender el espacio construido como el lugar donde se desarrollan las relaciones humanas y como lugar simbólico de conexión entre el pasado y el futuro.
7) Comprender y reconocer el “genius loci”, el alma del lugar.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: -Elaborar proxectos de complexidade media, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media. -Utilizar o contido do bloque docente A vivienda 1. Normativa, estándares. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de ordenación de vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR. O cambio de escala respecto a cuatrimestres anteriores e a amplitude dos traballos a realizar obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes tipos de vivendas que dan resposta a distintos grupos sociais, organizacións familiares ou formas alternativas de vivir. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico, normativa urbanística... A1
A2
A7
A10
A18
A19
A20
A25
A30
A34
A35
A36
A37
A38
A47
A48
A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B18
B20
B23
B24
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A VIVENDA I - Arquitecturas do espontáneo e o intuitivo. O refuxio
- Vivenda e ordenación
- O espazo público e colectivo
- Borde e permeabilidade.
- Arquitectura e escala
- Soleamento, ventos e relacións visuais
- Os accesos, as relacións coa paisaxe e as conexións internas
- Circulacións. Tráfico e peóns. Aparcadoiros
- Vexetación, pavimentación, iluminación e mobiliario urbano
- Espazo e xénero. Organización e roles familiares
- Vivenda e familia
- Os grupos sociais e as organizacións familiares alternativas
NORMATIVA I - Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial
- O Código Técnico da Edificación.
EXERCICIOS - Proposta libre sobre un tema de vivenda
- Análisis dun emplazamento. Condicionantes do lugar, físicas, culturais e sociolóxicas
- Vivenda colectiva

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Análise de fontes documentais 0 11 11
Aprendizaxe colaborativa 4 10 14
Discusión dirixida 5 0 5
Esquemas 0 7 7
Obradoiro 15 21 36
Traballos tutelados 14 21 35
Proba obxectiva 1 0 1
Portafolios do alumno 0 20 20
Sesión maxistral 15 0 15

Atención personalizada 4 0 4

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre.
Análise de fontes documentais Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Aprendizaxe colaborativa A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise do parcelario, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo.
Discusión dirixida Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Esquemas Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese.
Obradoiro Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.
Sesión maxistral Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Obradoiro
Discusión dirixida
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 20

Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes
requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas
indicados nas materias implicadas no Taller.
2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima
do 80%                                                     3º Facer a proba obxectiva

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope
nalgunha das seguintes circunstancias:
1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os
entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non
conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o
Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.

Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 7, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos 7, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.

Fontes de información
Bibliografía básica

Normas do hábitat galego

Código Técnico de la Edificación
Bibliografía complementaria

Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 6/630G01026
Construción 4/630G01027
Estruturas 3/630G01028
Urbanística 3/630G01029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Urbanística 4/630G01032
Construción 5/630G01033
Estruturas 4/630G01034

Materias que continúan o temario
Proxectos 8/630G01036

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías