Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
REPRESENTACIÓN ESPACIAL: aptitude ou capacidade para aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección e corte, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e a profundidade. |
A13 |
IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas. |
A37 |
ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas. |
A41 |
BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B8 |
Visión espacial. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B11 |
Capacidade de análise e síntese. |
B12 |
Toma de decisións. |
B13 |
Imaxinación. |
B14 |
Habilidade gráfica xeral. |
B17 |
Cultura histórica. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas. |
B24 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento e aplicación dos procedementos de deseño para a resolución de proxectos gráficos e aplicacións arquitectónicas. Coñecemento da organización estética e expresiva das artes visuais como punto de partida para a percepción estética do entorno.
A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. |
A13 A37 A41
|
|
|
Manexar os elementos do vocabulario visual para a súa formalización gráfica no soporte adecuado. Manexar técnicas fotográficas como ferramenta visual na exposición de proxectos gráficos e arquitectónicos.
A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. |
A10
|
B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
|
Manexar técnicas fotográficas como ferramenta visual na exposición de proxectos gráficos e arquitectónicos. Saber aplicar as ferramentas informáticas adecuadas a cada proxecto gráfico.
A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. |
|
B1 B2 B3 B7 B17 B20 B22 B24
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1: COMUNICACION VISUAL |
Tema 1: Comunicacion visual na actualidade.
Tema 2: As artes visuais. Concepto. O vocabulario visual.
Tema 3: Técnicas de presentación na actualidade: Fotografía, infografías, vídeos, fotomontaxes.
|
2: IMAXE CORPORATIVA. DESEÑO DE PROGRAMAS. |
Tema 4: Imaxe corporativa. Deseño de programas.
Tema 5: Imaxe corporativa na Arquitectura.
Tema 6: Grafismo ambiental.
|
3: TEORIA E PRACTICA DA SEÑALETICA. |
Tema 7: Teoría e práctica da señalética.
Tema 8: Linguaxe señalético.
Tema 9: A cor señalético. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A37 A41 B24 |
9 |
0 |
9 |
Seminario |
B9 B10 B12 |
16 |
0 |
16 |
Traballos tutelados |
A10 A13 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B13 B17 B22 |
0 |
80 |
80 |
Proba obxectiva |
B14 |
0 |
1 |
1 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
B1 B20 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Presentación oral |
B7 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase teórica dunha hora de duración, impartida con soporte informático, onde se desenvolven os contidos do programa da materia, para a súa utilización nas prácticas propostas. |
Seminario |
Seminario por bloque de traballo: Clase expositiva por parte dos grupos de traballo, onde se mostrará a solución adoptada ao apartado correspondente do traballo tutorado. Exponse unha quenda de comentarios, onde participa o resto de grupos, sobre os aspectos do traballo que previamente se definiron.
|
Traballos tutelados |
Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial.
|
Proba obxectiva |
Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Outras actividades complementarias na formación do alumno constituídas por asistencia a conferencias, charlas, exposicións, etc. |
Presentación oral |
Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atencion concíbese como momentos presenciais de traballo do alumno co profesor en forma de tutorías en grupos moi reducidos e en tutorias individualizadas que se realizarán nas horas establecidas para ese efecto no calendario de tutorías xerais do profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
B14 |
É unha proba teórico/práctica que se utiliza para a evaluacion da aprendizaxe individual do alumno. |
30 |
Traballos tutelados |
A10 A13 B2 B3 B4 B5 B8 B11 B13 B17 B22 |
Realízase durante todo o semestre nos horarios facilitados ao alumno e cunha periodicidade tal que permita o seguimento e correción da práctica exposta. |
60 |
Presentación oral |
B7 |
É unha presentación por parte dos alumnos do traballo realizado durante o semestre. |
10 |
|
Observacións avaliación |
En relación ao artigo 7 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou con modalidades específicas de aprendizax,e e en apoio á mobilidade, adaptaránse a docencia e os traballos tutelados así como as probas e exames de avaliación. Primeira oportunidade: A cualificación final responderá aos criterios porcentuais establecidos segundo as metodoloxias de avaliación. Dado o caracter de avaliacion continua da materia, a asistencia do alumno debe superar o 80 % das horas lectivas. Non se cualificarán, en ningun caso, os traballos tutelados que non tivesen o seguimento e control exigido. Segunda oportunidade: Non se permite presentarse á segunda oportunidade, aos alumnos que non cumplan os requisitos de asistencia e realizacion dos traballos requeridos para a primeira oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cohen, David (2012). A visual language : [elements of design] / David Cohen & Scott Anderson. London : Herbert Press
Martínez-Val, Juan. (2004). Comunicación en el diseño gráfico : la lógica de los mensajes visuales en diseño, publicidad e Internet. Madrid : Laberinto
edited by Mathieu Lommen (2012). The book of books : 500 years of graphic innovation/. London : Thames & Hudson
Heller, Steven (2012). Cien ideas que cambiaron el diseño gráfico. Barcelona : Blume
González Romano, José Mariano (2001). Diseño de páginas web iniciación y referencia . Madrid : McGraw-Hill
Mariño Campos, Ramón (2007). Diseño de páginas web y diseño gráfico : metodologías para la implementación de sitios web y para el diseño gráfico. Vigo : Ideaspropias
Hess, Jay (2010). Diseño gráfico para moda . Barcelona : Acanto
Landa, Robin (2010). Diseño gráfico y publicidad : fundamentos y soluciones. Madrid : Anaya Multimedia
Knobler, Nathan (1970). El diálogo visual. Introducción a la apreciación del arte. Aguilar
Satué, Enric (2012). El diseño gráfico desde los orígenes hasta nuestros días. Madrid : Alianza
Satué, Enric (1977). El diseño gráfico en España. Historia de una forma comunicativa nueva. Alianza Editorial
Poulin, Richard (2012). El lenguaje del diseño gráfico: conocimiento y aplicación práctica de los principios fundamentales del diseño. Barcelona ; Promopress
Skolos, Nancy (2012). El proceso del diseño gráfico: del problema a la solución. Barcelona : Blume
Gerritsen, Frans (1988). Evolution in color. Pennsylvania : Schiffer,
Müller-Brockmann, Josef, 1914-1996. (1998). Historia de la comunicación visual. México : Gustavo Gili
Meggs, Philip B. (1991 (2000 reimp.)). Historia del diseño gráfico. México : Trillas
Meggs, Philip B (2009). Historia del diseño gráfico . Barcelona : RM
Bastos de Quadros Junior, Itanel (2009). Las páginas web : un nuevo campo del diseño gráfico. La Laguna : Universidad de La Laguna
Costa, Joan (2013). Los 5 pilares del branding : anatomía de la marca. Barcelona : CPC
Gil, Emilio (2007). Pioneros del diseño gráfico en España . Barcelona : Index Book
Twemlow, Alice (2007). ¿Qué es el diseño gráfico? : manual de diseño. Barcelona : GG |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|