Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Informática Código 631G01110
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Porta Trinidad, Juan
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
juan.porta@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación.

Ademais, se temos en conta a progresiva informatización e automatización experimentada polos buques nestes últimos anos, pódese comprender que as competencias adquiridas nesta materia tamén serán de gran importancia para o desenvolvemento da profesión dos futuros titulados en Náutica.

Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as demais, garda unha estreita relación coas Matemáticas e a Física (resolución de problemas, representación gráfica de resultados e interpretación), o Debuxo (CAD), a Electricidade e Electrónica (codificación da información, lóxica binaria, hardware), Economía (xestión de proxectos e resolución de problemas de investigación operativa con ferramentas informáticas), Navegación (cartografía) e Regulamentos e Sinais (planificación de viaxes).

Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, ...) atópase neste idioma.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A7 Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A14 Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación.
A16 Manter a seguridade da navegación utilizando o radar, a ARPA e os modernos sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A37 Usar correctamente os diferentes aparatos de navegación e radiocomunicacións.
A49 Conocimiento y destreza en el manejo de los equipos y sistemas de navegación, radiocomunicaciones y servicio de control del tráfico marítimo.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B19 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C9 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer cómo se garda e manipula a información nunha computadora B2
B8
B12
Evaluar expresións lóxicas usando o álxebra de Boole B2
B8
Identificar as diferentes compoñentes hardware dunha computadora A7
B8
B12
Ser capaz de ensamblar unha computadora a partires das suas compoñentes A7
B2
B6
B10
B11
Ser capaz de instalar varios Sistemas Operativos e aplicacións software nunha computadora A7
B2
B6
B10
B11
Ser capaz de instalar e configurar unha rede wi-fi A7
B2
B6
B10
B11
Deseñar correctamente as táboas dunha Base de Datos B6
B8
B12
B19
C3
C13
Ser capaz de efectuar diferentes tipos de consultas nunha Base de Datos B2
B6
B8
B10
B11
B19
C3
C6
Coñecer o funcionamento básico e as utilidades das follas de cálculo B8
B12
B19
C3
C13
Ser capaz de programar unha folla de cálculo para resolver diferentes tipos de problemas matemáticos B2
B5
B8
B10
B11
B19
C3
C5
C6
C9
Ser capaz de representar gráficamente e interpretar os resultados dunha folla de cálculo B2
B5
B8
B10
B11
B19
C3
C9
Ser capaz de configurar e manexar un Sistema de Información e Visualización de Cartas Electrónicas (SIVCE/ECDIS) A16
A37
A49
B12
B19
C3
Coñecer o sistema de balizamento da IALA A10
Ser capaz de planificar unha derrota usando cartas electrónicas A10
A14
B2
B6
B8
B10
B11
B12
B19
C3
C6
Ser capaz de determinar a situación nunha carta electrónica usando distintos métodos A14
A16
A37
A49
B2
B6
B8
B10
B11
B19
C3
C5
C6
Coñecer os aspectos básicos dos Sistemas de Información Xeográfica e os estándares dos servicios OGC que garanten a interoperabilidad entre sistemas. B12
B19
C3
C9
C13
Ser capaz de usar ferramentas informáticas SIX nas que incorporar capas de información de utilidade tanto para a navegación como para a xestión no eido marítimo B2
B5
B8
B10
B11
B12
B19
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. CODIFICACION 1.1. INTRODUCCION
1.2. NUMEROS DECIMAIS
1.3. NUMEROS BINARIOS
1.4. CONVERSION DECIMAL-BINARIO
1.5. REPRESENTACION DE NUMEROS NEGATIVOS
1.6. NUMEROS HEXADECIMAIS
1.7. CODIGO DECIMAL BINARIO (BCD)
1.8. CODIGOS ALFANUMERICOS
1.9. CODIGOS DE PARIDADE
2. LOXICA BINARIA 2.1. ALXEBRA DE BOOLE
2.2. FUNCIONS DIXITAIS BINARIAS
2.3. TABOAS DE VERDADE
2.4. PORTAS LOXICAS BASICAS
2.5. LOXICA PROPOSICIONAL
3. HARDWARE 3.1. UNIDADES FUNCIONAIS BASICAS
3.2. PLACA BASE
3.3. CPU
3.4. MEMORIA
3.5. SISTEMA DE INTERCONEXIÓN: BUSES
3.6. REDES
4. SISTEMAS OPERATIVOS 4.1. INTRODUCCION
4.2. PROCESOS E XESTION DO PROCESADOR
4.3. ADMINISTRACION DA MEMORIA
4.4. SISTEMAS DE ARQUIVOS
4.5. ENTRADA/SAIDA
5. BASES DE DATOS 5.1. INTRODUCCION
5.1. MODELO E-R
5.2. MODELO RELACIONAL
5.3. S.G.B.D.
5.4. TABOAS
5.5. CONSULTAS
5.6. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
6. FOLLA DE CALCULO 6.1. INTRODUCCION
6.2. FILAS E COLUMNAS
6.3. TIPOS DE DATOS
6.4. FORMATOS
6.5. FORMULAS
6.6. REFERENCIAS
6.7. FUNCIONS
6.8. GRAFICOS
6.9. RESOLUCION DE PROBLEMAS DE I.O.
6.10. APLICACION AO MUNDO MARITIMO
7. NAVEGACIÓN 7.1. SIVCE/ECDIS
7.2. PUBLICACIÓNS NÁUTICAS
7.3. CARTAS NÁUTICAS
7.4. DERROTA
7.5. BALIZAMENTO IALA
7.6. EXERCICIO PRÁCTICO
8. SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA 8.1. INTRODUCCIÓN AOS SIX
8.2. SERVICIOS DA OGC
8.3. SOFTWARE SIX
8.4. CASOS PRÁCTICOS CON APLICACIÓN Á NAVEGACIÓN MARÍTIMA
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B8 B12 C13 24 36 60
Prácticas de laboratorio A7 B6 B10 B11 B12 B19 C3 9 0 9
Solución de problemas B2 B5 B19 2 6 8
Traballos tutelados B6 B8 B10 B11 B12 B19 C3 C9 C13 2 6 8
Presentación oral B2 B5 B10 B11 B12 B19 C3 C5 C6 C9 3 6 9
Prácticas a través de TIC A14 A16 A37 A49 B2 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B19 C3 C5 C6 C9 C13 14 42 56
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introdutoria dos contidos de cada tema. Proporcionaránselle ao alumnado ou ben materiais ou ben indicacións de como consultar fontes adicionais para profundizar no estudo do tema. Os conceptos básicos serán traballados individualmente polo alumno no aula contando coa asistencia do profesor e utilizando exercícios ou tutoriais que este previamente terá preparados na plataforma de aprendizaxe da universidade.
Prácticas de laboratorio Unha vez tratados os temas de Hardware e Sistemas Operativos, o alumnado deberá poñer en práctica os coñecementos teóricos adquiridos, para o que deberán ensambar equipos informáticos, instalar distintos S.O., e configurar un S.O. e unha rede wi-fi. Estas prácticas levaránse a cabo nun laboratorio (taller de montaxe).
Solución de problemas As clases maxistrais dos 2 primeiros temas combinaránse coa resolución de problemas escritos no aula, debatindo as solucións co alumnado para afianzar os coñecementos matemáticos nos que se basea o funcionamento das computadoras.
Traballos tutelados Proporase ao alumnado o desenvolvemento dun traballo en equipo tutelado sobre o hardware dos ordenadores, co obxetivo de profundizar na aprendizaxe deste tema, incidindo especialmente nos últimos desenrolos postos no mercado.
Presentación oral Exposición do traballo tutelado na clase diante dos compañeiros.
Prácticas a través de TIC Proporánse ao alumnado exercicios prácticos para adquirir as destrezas necesarias no uso de determinadas aplicacións informáticas útiles para o desenrolo da sua profesión no ámbito marítimo, de modo que o alumnado terá que poñer en práctica os coñecementos adquiridos e comprobar que estos permítenlle resolver problemas reais. Estas prácticas levaránse a cabo nun Aula de Informática.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Presentación oral
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir ao alumnado na realización dos problemas propostos e para as prácticas no Aula de Informática.

Realizarase no despacho do profesor nos horarios de titorías establecido a comezo de curso e posto en coñecemento do alumnado polos medios apropiados no centro e na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Ademais o profesor tamén poderá resolver as dúbidas recibidas por medios electrónicos como correo electrónico ou foros creados a tal efecto na plataforma de teleaprendizaxe da universidade.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B8 B10 B11 B12 B19 C3 C9 C13 Avaliación do desenvolvemento e exposición en clase do traballo sobre hardware proposto polo profesor. 5
Prácticas de laboratorio A7 B6 B10 B11 B12 B19 C3 Avaliación da participación de maneira satisfactoria na ensamblaxe de equipos e instalación de S.O. e redes wi-fi no Laboratorio 10
Presentación oral B2 B5 B10 B11 B12 B19 C3 C5 C6 C9 Se comprobará que o alumno adquiriu os coñecementos teóricos impartidos nas sesións maxistrais, os cales lle deberán permitir resolver problemas similares aos vistos nas clases de problemas e nas prácticas no Aula de Informática. 85
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase a partir de:


  • Exame final de problemas + prácticas en ordenador
  • Prácticas de laboratorio
  • Exposición de traballos

 


  • Primeira oportunidade: para poder aprobar a materia será necesario:

    • Alcanzar como mínimo o 50% da nota máxima nas prácticas de laboratorio.

    • Alcanzar unha Nota total (proba mixta + prácticas + traballos) como mínimo do 50% da nota máxima.

    • Si un alumno non asistise ás prácticas de laboratorio ou non presentase o traballo, non poderá recuperalas na primeira oportunidade.


     


  • Segunda oportunidade: Nesta oportunidade:


    • Non se terán en conta as notas obtidas nas prácticas de laboratorio nin no traballo.

    • Se permitirá recuperar o 100% da calificación, incluindo as prácticas de laboratorio e traballos.


 


  • Os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán escoller os grupos de prácticas de laboratorio que mellor se axusten aos seus horarios.
Os criterios de avaliación contemprados no cadro A-II/1 do Código STCW e recollido no Sistema de Garantía de Calidade teránse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica Borruel, F. (2002). Access 2000. Madrid
Ujaldón, M. (2001). Arquitectura del PC. Madrid
Prieto, A. (2005). Conceptos de informática. Madrid
Floyd, T.L. (2006). Fundamentos de Sistemas Digitales. Madrid
Longley P, Goodchild M, Maguire D, Rhind D. (2001). Geographic Information Systems and Science. John Wiley & Sons
Rodríguez, J. (2001). Microsoft Excel 2002. Iniciación y referencia. Madrid
Delgado J.M., Paz F. (2009). OpenOffice.org 3.0. Madrid

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/631G01101
Expresión Gráfica/631G01102
Física/631G01103

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/631G01106
Inglés I/631G01108

Materias que continúan o temario
Economía Marítima/631G01201
Navegación I/631G01202
Electricidade e Electrónica/631G01206
Collision Rules, signals, bouyage system and ISM Code (Reglamento de Abordaxes, Sinales, Sistema de balizamento e Código ISM)/631G01303
Informática Aplicada/631G01501

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías