Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A6 |
CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A13 |
CE13 - Xestión dunha compañía a partir da planificación e control, utilizando conceptos, métodos e ferramentas. |
A14 |
CE14 - Xestionar as operacións da empresa. |
A15 |
CE15 - Xestionar os recursos financeiros. |
A16 |
CE16 - Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial. |
A17 |
CE17 - Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial. |
A18 |
CE18 - Identificar as características dunha organización. |
A19 |
CE19 - Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante. |
A22 |
CE22 - Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións. |
A24 |
CE24 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado como non especializado. |
|
B2 B4 B6 B14
|
C1 C4
|
Elaborar informes profesionais. |
A2
|
B5 B6 B9
|
C1 C5
|
Reflexionar de forma crítica sobre o desenvolvemento profesional e establecer necesidades propias de formación. |
A1
|
B5 B6 B9
|
C5 C7
|
Buscar e sintetizar información relevante sobre o contorno da empresa. |
A6 A16 A17 A24
|
B3 B6 B7 B8 B12 B13
|
C2 C3 C6
|
Desenvolver estratexias competitivas e corporativas co fin de alcanzar os obxectivos da organización. |
A5 A9 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A19 A24
|
B1 B6 B8 B10 B11 B12
|
C4 C6 C8
|
Describir os principios e os modelos básicos do deseño organizativo. |
A3 A16 A18
|
B6
|
|
Describir os principais mecanismos de incentivos nas diferentes configuracións estruturais e valorar o seu funcionamento. |
A13 A16 A22
|
B6
|
|
Analizar e experimentar os procesos de toma de decisións individuais e en grupo. |
A9
|
B11 B14
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. ANÁLISE ESTRATÉXICA DAS ORGANIZACIÓNS. |
- Marco conceptual básico da dirección estrátegica.
- Análise estrátegico interno e da contorna.
- Niveis de estratexia.
|
Bloque II. TEORÍA DE LA AGENCIA |
- Fundamentos teoría da axencia.
- Problemas de axencia.
- Conflito de incentivos e contratos. |
Bloque III. FUNDAMENTOS DA ESTRUTURA DAS ORGANIZACIÓNS |
- Principios de deseño organizativo.
- Mecanismos de coordinación.
- Configuracións estruturais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 A11 A13 A16 A18 A22 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C6 C8 |
17 |
0 |
17 |
Proba oral |
A1 A14 A15 A16 A17 A19 A24 B3 B5 C7 |
16 |
18.5 |
34.5 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A6 A9 A11 A12 |
10 |
15 |
25 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 |
1 |
62.5 |
63.5 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Proba oral |
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas curtas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoar (argumentar, relacionar, etc), creatividade e espírito crítico. |
Análise de fontes documentais |
Procura e análise de datos relevantes para profundar nos conceptos da materia utilizajndo as novas tecnoloxías da información. |
Proba obxectiva |
Exame final. O exame final componse de preguntas "abertas". |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Proba oral |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
Adaptación das metodoloxías ás circunstancias particulares de cada grupo de referencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba oral |
A1 A14 A15 A16 A17 A19 A24 B3 B5 C7 |
Proba na que o alumno/a, de forma oral, debe dar respuestaa preguntas curtas ou de certa amplitude para valorar os seus coñecementos. |
10 |
Proba obxectiva |
B1 B2 B4 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 |
Exame final da materia tipo test. |
70 |
Análise de fontes documentais |
A2 A5 A6 A9 A11 A12 |
Uso de fontes de información adecuadas. Cada grupo debera expor en clase algún tema ou epígrafe da materia profundando no mesmo. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos na valoración global (Nota global=70%puntuación obtida na proba obxectiva + 20% nota obtida na análise de fontes documentais + 10% nota obtida na proba oral). Con relación á proba oral, cada alumno/á o longo do curso terá varias intervencións -o número de intervencións non está fixado de antemán. As preguntas orais que se formulen aos alumnos/as poderán ter lugar calquera día da semana que estime a profesora, sen necesidade de previo aviso, e en cada sesión intervirán varios alumnos/as chamados pola profesora. No caso de que a profesora chame a alumno/a e este alumno/a non se atope na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero. Tanto as probas orais como a análise de fontes documentales realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fose do periodo lectivo. ALUMNOS/AS CON DEDICACIÓN A tempo parcial E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA A avaliación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos/as con dedicación a tempo completo. Ao comezo do curso estes/as alumnos/as dirixiranse ao profesorado para fixar un calendario de actuacións específico de acordo coa súa disponibilidad para que deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE Para os/as alumnos/as que se presenten á convocatoria adiantada de novembro, a avaliación só se fará a partir dunha proba obxectiva e para aprobar necesitarán alcanzar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que se refire á 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos que os da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida arrástrase para formar a nota final. A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamiento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero no exame (tanto na primeira oportunidade como en xullo)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Grant, Robert M. (2004). Dirección estratégica. Madrid: Thomson Civitas
Navas López, J. E.; Guerras Martín, L. A. (2016). Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. Navarra: Thomson Reuters Civitas
Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Barcelona: Ariel |
|
Bibliografía complementaria
|
Kates, A., Galbraith, J.R. (2007). Designing your organization. San Francisco, CA: Wiley
Brickley, J., Smith, C., Zimmerman, J. (2005). Economía Empresarial y Arquitectura de las Organizaciones. . Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España
Douma, S.; Schreuder, H. (2009). Enfoques económicos para el análisis de las organizaciones. Madrid: Pearson
Gibbons, R. (2005). Four Formal(izable) Theories of the Firm? . Journal of Economic Behavior and Organization 58: 202-247.
Cuervo García, A. (2008). Introducción a la administración de empresas. Madrid : Thomson Civitas
Claver Cortés, E. et al. (1998 (imp. 2007)). Manual de administración de empresas. Madrid : Civitas
Gibbons, R. (2010). Organizational Economics and Corporate Strategy, Lectures 1 & 2. . MBA Course 15.903 at the MIT Sloan School of Management. Available at: http://web.mit.edu/rg
Lazear, E. (2000). Performance Pay and Productivity.. American Economic Review 90: 1346-61.
Chermack, T.J. (2011). Scenario Planning in Organizations. San Francisco, CA: Berrett-Koehler Publishers
Gibbons, R. (2003). Team Theory, Garbage Cans, and Real Organizations: Some History and Prospects of Economic Research on Decision-Making in Organizations. . Industrial and Corporate Change 12: 753-87.
Coase, R. (1937). The Nature of the Firm.. Economica, 4: 386-405
Williamson, O. (1979). Transaction Cost Economics: The Governance of Contractual Relations.. Journal of Law and Economics 22: 233-61. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/650G01002 | Economía da Empresa: Función Organizativa/650G01003 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Economía e Xestión da Empresa Familiar/650G01040 |
|
|