Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación. |
A9 |
Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa |
A11 |
Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares |
B1 |
Capacidade de creatividade e innovación |
B5 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita |
B7 |
Traballar de forma colaborativa |
B8 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional |
B10 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B11 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B12 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as estratexias e os procedementos que capaciten ao alumnado para o deseño de probas diagnósticas no campo das dificultades de aprendizaxe. |
AP6 AP9
|
BM1 BM5 BM7 BM8 BM10
|
|
Saber interpretar os resultados obtidos nas probas diagnósticas que se aplican ao campo das dificultades de aprendizaxe. |
AP6 AP9 AP11
|
BM5 BM7 BM8 BM11 BM12
|
CM1 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico: diagnóstico das dificultades de aprendizaxe e atención á diversidade.
|
1.1. Definición de conceptos: avaliación e diagnóstico.
1.2. Enfoques de avaliación.
1.3. Diagnóstico: Procedemento xeral e específico |
Tema 2. Deseño de probas diagnósticas e instrumentos. |
2.1. O diagnóstico cualitativo e cuantitativo: integración de procedementos.
2.2. Tipos de instrumentos: vantaxes, inconvintes, validez e fiabilidade.
2.3. Consideracións sobre a selección de instrumentos para o diagnóstico e a avaliación. |
Tema 3. Interpretación de resultados e informe final |
3.1. Interpretación dos resultados de probas diagnósticas.
3.2. Redacción do informe final.
3.3. A presentación dos resultados.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A9 A11 B11 |
7 |
0 |
7 |
Actividades iniciais |
B1 B5 B8 B10 C6 C1 |
2 |
2 |
4 |
Análise de fontes documentais |
A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 |
2 |
8 |
10 |
Estudo de casos |
A9 B5 B10 B11 B12 C6 |
6 |
15 |
21 |
Proba obxectiva |
A6 B5 B10 B11 B12 C6 C1 |
2 |
20 |
22 |
Aprendizaxe colaborativa |
A9 B1 B7 B8 B10 B11 C6 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Actividades iniciais |
Actividade que se desenvolverá antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao deseño e interpretación de probas diagnósticas. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Análise de fontes documentais |
O alumnado realizará unha análise de documentos relevantes que amplíen a comprensión de conceptos básicos da materia e permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre o deseño e a interpretación de probas diagnósticas.
Esta actividade desenvolverase en grupos de traballo (número segundo o número de alumnado), desenvolvéndose en cada grupo unha temática específica. |
Estudo de casos |
Mediante esta metodoloxía, o alumnado é exposto a enfrontarse ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través de un proceso de discusión. Trátase dun problema concreto, unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Proba obxectiva |
Proba escrita para a avaliación dos coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
Poderase combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Análise de fontes documentais |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Nestas actividades, os grupos disporán de 1h. de atención personalizada na aula para resolver as dúbidas que poidan xurdir durante o manexo de fontes e a resolución de problemas prácticos.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A6 A11 B5 B7 B11 C1 C6 |
Valorarase segundo os seguintes criterios:
1. Riqueza bibliográfica (número de referencias e estudios manexados, revistas de calidade, referencias recentes, principalmente dos últimos 5 anos, bases de datos estranxeiras e nacionais).
2. Capacidade de síntese e precisión na narración escrita.
3. Utilización adecuada das Normas APA 6ª ed.
A actividade levarase a cabo en grupos.
|
20 |
Proba obxectiva |
A6 B5 B10 B11 B12 C6 C1 |
Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. |
50 |
Estudo de casos |
A9 B5 B10 B11 B12 C6 |
O caso ou casos traballados serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.
Terase en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para que o alumnado poida ser avaliado segundo a planificación anterior, débese ter unha asistencia do 80% ás clases.
- Alumnado asistente: Para aprobar a materia deberán ter superada cada unha das partes (análise de fontes documentais, estudo de caso, proba obxectiva); isto é, esto es: 1 sobre 2 en análise de fontes documentais, un 1.5 sobre 3 en estudo de casos y un 2.5 sobre 5 na proba obxectiva.
- Alumnado non asistente: O alumnado que non cumpra o criterio do 80% de asistencia, deberá realizar as actividades prácticas (análise de fontes documentais e estudo de casos) de modo autónomo, e será avaliado mediante unha proba obxectiva na que se incluirán contidos relacionados coas ditas actividades prácticas. Esta proba suporá o 100% da cualificación final, e deberá acadar o 50% da nota para aprobar (é dicir, un 5 sobre 10).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
de Campo Adrían, M. E. (2002). Casos prácticos de dificultades de aprendizaje y necesidades educativas especiales: Diagnótico e intervención psicoeducativa. Madrid: Sanz y Torres
Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Madrid: Sanz y Torres
Marí Molla, R. (2001). Diagnóstico pedagógico: Un modelo para la intervención psicopedagógica. Madrid: Ariel Educación
Romero Pérez, J.F. y Lavigne Cerván, R. (2005). Dificultades en el aprendizaje: Unificación de criterios diagnósticos (Vol. I). Andalucía: Junta de Andalucía
Romero Pérez, J.F. y Lavigne Cerván, R. (2006). Dificultades en el aprendizaje: Unificación de criterios diagnósticos (Vol. II). Andalucía: Junta de Andalucía
Ayala Flores, Carlos Luis (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos: de la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Madrid: Síntesis
Anaya Nieto, D. (1994). Introducción al diagnóstico en orientación. Madrid: Sanz y Torres
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|