Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A10 |
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sustentan a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas. |
A12 |
E12 - Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas. |
A13 |
E13 - Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos. |
A14 |
E14 - Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertinencia para a resolución de problemas concretos. |
A15 |
E15 - Identificar criterios de calidade e control tanto na investigación como na práctica docente, fomentando o espírito crítico, reflexivo e innovador. |
A16 |
E16 - Deseñar, xustificar, organizar e avaliar propostas para a investigación e a innovación no ámbito das Didácticas Específicas. |
A17 |
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e doutra índole, para mellorar o ensino e aprendizaxe dos diferentes ámbitos disciplinares. |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B4 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B6 |
G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
B8 |
G3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B11 |
G6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
B13 |
G8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C1 |
T1 - Capacidade de análise e síntese. |
C3 |
T3 - Traballar de forma autónoma e con iniciativa. |
C6 |
T6 - Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares. |
C9 |
T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, a análise de datos e a difusión e comunicación de resultados. |
C12 |
T12 - Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Se atendemos ás competencias, ora xerais ora específicas, principalmente se centrarán na capacidade para resolver problemas, na comunicación oral e escrita na propia lingua, na habilidade no uso das TIC, na capacidade de crítica e autocrítica, no compromiso ético, na capacidade para aprender a traballar de forma autónoma, en comprender e posuír coñecementos, na aplicación de coñecementos, na capacidade de emitir xuízos, na capacidade de comunicar e aptitude social, na habilidade para a aprendizaxe, na adquisición dunha formación básica en instrumentos, técnicas e recursos para a investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura, en aplicar coñecementos básicos na construción de instrumentos de investigación e análise de datos coñecemento e análise do marco epistemolóxico da Didáctica da Lingua e a Literatura, na identificación das liñas de investigación na Didáctica da Lingua e a Literatura: investigación centrada en procesos, metodoloxías, contextos, crenzas e contidos, e no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura. Estaremos, portanto, a destacar os seguintes obxectivos / resultados da aprendizaxe: - coñecer as características e métodos propios da investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura - identificar as principais liñas de investigación nesta Área de Coñecemento - deseñar un proxecto de investigación utilizando unha metodoloxía coherente e adecuada aos obxectivos do estudo - saber describir e contextualizar os problemas específicos relacionados coas metodoloxías de investigación no ámbito das Ciencias Sociais (sen deixar á parte os das Humanidades).
Atenderase ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares innovadores orientados á adquisición das habilidades docentes e de investigación didáctica, á planificación de procesos de elaboración de proxectos interdisciplinares que integren de maneira coherente a identidade curricular das didácticas específicas e á icorporación dos proxectos de innovación, procedemientos e criterios para la avaliación conxunta da actividade docente e a aprendizaxe das diferentes didácticas específicas. |
AM10 AM12 AM13 AM14 AM15 AM16 AM17
|
BM1 BM4 BM6 BM8 BM11 BM13
|
CM1 CM3 CM6 CM9 CM12
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICA E LITERARIA
2. INNOVACIÓN PARA UN MELLORAMENTO DO PROCESO EDUCATIVO EN EDUCACIÓN LINGÜÍSTICO-LITERARIA |
1. 1. Conceptualización, características e paradigmas. Principais liñas e ámbitos de investigación
2. 1. Conceptos fundamentais en innovación educativa. Modelos e tendencias. Análise de prácticas efectivas e deseño de ferramentas e recursos de innovación |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
7 |
20 |
27 |
Traballos tutelados |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
11 |
16 |
27 |
Actividades iniciais |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
3 |
13 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Trátase de presentar a cadeira através do significado da Área e o achegamento bibliográfico, que se ofrecerá, atendendo ás necesidades do alumnado, nas sesións aulares |
Traballos tutelados |
Procurarase, através de debates, postas en común, exposicións e/ou participacións activas, que o grupo se implique e descubra o significado da investigación en DLL galega |
Actividades iniciais |
Ofrecerase un abano amplio para que os alumnos e alumnas elixan o que queren facer, propóndolles a realización dun ou varios traballos que se deberán expor publicamente nas aulas |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Actividades iniciais |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Actividades iniciais con traballo bibliográfico e análise de fontes de información. Discusión e desenvolvemento das liñas que rexen no ámbito da DLL, especial e loxicamente no espazo da cultura galega
Traballos titorizados que o propio alumnado decida construír, coa axuda e a guía do docente, que lles proporcionará bibliografía e pautas para o seu desenvolvemento
Aprendizaxe colaborativa através de postas en común, exposicións, discusións e traballos de baleirado de información, resumos e traballos puntuais
Por outra parte, dado que a asistencia é un deber e obriga do alumnado, non se permitirá a dispensa de asistencia ás aulas e valorarase a asistencia e o interese aular |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Actividades iniciais |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
Realización de traballos titorizados a respecto de resumos, consultas e realización de proxectos que lles poidan ser de interese ao alumnado. Neste sentido, trazarase e acordarase co grupo que tipo de traballos se realizarán, ofrecéndolles variedade e atendendo ás súas necesidades e/ou gustos |
60 |
Aprendizaxe colaborativa |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
Consulta e baleirado de fontes bibliográficas e presentación do que é o mundo da investigación en DLL galega |
20 |
Traballos tutelados |
A10 A12 A13 A14 A15 A16 A17 B1 B4 B6 B8 B11 B13 C1 C3 C6 C9 C12 |
Postas en escena e postas en común, participación aular e demostración de enteireza á hora de afrontar unha sesión aular |
60 |
|
Observacións avaliación |
Consistirá na asistencia ás aulas, na participación aular e na realización dun traballo de investigación ou ben unha proba exame. Sobre disto informarase no primeiro día de aulas. Valorarase, portanto, a participación e a asistencia ás aulas, non estando admitida a dispensa total ás aulas. Xa que logo, para aprobar só se poderá faltar a un 20% das sesións
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía de consulta, amais de descubrila nas aulas, entregarase durante o primeiro día e irase descubrindo ao longo das aulas. Loxicamente, partirase das propias investigacións do docente no ámbito da DLL |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Atenderase especialmente aos conceptos de interdisciplinariedade e investigación no ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades |
|