Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Intervención Didáctica en Espazos Culturais  Código 652534020
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Web
Descrición xeral Na educación regrada e nos ámbitos da educación non regrada estase a dar un incremento das relacións entre docentes/educadores e os contextos culturais de diferentes ámbitos, nun diálogo enriquecedor que se nos ofrece como interesante potencial educativo.
Ademais, constitúen un importante xacemento de emprego con novas figuras profesionais e especificamente aquelas relacionadas co ensino non regrado e co ámbito da comunicación dos coñecementos sociais e culturais.
O coñecemento destes espazos culturais e a activación de recursos didácticos en relación con eles, é o eixo principal desta materia, caracterizada por unha orientación práctica e vivencial.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e identificar os espazos culturais e o seu potencial educativo en diferentes contextos. AM1
BM12
CM8
Familiarizarse cos diferentes ámbitos dos espazos culturais dende unha perspectiva interdisciplinar e integradora. AM2
BM2
BM9
Experimentar e vivenciar situacións e procesos de aprendizaxe en relación cos espazos culturais e desenvolver as capacidades emocionais e creativas. CM4
CM6
CM7
Coñecer, analizar e avaliar experiencias e propostas innovadoras nos ámbitos da Educación Infantil e Primaria. AM6
AM9
AM15
CM1
CM11
CM13
Ser capaz de deseñar propostas didácticas para diferentes niveis da Educación Infantil e Primaria coherentes e innovadoras aplicando os coñecementos adquiridos en diferentes contextos educativos. AM3
AM7
BM1
BM4
BM6
Identificar o espazo físico do ámbito virtual e coñecer as interrelacións entre ambos planos. AM8
BM11
BM13
CM10

Contidos
Temas Subtemas
A comprensión do espazo. · O espazo conceptualizado e vivenciado polo ser humano.
· Diversificación do espazo e espazos culturais.
A pedagoxía dos espazos. · Do espazo vivido e comprendido ao espazo para a didáctica.
· Espazos culturais como recursos e ferramentas didácticas.
· Os espazos culturais e as súas relacións cos contextos educativos.
· Potencialidade didáctica dos espazos culturais: da vivencia á proposta.
· A perspectiva transdisciplinar.
· Experiencias e propostas didácticas en espazos culturais: análise de experiencias e perspectivas de acción para a súa implementación na Educación Infantil e Primaria.
Espazo físico e ámbito virtual. · Os espazos culturais físicos e a súa vixencia.
· os espazos culturais virtuais e o seu potencial.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 B12 C8 1 0 1
Análise de fontes documentais A6 A15 1 1 2
Aprendizaxe colaborativa C4 2 3.5 5.5
Obradoiro A8 B1 C1 3 6 9
Saídas de campo A2 B2 B9 C7 C13 8.5 17 25.5
Sesión maxistral A1 B11 C11 C10 6 12 18
Traballos tutelados A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 3 9 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Análise de fontes documentais Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais.
Aprendizaxe colaborativa Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única.
Obradoiro Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora.
Saídas de campo Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato.
Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva.
Traballos tutelados A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados conlevan unha atención personalizada nas titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse por parellas, quedando ao criterio da docente a posibilidade de realizalos individualmente.
50
Sesión maxistral A1 B11 C11 C10 Realizarase unha proba simple, individual, no que o alumnado demostre a comprensión e asimilación dos contidos básicos tratados. 10
Saídas de campo A2 B2 B9 C7 C13 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
 
Observacións avaliación
<p>O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.</p><p>Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación.</p><p>O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia. </p>

Fontes de información
Bibliografía básica Cifre- Mas, J. e Adrover J. M. (2012). Aprender a través de los ambientes. Una propuesta para una escuela activa y competencial. . Aula de Innovación Educativa. Aula de espacios y tiempos
Rivero, Pilar (2006). Didáctica de las Ciencias Sociales fuera de la escuela: competencias para una mayor empleabilidad.. Barcelona: IV Congrés Internacional Docència Universitària Innovació &quot;La competència docent
Calaf Masachs, R. (2009). Didáctica del patrimonio: epistemología, metodología y estudio de casos.. Asturias: Trea
Hernández Carretero, A. M. (2010). El valor del paisaje cultural como estrategia didáctica.. Tejuelo, 9
Fontal Merillas, O., Gómez-Redondo, C. (2015). Evaluación de programas educativos que abordan los procesos de patrimonialización.. Didáctica de las ciencias experimentales y sociales
Estepa Giménez, J. (2013). La educación patrimonial en la escuela y el museo: investigación y experiencias.. Huelva: Servicio de Publicaciones Universidad de Huelva
Escribano-Miralles, A. y Molina, S. (2015). La importancia de las salidas escolares y museos en la enseñanza de las ciencias sociales en Educación Infantil. Análisis de un caso a partir del modelo CIPP.. Clío: History and History Teaching
Asensio, M. e Pol, E. (2002). Nuevos escenarios en educación. Aprendizaje informal sobre el patrimonio, los museos y la ciudad. . Buenos Aires: Aique
Liceras Ruiz, A. (2003). Observar e interpretar el paisaje. Estrategias didácticas. . Granada: Grupo Editorial Universitario.
https://vtshome.org/
http://museobelasartescoruna.xunta.gal/

http://istoenormal.org/gl/

http://www.fundacionnaturgy.org/mac/
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías