Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento. |
A6 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe. |
A7 |
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. |
A8 |
Coñecer os fundamentos da educación primaria. |
A10 |
Coñecer a evolución histórica do sistema educativo no noso país e os condicionantes políticos e lexislativos da actividade educativa. |
A12 |
Abordar e resolver problemas de disciplina. |
A13 |
Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais. |
A14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. |
A15 |
Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais. |
A23 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A56 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes aos estudantes. |
A57 |
Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social desde a educación física. |
A58 |
Coñecer o currículo escolar da educación física. |
A59 |
Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fóra da escola. |
A60 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes. |
A61 |
Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma. |
A62 |
Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia. |
A63 |
Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias. |
A64 |
Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. |
A65 |
Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B11 |
Capacidade de comprensión dos distintos códigos audiovisuais e multimedia e manexo das ferramentas informáticas. |
B12 |
Capacidade de selección, de análise, de avaliación e de utilización de distintos recursos na rede e multimedia. |
B13 |
Lectura e interpretación de imaxes. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B16 |
Capacidade crítica e creativa na análise, planificación e realización de tarefas, como froito dun pensamento flexible e diverxente. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B19 |
Capacidade de adaptarse a novas situacións nunha sociedade cambiante e plural. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a terminoloxía básica e os conceptos elementais da expresión corporal así como recoñecer as distintas adaptacións curriculares aplicadas nos alumnos con dificultades a nivel motor, psíquico e social. |
A4 A6 A57 A58
|
|
|
Analizar e experimentar os beneficios das prácticas de expresión corporal nos alumnos sen e con necesidades educativas especiais. |
A6 A12 A13 A14 A23 A57 A59 A60 A62 A64 A65
|
B6 B14 B17
|
C4 C6
|
Experimentar as distintas posibilidades de movemento do corpo como elemento de expresión e comunicación. |
A8 A13 A14 A57 A58 A60 A62 A64 A65
|
B1 B17
|
|
Capacitar ao alumno para o deseño e creación de propostas educativas de expresión corporal e confección de adaptacións individuais curriculares necesarias en nenos con N.E.E. |
A13 A56 A58 A60 A61 A63 A65
|
B1 B3 B11 B14 B15 B16 B17 B18 B19
|
C3 C4
|
Fomentar a actitude de análise crítica da información extraída sobre a concepción do modelo de corpo dominante nos medios de comunicación e na sociedade actual, ademais de analizar as barreiras arquitectónicas que dificultan as posibilidades do movemento. |
A7 A10 A13 A14 A15 A23
|
B12 B13 B14 B15 B16
|
C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Marco histórico e conceptual da Expresión Corporal. |
-
|
TEMA 2. A Expresión Corporal como contido de Educación Física en Educación Primaria. |
-
|
TEMA 3. A Expresión Corporal e as súas implicacións didácticas. |
-
|
TEMA 4. As adaptacións curriculares para os alumnos con necesidades educativas especiais na Expresión Corporal. |
- |
TEMA 5. Propostas prácticas de intervención para o traballo de Expresión Corporal en Educación Primaria. |
- |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A23 A57 B13 C4 |
2 |
0 |
2 |
Proba de resposta breve |
A4 A7 A8 A58 A64 |
1 |
4.5 |
5.5 |
Análise de fontes documentais |
B1 B11 B12 B15 B18 C6 |
2 |
5 |
7 |
Aprendizaxe colaborativa |
A12 A13 A56 A63 B13 B14 B16 B17 C4 |
4 |
8 |
12 |
Proba mixta |
A61 C3 |
2 |
10 |
12 |
Sesión maxistral |
A10 A57 |
7 |
25 |
32 |
Traballos tutelados |
A6 A15 A23 A62 A65 B1 B18 B19 C3 C4 |
3 |
26 |
29 |
Práctica de actividade física |
A14 A59 A60 B3 B6 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. |
Proba de resposta breve |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto ás preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais por parte do docente pero sempre buscando a participación activa do alumnado, favorecendo a reflexión e o pensamento crítico. |
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.
O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
Práctica de actividade física |
Metodoloxía baseada na posta en práctica de sesións de actividade física para que os alumnos poidan impartilas (función docente), experimentalas (análise da pertinencia dos contidos) ou observalas (procesos de avaliación e control). Trátase dunha metodoloxía fundamentalmente práctica, pero cunha intención de reflexión e aplicación dos aspectos teóricos relacionados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Proba de resposta breve |
|
Descrición |
Para a realización dos traballos tutelados, os alumnos deben acudir en grupos reducidos a revisar o traballo (titoría) despois da primeira corrección e antes da súa exposición nas prácticas de actividade física. O profesor poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo realizado, que deberán ser aprobadas antes da entrega definitiva para a súa posta en práctica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A6 A15 A23 A62 A65 B1 B18 B19 C3 C4 |
635/10000
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha sesión ou proposta docente (segundo a profesora estime conveniente) na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física respecto da expresión corporal e as adaptacións curriculares necesarias para casos concretos, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos.
O profesor especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
40 |
Proba de resposta breve |
A4 A7 A8 A58 A64 |
Ao longo do curso iranse expondo aos alumnos diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidos nas probas realizadas durante o curso. |
10 |
Proba mixta |
A61 C3 |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de breve desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Primeira oportunidade: para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: ao alumnado que asistise a máis dun 80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non asista ao 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnos a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: proba mixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia. Alvarado
Gil, M. (2011). La atención a la diversidad. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(42), 1-10. Antolín Jimeno, L. (2013). Expresión Corporal. Fundamentos Motrices.
Valencia: Universitat de València. Arnaiz, P. (2000). Hacia una educación sin exclusión. En A. Miñambres y G.Jové (coords.)
La atención a las necesidades educativas especiales: de la Educación Infantil a
la Universidad. . Lleida: Fundació Vall i Universitat. Arnaiz, P. (2005a). Atención a la diversidad. Programación curricular. Costa Rica:
EUNED. Arnaiz, P. (2005b). Educación inclusiva:Una escuela para todos. Málaga: Aljibe. Arteaga Checa, A., Viciana Garófano, V., &
Conde Caveda, J. (1997). Desarrollo de la
expresividad corporal. Tratamiento globalizador de los contenidos de
representación., . Barcelona: INDE. Arteaga, M. (2003). Fundamentois de la expresión corporal ámbito pedagógico. Granada:
Grupo Editorial Universitario. Arufe, V. (2011). Propuesta de actividades
psicomotrices adaptadas a los niños con Necesidades Educativa Especiales dentro
del aula de Educación Física. Revista
digital de Educación Física EmásF(11), 1-13. Asún, S. (2001). La integración en la
Educación Física: Una realidad a tener en cuenta. Revista de Educación Física(82), 31-33. Barrena, P. I. (2010). Adaptaciones
curriculares en Educación Física. Revista
Autodidacta(4), 84-92. Bernal, J. A. (2002). El profesor de educación física y el alumno sordo. Sevilla:
Wanceulen. Cachadiña Casco, M. P. c., Rodríguez Terrón,
J. J., & Ruano Arriagada, K. (2006). Expresión
corporal en clase de Educación Física. Sevilla: Wanceulen Cañabate, D., & Soler, A. c. (2017). Movimiento y lenguajes. De la experiencia
sensoperceptiva a la conciencia y el pensamiento. Barcelona: Graó. Castañer, M. (2000). Expresión Corporal y danza. Barcelona: INDE. Cuadrado Gordillo, I., Davara Rodríguez, L.,
López Risco, M., & Murillo Gil, M. (1998). Alumnos con necesidades educativas especiales. Tomo I. Guía de
adaptación de materiales didácticos. Badajoz: INDUGRAFIC. Cumellas, M., & Estrany, C. (2006). Discapacidades motoras y sensoriales en
Primaria. La inclusión del alumnado en Educación Física. 181 Juegos adaptados.
Barcelona: INDE. Hernández Vázquez, F. J. (2012). Inclusión en Educación Física: las claves
del éxito para la inclusión del alumnado con capacidades diferentes.
Barcelona: INDE. Larraeta Ramos, B. c., Sierra Zamorano, M.
A., & Ruano Arriagada, K. (2005). Los
contenidos de Expresión Corporal. Barcelona: INDE. Learreta, B. c., Ruano, K., & Sierra, M.
A. (2006). Didáctica de la Expresión
Corporal. Talleres monográficos. Barcelona: INDE. Linares, P., & Arraez, J. c. (1999). Motricidad y necesidades especiales.
Granada: Aemne. Lledó, A. (2008). La discapacidad auditiva. Un modelo de esducación inclusiva.
Barcelona: Edebé. Mateu Serra, M., Durán Delgado, C., Troguet
Taull, M., & Cases Castillo, O. (1999). 1000
Ejercicios y juegos aplicados a las actividades corporales de expresión.
(4ª ed.). Barcelona: Paidotribo. Montávez Martín, M. (1998). Expresión Corporal. Propuestas para la
acción. Málaga: Re-Crea y Educa. Montávez Martín, M., & Zea Montero, M. J.
c. (2004). Recreación Expresiva.
Málaga: Re-Crea. Montesinos Ayala, D. (2004). La expresión corporal. Su enseñanza por el
método natural evolutivo. Barcelona: INDE. Motos Teruel, T., & G. Aranda, L. (2001).
Práctica de la Expresión Corporal.
Ciudad Real: Ñaque Editora. Narváez Sánchez, M. C. (2011). La atención a
la diversidad en el aula: niños TDAH. Revista
Digital Innovación y Experiencias Educativas.(40), 1-14. Ortiz Camacho, M. M. (2002). Expresión corporal. Una propuesta didáctica
para el profesorado de Educación Física. Granada: Grupo Editorial
Universitario. Ortiz, R., Pérez, O., Calle, A., Fernández,
F., & Muñoz, E. (2002). La escalada: una propuesta de integración con
deficientes visuales. . Revista Integración(38),
35-43. Pérez, D. (2004). La atención a la diversidad en Educación Física. Sevilla:
Wanceulen. Pérez Turpín, A., & Suárez Llorca, C.
(2004). Educación física y alumnos con
necesidades educativa especiales. Sevilla: Wanceulen. Pierre, J. d. (2007). Educación Física y discapacidades motrices. Barcelona: Inde. Porras, R. (1998). Una escuela para la integración educativa. Una alternativa al modelo
tradicional. Sevilla: MCEP. Rebullido, T. R., & Lameiro, C. V.
(2016). El Flashmob como propuesta de innovación educativa en expresión
corporal y danza. Retos. Nuevas
tendencias en Educación Física, Deporte y Recreación(29), 126-128. Ridocci, M. (2009). Expresión Corporal. Arte del Movimiento. Las bases prácticas del
lenguaje expresivo. Madrid: Biblioteca Nueva. Ríos Hernández, M., Ruíz Sánchez, P., &
Carol Gres, N. (2014). La inclusión en la
actividad física y deportiva. Barcelona: Paidotribo. Rodriguez Catejón, J. J. (2009). La atención
y tratamiento de las necesidades educativas especiales en los elementos de
acceso al currículo y en los elementos básicos del mismo (objetivos,
contenidos, criterios de evaluación y metodología) en Educación Física. Revista Digital de Educación Física y
Deporte, 133, 1-7. Romero Lacal, J. L. (2011). La educación en
España. Análisis, evolución y propuesta de mejora. Revista Digital Innovación y Experiencias Educativas.(42), 1-9. Romero Martín, M. R. (2015). Expresión corporal en Educación Física.
Zaragoza: Prensas de la Universidad de Zaragoza. Ruano, K., & Sánchez, G. C. (2009). Expresión Corporal y Educación. Sevilla:
Wanceulen. Ruiz González, L. (2011). Adaptaciones
curriculares en alumnos con asma en las clases de Educación Física. Revista Digital de Educación Física y
Deporte(155), 1-6. Sanz Redín, C. (2004). Aquí jugamos todos: una propuesta para la integración de alumnos con
discapacidad motriz en las sesiones convencionales de eduación física.
Alpedrete: Pila Teleña. Tierra Orta, J. e. a. e. (2012). Las actividades físicas adaptadas: un medio
adecuado para mejorar la inclusión en los centros educativos. Huelva:
Universidad de Huelva. Timón Benitez, M., & Hormigo Gamarro, F.
c. (2010). La atención a la diversidad en
el marco escolar. Sevilla: Wanceulen. Vegas González, G. (2011). Estrategias de
trabajo con parálisis cerebral. Revista
Digital Innovación y Experiencias Educativas.(43), 1-11.
Zuhrt, R. (1986). Educación del movimiento y del cuerpo en niños discapacitados
físicamente. Buenos Aires: Panamericana. |
|