Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Historia da educación Código 652G03011
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Profesorado
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Correo electrónico
jose.malheirog@udc.es
Web
Descrición xeral Historia da Educación é unha materia obrigatoria no segundo curso do Grao de Educación Social cun peso de seis créditos. O obxectivo central da asignatura consiste en comprender a natureza histórica dos feitos educativos, dentro e fóra da escola como institución; dos procesos de alfabetización e escolarización que se deron a partir do século XIX, nomeadamente en Galicia, así como dos factores que explican o seu desenvolvemento. Centra o seu interese na clarificación de conceptos, na contextualización histórica dos fenómenos estudados e na interrelación que se establece entre os modelos educativos e os sistemas políticos en cada época histórica co obxecto de que o alumnado sexa quen de situar axeitadamente o pasado nas súas coordenadas espaciais e temporais a fin de axudarlle a comprender o presente.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer a xénese, evolución histórica, estrutura e funcións dos sistemas educativos nacionais A2
A3
A5
A14
B1
B2
B6
C7
C8
Comprender os trazos característicos do pensamento pedagóxico contemporáneo da man das principais teorías educativas, de forma que permita a reflexión crítica sobre a propia práctica desde diferentes perspectivas A2
A5
A14
B1
B6
C4
C7
C8
Coñecer as diferentes dimensións da cultura escolar e a súa identificación nos sucesivos espazos e tempos na historia A2
A5
A8
A14
B1
B2
B6
C4
C7
C8
Coñecer a evolución histórica da formación docente, a súa diversificación ao longo da historia e a incorporación de novas figuras profesionais relacionadas coa Educación social A1
A5
A14
A16
B5
Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico. A6
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. A14
A16
B5
C1
C4
C7
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. A1
A2
A5
Valorar criticamente a importancia sobre o coñecemento da lingua galega, a súa presenza histórica no sistema educativo e a súa función como instrumento de comunicación na intervención social. A20
C1
C3
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. A20
B6
C3
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. Capacidade de análise e síntese. Capacidade de organización e planificación. Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. A20
B2
B7
B10
B12
B16
C7
Aprender a aprender. Autonomía na aprendizaxe. Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B5
C3
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1.Os sistemas educativos nacionais.
Xénese, estructura e funcións.
2. O sistema educativo en España. Os modelos oficiais e outras formas de alfabetización e de escolarización Xénese, evolución histórica e lexislación educativa.
As clases populares e outros modelos de escola.
3. O pensamento pedagóxico contemporáneo. Os pioneiros da escola contemporánea. A Escola Nova. Teorías educativas socialistas, marxistas, anarquistas e libertarias. As pedagoxías críticas. Planteamentos pedagóxicos antiautoritarios. As correntes críticas á institución escolar.
4. A cultura escolar. Dimensión científica, política e empírica.
5. Xenealoxía da profesión docente. Evolución histórica da formación do profesorado.
Incorporación de novas figuras profesionais relacionadas coa E. Social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A20 A8 A20 B16 B6 C3 35 0 35
Recensión bilbiográfica B1 B4 B9 B10 B12 B1 B2 C1 C2 5 15 20
Sesión maxistral A22 A1 A4 A10 B7 C1 C7 15 15 30
Proba de ensaio B3 B4 B7 B10 B12 B22 C1 C2 C8 2 6 8
Traballos tutelados A20 A2 A3 A5 A6 A14 A16 B2 B5 B10 B12 B5 C1 C7 C8 C1 C4 C7 C8 15 22 37
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Proba de ensaio Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
O proceso para a elaboración do traballo de investigación que cada alumno ou alumna debe realizar, así como os diferentes traballos colaborativos en pequeno grupo terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.
Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesor estará disponible o seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo plantee. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: o profesor non avaliará aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A20 A8 A20 B16 B6 C3 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 20
Proba de ensaio B3 B4 B7 B10 B12 B22 C1 C2 C8 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
Recensión bilbiográfica B1 B4 B9 B10 B12 B1 B2 C1 C2 A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. 10
Traballos tutelados A20 A2 A3 A5 A6 A14 A16 B2 B5 B10 B12 B5 C1 C7 C8 C1 C4 C7 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
50
 
Observacións avaliación

- A puntualidade, a regularidade da asistencia ás
sesións de clase así como o interese amosado, a actitude diante da
materia e das actividades, e a participación e colaboración serán
aspectos obxecto de avaliación. Sendo así, o alumno ou alumna que
acumule máis de tres faltas de asistencia deixa de considerarse
asistente pasando a ser avaliado seguindo os criterios do alumnado non
asistente.

- Aqueles alumnos ou alumnas que
por causas excepcionais non poden asistir regularmente ás clases
presenciais, ás interactivas ou a ambas, é necesario que o xustifiquen
debidamente para poder ter dereito a unha avaliación axustada ás súas
necesidades, evitando agravios co resto do alumnado. Estas
circunstancias deben ser expostas ao profesor, convenientemente, para
poder estudar a mellor opción en cada caso en beneficio do alumno ou
alumna e o seu dereito á aprendizaxe en igualdade de condicións.

- O alumnado regularmente asistente será
avaliado segundo a proporción que segue:

Traballo individual de
investigación
(50%). Traballo tutelado polo profesor sobre a proposta temática que se realice ao comezo de curso relacionada cos contidos teóricos da materia, mediante o cal se pon en práctica aspectos fundamentais das metodoloxías descritas e se promoven as respectivas competencias. Constará dunha parte de revisión bibliográfica e outra de traballo de campo aplicando diversas metodoloxías de investigación, segundo o caso.  É importante reseñar que non se avaliarán traballos de cuxa elaboración o profesor non teña constancia.

Recensión bibliografica (10%). O alumnado realizará de xeito individual unha reseña bibliografica sobre un dos libros propostos ao comezo de curso, que deberá entregar, en tempo e forma, seguindo as indicacións do profesor para a súa elaboración.

Proba escrita tradicional (Proba de ensaio) (20%). Que se desenvolverá sobre os contidos da materia na data sinalada oficialmente.

Traballos
colectivos
(10%). Ao longo do cuatrimestre, o alumnado realizará unha serie de traballos en pequeno grupo, referidos aos diferentes bloques temáticos, seguindo a proposta do profesor.

Aspectos actitudinais (10%). Considérase importante a atención do alumnado aos seguintes aspectos: regularidade na asistencia, puntualidade no comezo das sesións de clase,
interese pola proposta de contidos e a metodoloxía para abordalos;
así
como tamén a súa participación en clase mediante unha actitud receptiva e crítica construtiva e a
colaboración nos traballos individuais e colectivos. 

Ter superado o traballo
individual é requisito indispensable para aprobar a materia en primeira
convocatoria malia ter aprobado o exame incluso coa máxima puntuación
(20%). 

-Para poder ser avaliado, cada alumno ou alumna debe ter entregado a totalidade dos
traballos (individuais ou colectivos) propostos, en tempo e forma. En
caso contrario, considérase NON PRESENTADO. Do mesmo xeito, recoméndase utilizar as horas de atención ao alumnado para
solventar dificultades relacionadas co desenvolvemento dos traballos
individuais ou colectivos, coa marcha da materia, aclarar dúbidas, etc.

-O alumnado que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial deberá informar debidamente ao profesor a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia co obxecto de poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado para poder garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia. 

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

-
No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma,
arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade
Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
De Gabriel (2005). "A Historia da educación en tempos postmodernos". Sarmiento, N. 9, p. 105-130
Montesino, P. (2006). "Educación pública", en Pablo Montesino, Liberalismo y educación del pueblo, pp. 119-125. . Madrid, Biblioteca Nueva,
De Gabriel, N. (2001). "El republicanismo coruñés en la historia". Republicanismo e educación,A Coruña, Concello da Coruña, . 257-266
De Gabriel, N. (2006 ). "Formas de enseñar y modos de aprender en la escuela tradicional", en Escolano Benito, A: Historia ilustrada de la escuela en España : dos siglos de perspectiva histórica, p. 171-195 . Madrid, Fundación Germán Sánchez
Malheiro Gutiérrez, X. M. (2017). "Las bibliotecas escolares en la primera década del franquismo: entre el amanecer y la luz cegada". História da Educação / History Education Journal, 53, 239266
Swaan, A. de (1992). A Cargo del estado. Barcelona, Pomares-Corredor
Xoán Carlos Garrido (2006). A derradeira lección do mestre.
José Luis Cuerda (película) (1999). A lingua das bolboretas .
Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel (2014). A resposta das clases populares ás eivas educativas na galiza de entreséculos. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Víctor Coyote (2008). Afranio.
Varela, J. (1991). Arqueología de la escuela. Madrid, La Piqueta
José María Gutiérrez Santos (1978). Arriba Hazaña.
Gabriel, Narciso de (2014). As escolas, a escolarización e a alfabetización. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Basilio Martín Patino (1971). Canciones para después de una guerra.
Botti, A., Montero, F., Quiroga, A., (Eds.) (2013). Católicos y patriotas. Religión y nación en la Europa de entreguerras. Madrid, Sílex
Pérez Ledesma, M. (2007). De súbditos a ciudadanos. Una historia de la ciudadanía en España. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales
Dewey, j. (1995). Democracia y educación. Madrid, Morata
Puelles Benítez, M. de (1980/1991). Educación e Ideología en la españa Contemporánea. Barcelona, Labor
Fernández Soria, J. M. (2002). Educación y Estado en la España contemporánea. madrid, Síntesis
Fernández Enguita, M. (2001). Educar en tiempos inciertos. Madrid, Morata
Gallego, Ferrán (2014). El evangelio fascista. La formación de la cultura política del franquismo (1930-1950). Barcelona, Crítica
Gallego, F. (2014). El evangelio fascista. La formación de la cultura polñitica del Franquismo (1930-1950). Barcelona, Crítica
Trilla, J. (coord.) (2001). El legado pedagógico del siglo XX para la escuela del siglo XXI. Barcelona, Graó
Esteve, J. M. (1994). El malestar docente. Barcelona, Paidós
Centro de investigación, documentación y evaluación (1992). El sistema educativo español. Madrid, centro de publicaciones del MEC-CIDE
Savater, F. (1997). El valor de educar. Barcelona, Ariel
De Gabriel, N. (2008). Elisa e Marcela : alén dos homes . Vigo, Nigratrea
Viñao Frago, A. (2004). Escuela para todos. Educación y modernidad en la España del siglo XX. Madrid, Marcial Pons
Gabriel, P., Pomés, J., Fernández Gómez, F. (Eds.) (2013). España Res publica. Nacionalización española e identidades en conflicto (siglos XIX y XX). Granada, Comares
Puelles Benítez, M. (2004). Estado y educación en la ESpaña liberal (1809-1857). Un sistema educativo nacional frustrado. Barcelona, Pomares
Teo Manuel Abad (2008). Flores Tristes.
Costa, A. (2004). Historia da educación e da cultura en Galicia. Vigo, xerais
Tiana Ferrer, A.; Ossenbach Sauter. G.; Sanz Fernández, F. (2002). Historia de la Educación (Edad Contemporánea). Madrid, UNED
Memoria do 36. Morte, depuración e exilio do profesorado de Galicia provocados polo franquismo (). http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_13.html.
Franco, la verdadera historia (). http://www.youtube.com/watch?v=MSP9NYQ1EIs.
Lss ilusiones perdidas (). http://www.youtube.com/watch?v=qXhxhNqMHZU.
El golpe de estado, la Guerra Civil y la represión franquista (). http://www.youtube.com/watch?v=ZpTdR-OBeYo.
Villares, R. (2018). Identidade e afectos patrios . Vigo, Galaxia
Redondo, E. e outros (2001). Introducción a la Historia de la Educación. Barcelona, Ariel
Filho, L. (1964). Introdución al estudio de la Escuela Nueva. Buenos Aires, Kapelusz
Espigado Tocino, G., Gómez Fernández, J., Pascua Sánchez, Mª J., Sánchez Villanueva, J. L., Vázquez (2013). La Constitución de Cádiz. Genealogía y Desarrollo del sistema educativo liberal. (Actas). Cadiz, Universidad de Cádiz
Ruiz Berrio, J. (Ed.) (2000). La cultura escolar en Europa, tendencias históricas emergentes. Madrid, Biblioteca Nueva
Torres Santomé, J. (2006). La desmotivación del profesorado. Madrid, Morata
Escolano Benito, A. (2002). La educación en la España contemporánea. Madrid, Biblioteca Nueva
Ruiz Berrio, J. (Dir.) (1997). La educación en tiempos modernos. textos y documentos. Madrid, ACTAS
Delors, J. (Dir.) (1996). La educación encierra un tesoro. Madrid, Santillana
Fernández Enguita, M. (1996). La escuela a examen. Madrid, Pirñamide
Carbonell, J. (1996). La escuela entre la utopía y la realidad. Barcelona, Octaedro
Iñaki Pinedo e Daniel Álvarez (2006). La escuela fusilada.
Barreiro, H.; Terrón, A. (2005). La institución escolar. Una creació n del estado moderno. Barcelona, Octaedro
Viñas, Á. (2015). La otra cara del caudillo. Mitos y realidades en la biografía de Franco. Barcelona, Crítica
Victoria Martínez e Arturo Villacorta (2004). La República de los maestros .
Llopis, R. (2005). La revolución de la escuela. Dos años en la Dirección General de Primera Ensañanza. Madrid, Biblioteca Nueva
Oseenbach Sauter, G., Puelles benítez, M. (Eds.) (1991). La Revolución Francesa y su influencia en la educación en España. Madrid, UNED
Javier Ortega (2008). La Sección Femenina.
Julio de la Cueva, F. M. (2009). Laicismo y catolicismo. El conflicto político-religioso en la Segunda República. Alcalá de henares, Universidad de Alcalá
Gonzalo Tapia (2006). Las Misiones Pedagógicas.
Varela, J. (2007). Las reformas educativas a debate. Madrid, Morata
Escolano Benito, A. (Dir.) (1992). Leer y escribir en España. Doscientos años de alfabetización. Madrid; Salamanca, Fundación Germán Sánchez Ruipérez
De Gabriel, N. (2006). Ler e escribir en Galicia : a alfabetización dos galegos e das galegas nos séculos XIX e XX.. A Coruña : Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Luis M. Calvo Salgado, Itzíar López Guil, Vera Ziswiler, Cristina Albizu Yeregui (2009). Migración y exilio españoles en el siglo XX. Iberoamericana
Marco, Aurora (2014). Mulleres e educación na Galiza. Murguía. Revista Galega de Historia. Historia da educación na Galiza (Monográfico)
Santos Juliá (2014). Nosotros, los abajo firmantes. Una historia de España a través de manifiestos y protestas. Barcelona, Galaxia Gutemberg
Guereña, J-L., Ruiz Berrio, J., Tiana Ferrer, A. (Eds,) (2010). Nuevas miradas historiográficas sobre la educación en la España de los siglos XIX y XX. Madrid, ME-IFIIE
Apple, M. W. (1996). Política cultural y educación. Madrid, Dykinson
Viñao Frago, A. (1982). Política y educación en los orígenes de la España Contemporánea. Madrid, Siglo XXI
Beltrán, F. (1991). Política y reformas curriculares. Valencia, Universitat de Valencia
Etxeberría, F. (2000). Políticas educativas de la Unión Europea. Madrid, Ariel
Tiana Ferrer, A. (2009). Por qué hicimos la Ley Orgánica de Educación. Madrid, Wolters Klumer
Puelles Benítez, M. de (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid, Morata
Viñao Frago, A. (2014). Religión en las aulas. Una materia controvertida. Madrid, Morata
Freinet, C. (1992). Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Madrid, Siglo XXI
Carreño, M., Colmenar, C., Egido, I., Sanz, F. (2000). Teorías e institucións contemporáneas da educación. Madrid, Síntesis
Colom, A. J. (Coord.) (1997). Teorías e institucións contemporáneas da educación . Madrid, Ariel
Puelles Benítez, Manuel (1988). Textos sobre la educación en España (siglo XIX). Madrid, UNED
Ken Loach (). Tierra y libertad.
Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. textos. Madrid, Biblioteca Nueva
Narganes de Posada, M. J. (2013). Vicios de la instrucción pública y otros textos. Madrid, Biblioteca Nueva
Depaepe, M. (2006). Vieja y nueva historia de la educación. Barcelona, Octaedro
Malheiro Gutiérrez, X. M. (2012). “A emigración galega a América: sociabilidade, política cultura e educación”.. Revista Galega de Educación, nº 53
Pereira, D. (1998). “A proposta cultural dos anarquistas coruñeses (1890-1936): do ‘Centro de Estudios Germinal’ aos Ateneos libertarios”, en Sindicalistas e rebeldes. Vigo, A Nosa Terra
Malheiro Gutiérrez, X, M. (2013). “A resposta das clases populares ás eivas educativas na Galiza de entreséculos”. Murguía. revista galega de Historia, 27-28, 107-129
Sánchez Blanco, L. (2008). “Auxilio social y la educación de los pobres: del franquismo a la . Foro de educación, nº 10
Malheiro Gutiérrez, X. M. (2013). “Do ‘gobernar es poblar’ ao ‘educar es argentinizar’: emigrantes e educación na Arxentina finisecular”. sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 17
Malheiro Gutiérrez, X. M. (2012). “El fenómeno de la emigración en Galicia: del obrero emigrante al ciudadano acogedor...¿lecciones aprendidas?”. Migraciones, nº 31
González Fernández, A. (2005). “El Protectorado del niño delincuente, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.).: La infancia en la Historia: espacio y representaciones. Donosti, Espacio Universitario /EREIN
Puelles Benítez, M. (2002). “Estado y educación: una relación histórica”, en Aurora Ruiz (Coord.) La escuela pública. El papel del Estado en la educación. pp. 17-48.. Madrid, Biblioteca Nueva-Escuela Julián Besteiro
Puelles Benítez, M. (2002). “Evolución de la educación en España durante el Franquismo”. Madrid, UNED
Costa Rico, A.; Malheiro Gutiérrez, X. M. (2016). “Historia da educación”. Miguel Anxo Santos Rego (ed.) (2016): A investigación educativa en Galicia. 2002-2014. Vigo, Galaxia
Escolano Benito, A. (2002). “La educación en la España de la Restauración y la Segunda República”, en . Madrid, UNED
De Gabriel, N. (2001). “La Revolución Francesa, Condorcet y la educación española”, en Condorcet, Cinco memorias sobre la instrucción pública y otros escritos. pp. 11-46.. Madrid, Morata
Dávila Balsera, P., Naya Garmendia, L. M. (2005). “Los derechos de los niños y las niñas en los tratados internacionales. Tres momentos históricos”, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.).: La infancia en la Historia: espacio y representaciones.. Donosti, Espacio Universitario /EREIN
Iglesias Galdo, A., Rivas Barrós, S. (2005). “Minoría de edad y responsabilidad penal en el Siglo XIX”, en DÁVILA, P., NAYA, L. M. (Coords.). : La infancia en la Historia: espacio y representaciones. . Donosti, Espacio Universitario /EREIN,
López Cobo, A (2007). “Por caminos de piedra, charcos y olvido. Repertorios de la cultura universal: las Misiones Pedagógicas de la II República española”. Pandora, Revúe d’Études hispaniques et Hispano-Americaines nº 7

Bibliografía complementaria (). .
(). .
Alumnos de la escuela de Barbiana (1982). Carta a una maestra. barcelona, Hogar del libro
De Gabriel, N. (2007). "O soño da escola pública" . Revista galega do ensino, N. 49, p. 50-56
Delval, J. (2000). Aprender en la vida y en la escuela. Madrid, Morata
Nóvoa, A. (2015). Carta a un joven historiador de la educación. Historia y Memoria de la educación, nº 1
Pestalozzi, J. H. (2009). Como Gertrudis enseña a sus hijos: ensayo de cartas con directivas de madres que enseñan a sus hijos (1801). Barcelona, PPU
Cela, J., Palou, J. (1994). Con voz de maestro. Madrid, Celeste
Hernández Laille, M. (2010). Darwinismo y manuales escolares en España e Inglaterra en el siglo XIX (1870-1902). Madrid, UNED
Sopeña Monsalve, A. (1994). El florido pensil. Barcelona, Grijalbo
Montessori, M. (2003). El método de la pedasgogía científica aplicado a la educación de la infancia. Madrid, Biblioteca Nueva
Rousseau, J. J. (1984). Emilio o de la educación. México, Porrúa
El cabezota (1982). Francisco Lara Polop .
Cocho, F. (2011). Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. Vigo, Xerais
De Mause, Ll. (1982). Historia de la infancia.
Delgado, B. (1982). Historia de la infancia. Barcelona, Ariel
Aldecoa, J. (1991). Historia de una maestra. Madrid, Anagrama
Montessori, M. (1994). Ideas generales sobre el método. Madrid, Cepe
Escolano Benito, A. (Ed.) (2007). La cultura material de la escuela. En el centenario de la Junta para la Ampliación de Estudios, 1907-2007. Berlanga de Duero, CEINCE
Baudelot, Ch., Establet, R. (1976). La escuela capitalista en Francia. Madrid, siglo XXI
Reimer, E. (1976). La escuela ha muerto. Barcelona, Barral
Delval, J. (2002). La escuela posible. Barcelona, Ariel
mancebo, M. F. (2008). La españa de los exilios. Un mensaje para el siglo XXI. Valencia, Universitat de Valencia
Decroly, O. (2007). La función de globalización y la enseñanza y otros ensayos. Madrid, Biblioteca Nueva
Martínez Rus, A. M. (2003). La política del libro durante la Segunda República. Socialización de la lectura. Xixón, Trea
Bourdieu, P. Passeron, J. (2001). La reproducción: elementos para una teoría del sistema de enseñanza. Madrid, Popular
Illich, I. (1974). La sociedad desescolarizada. Barcelona, Seix Barral
Pons Pons, J., Silvestre Rodríguez, J. (Eds.) (2010). Los orígenes del Estado del Bienestar en España, 1900-1945: los seguros de accidentes, vejez, desempleo y enfermedad. Zaragora, Universidad de Zaragoza
Pennac, D. (2009). Mal de escola. Vigo, Xerais
Fernández Prieto, L./Nomes e Voces (Eds,) (2012). Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De ESpaña a América, debates para una historiografía
Freire, P. (1992). Padegogía del oprimido. Madrid, Siglo XXI
Freinet, C. (1973). Parabolas para una pedagogía popular. Barcelona, Laia
Makarenko, A. S. (1967). Poema Pedagógico. Barcelona, Planeta
Chomsky, N. (1993). Sobre o poder e a ideoloxía. Santiago de Compostela, Edicións laiovento
Neill, A. S. (1979). Summerhill. Un punto de vista radical en la educación de los niños. México, F.C.E
Illich, I. (1978). Un mundo sin escuelas. México, Nueva Imagen
Sánchez Arbós, M. (2007). Una escuela soñada. textos. Madrid, Biblioteca Nueva
Ariés, P. (1987). “De la familia medieval a la familia moderna”, en El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Madrid, Taurus
De Gabriel, N. (2001, pp. 11-46.). “La Revolución Francesa, Condorcet y la educación española”, en Condorcet, Cinco memorias sobre la instrucción pública y otros escritos. Madrid, Morata


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da súa elaboración.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais coa debida xustificación, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos asixidos. De faltar algunha das partes, ol alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor) e, de ser posible, impresos a dúas caras. Non é necesario entregalos encadernados, con fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable gardar unha copia dixital do orixinal que se entregue.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías