Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer a terminoloxía específica da pedagoxía do lecer o do tempo libre |
A1 A5 A6 A9
|
B1 B4
|
|
Elaborar e xestionar medios e recursos para intervención no tempo libre |
A15 A19 A21
|
B3 B6
|
C6
|
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan presentar, defender e desenvolver proxectos cara o tempo libre |
A7 A11 A20
|
B6
|
C1 C3 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea e as súas potencialidades educativas. |
1.1 Lecturas para coñecer as diversas perspectivas e enfoques.
1.2 Discusión en clase. |
2. A acción-intervención educativa no tempo libre. |
2.1 Espazos, ámbitos e contextos da acción-intervención no tempo libre.
|
3. A animación teatral como ferramenta de intervención no tempo libre en múltiples contextos. |
3.1 Xenealoxía da animación teatral.
3.2 A súa práctica.
3.3 O teatro lido como recurso. |
4. Unha programación: elaboración e deseño |
4.1 Pasos e factores a ter presentes na elaboración dunha programación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A5 A7 A9 A21 |
18 |
2 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
A20 |
3 |
20 |
23 |
Estudo de casos |
B1 B3 B4 |
13 |
52 |
65 |
Discusión dirixida |
B6 |
3 |
3 |
6 |
Lecturas |
C5 C6 C7 |
2 |
5 |
7 |
Simulación |
A6 A11 A15 A19 C1 C3 |
2 |
8 |
10 |
Proba mixta |
A1 A7 |
2 |
16 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo |
Discusión dirixida |
O profesor achegará algún tema á clase para ser abordado e discutido polo alumnado, ou en grupo ou con toda a clase |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Simulación |
Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Estudo de casos |
Proba mixta |
|
Descrición |
O alumno/a que determina cursar a materia (por motivos laborais e xustificados) sen presencia continuada e regular, deberá conversar co profesor a planificación oportuna. A súa avaliación será defirente ao alumnado en xeral, tendo que superar as actividades que propoña o profesor (lecturas, seguimento acción, exame). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A5 A7 A9 A21 |
Valórase a presenza e implicación no desenvolvemento das clases, tanto prácticas (dinámicas de xogos, habilidades comunicativas, obradoiro de animación teatral...) como teóricas así como nos encontros con experiencias e profesionais do sector |
60 |
Lecturas |
C5 C6 C7 |
O Dossier do alumnado que se porá a disposición do mesmo, serán artigos e documentos que, a longo das clases, o profesor poderá solicitar unha opinión sobre eles. Para computar positivamente ditas lecturas, o profesor formulará cuestións ao redor dos mesmos. |
15 |
Estudo de casos |
B1 B3 B4 |
O profesor valorará as achegas razoadas do alumno/a. A súa capacidade de ligar os coñecementos das diversas materias, a madureza nas reflexións, as citas e a propia bagaxe experiencial do alumno/a. |
25 |
Proba mixta |
A1 A7 |
Só para aquel alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir regularmente á clase |
0 |
|
Observacións avaliación |
As persoas que non acadan un mínimo do 80% das sesións presenciais ou que dispoñan de dispensa académica por motivos xustificados, de querer superar a materia deberán: Realizar unha proba teórico-aplicativa o día do exame que supón o 60% da cualificación deste alumnado. O traballo tutelado, para estas persoas, será de obrigado cumprimento en consenso co profesor (40%).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bantulá, J. (2001): Juegos motrices cooperativos. Paidotribo: Barcelona. Baroja, V. e Sebastiani, E. (2000): Unidades didácticas para secundaria IV. Jugar, jugar, jugar. INDE: Barcelona. Caballo, María B. e Fraguela, R. (coords.) (2005): A acción municipal no tempo libre. Deputación da Coruña: A Coruña. Colección Cadernos Temáticos interea. Cañas, J. (1994): Didáctica de la expresión dramática. Oactaedro: Barcelona. Caride, J. A. e Vieites, M. (coords) (2006): De la educación social a la animación teatral. Trea: Gijón. Caride, J. A. e Trillo, F. (coords) (2011): Dicionario galego de pedagoxía. Galaxia: Vigo. Castro, M. e outros (2007): La escuela en la comunidad. La comunidad en la escuela. Grao: Barcelona. Castro, M. e outros (2008): Educación Social e Escola. Nova Escola Galega. Santiago. Cuenca, M. (2004): Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto. Chacón, F. e Vecino, M. (2006): Cómo trabajar con adolescentes en el tiempo libre. Zaragoza: Certeza. Eines, J. e Mantovani, A. (1997): Didáctica de la dramatización. Gedisa: Barcelona. Del Pino, J. A.; Dauso, A. e Martínez, R. (2001): Prácticas de ocio, cambio cultural y nuevas teconologías en la juventud española de fin de siglo. Madrid: CCS. Devos, F. (2006): Jóvenes pero alcanzables. Fundación Autor: Madrid. Devos, F. e outros (2009): Infancia, juventud y comunicación. Fundación Autor: Madrid. Educación Social (2006): Revista. Monográfico "El Juego, herramienta educativa", mayo-agosto. Fraguela, R.; Lera, A. e Varela, L. (2002): "Contribución al desarrollo grupal a través de actividades motrices". Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación, vol. 8, p.9-26 Froufe, S. (1998): Técnicas de grupo en animación comunitaria. Amarú: Salamanca. Motos, T. (1983): Iniciación a la expresión corporal. Humanitas: Barcelona. Motos, T. (1987): Prácticas de Dramatización. Humanitas: Barcelona. Palacios, J. (1999): Jugar es un derecho. Fundamentos pedagógicos del juego. Xaniño: A Coruña San Salvador, R. (2000): Políticas del ocio: cultura, turismo, deporte y recreación. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao. Pantoja, L. (1998) (coord): Nuevos espacios de la educación social. ICE: Bilbao. Setién, M. e López, A. (edit) (2003): Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Instituto de Estudios del Ocio: Bilbao. Tejerina, I. (1994): Dramatización y teatro infantil. Siglo XXI: Madrid. Ucar, X. (1992): El teatro en la animación sociocultural. técnicas de intervención. Diagrama: Barcelona. Valle, J. (2017): La razón también tiene sentimientos. Culbuks: Sevilla.
Vial, J. (1988): Juego y educación: las ludotecas. Akal: Madrid. Ventosa, V. (1996): La expresión dramática como medio de animación en educación social. Fundamentos, técnicas y recursos. Amaru: Salamanca. Yubero, S.; Caride, J. A.; Pose, H. e Larrañaga, E. (2016). Educación social y alfabetización lectora. Síntesis: Madrid.
|
Bibliografía complementaria
|
|
O profesor, ao longo do cuadrimestre, irá presentando outras fontes bibliográficas e de boas prácticas que sexa novidade editora ou que respondan a algún caso expecífico do ámbito que nos ocupa: un proxecto municipal ou doutro axente socioeducativo, un video, noticia de prensa, etc. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Animación e xestión sociocultural/652G03017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022 | Administración local e acción cultural e educativa/652G03040 |
|
Observacións |
Acordar co profesor o soporte e prazos dos traballos a desenvolver. |
|