Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identifica e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa, para deseñar, implementar e aplicar procesos, metodoloxías e recursos para a intervención socioeducativa en diversos contextos. |
A5 A8 A11 A13 A21
|
B2
|
|
Domina as habilidades comunicativas para analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información a diversas audiencias. |
|
B1 B6
|
|
Exprésase correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
|
|
|
C1
|
Desenvólvese para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
C4
|
Asume como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Conceptualización do diagnóstico en educación e nas necesidades socioeducativas |
1.1. Definición de diagnóstico
1.2. Modelos teóricos da avaliación de necesidades
1.3. Elementos humanos no diagnóstico. Competencias da/o profesional da Educación Social |
Tema 2. Dimensións do diagnóstico |
2.1 Dimensións, ámbitos e áreas de actuación no diagnóstico
2.2 Dimensión socioambiental: familia, grupo de pares, barrio e comunidade |
Tema 3. A recollida de datos: técnicas e instrumentos |
3.1 Clasificación das técnicas: proxectivas, subxectivas, psicométricas, sociométricas
3.2 Observación: instrumentos para a recollida de datos
3.3 Técnicas participativas de avaliación de necesidades
3.4 O informe diagnóstico: tipos de informe, estrutura e redacción
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A8 A11 C4 C7 |
21 |
0 |
21 |
Proba mixta |
A5 B1 C1 C7 |
3 |
30 |
33 |
Estudo de casos |
A5 A8 A11 A13 A21 B1 B6 C1 C4 C7 |
3 |
2 |
5 |
Simulación |
A5 A8 A11 B2 C1 C4 C7 |
3 |
2 |
5 |
Aprendizaxe servizo |
A5 A8 A11 A13 A21 B2 B1 C1 C4 C7 |
4 |
40 |
44 |
Portafolios do alumno |
A5 B1 B2 C1 C7 |
8 |
20 |
28 |
|
Atención personalizada |
|
14 |
0 |
14 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas abertas (de desenvolvemento) e preguntas obxectivas (de resposta múltiple, breve, asociación...). |
Estudo de casos |
Metodoloxía na que o alumnado enfróntase ante a descripción dunha situación específica que formula un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto de xeito grupal, mediante un proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser quen de analizar unha serie de feitos referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para acadar unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Simulación |
Representación dun fenómeno de natureza sinxela, técnica ou psicolóxica, que permite a análise máis sinxela, económica ou innocua que si se fixera sobre o orixinal ou a realidad. Trátase de condicións nas que o alumnado pon a proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. |
Aprendizaxe servizo |
Combinar o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. |
Portafolios do alumno |
Documento que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas o que permite visualizar o progreso do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Simulación |
Aprendizaxe servizo |
Estudo de casos |
Proba mixta |
Portafolios do alumno |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A5 B1 C1 C7 |
Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.
- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada. |
30 |
Portafolios do alumno |
A5 B1 B2 C1 C7 |
As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, simulación, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).
O dito documento deberá reunir as seguintes características:
- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.
O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame. |
70 |
|
Observacións avaliación |
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 3.5 sobre 7 na proba mixta, un 1.5 sobre 3 no portafolio.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida. ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto). ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Pérez-Campanero, M.P. (1991). Cómo derectar las necesidades de intervención socioeducativas. Madrid: Narcea
Granados García-Tenorio, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz y Torres
Rubio, M.J. y Varas, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social: Métodos y técnicas de investigación . Madrid: CCS
Benítez Ramírez, M.C. (2013). El informe socioeducativo: instrumento de la Educación Social. RES Revista de Educación Social, 16, 1-17
Rodríguez Pérez, A. y Morera Bello, M.D. (2001). El sociograma: Estudio de las relaciones informales en las organizaciones. Madrid: Pirámide.
Sánchez Romero, C. (2015). Formación y desarrollo profesional del educador social en contextos de intervención. Madrid: UNED
Corbetta, P. (2010). Metodologías y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill
Sánchez Huete, J.C. (2013). Métodos de investigación educativa. Sevilla: Punto Rojo Libros, S.L.
Diz López, M.J. (2017). Necesidades formativas. Modelos para su análisis y evaluación. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extr.(6), 1-5
Pérez Serrano, G (2003). Pedagogía social. Educación social: Construcción científica e intervención práctica. Madrid: Narcea
Losada, L., Muñoz, J.M. y Espiñeira, E.M. (2015). Perfiles, funciones y competencias del educador social a debate: análisis de la trayectoria de la formación de profesionales de la educación social. RES Revista de Educación Social, 60, 59-76
Álvarez Rojo, V., García Jiménez, E., Gil Flores, J., Martínez Clares, P., Romero Rodríguez, S. y Ro (2002). Primera fase de la intervención: La determinación de las necesidades de los destinatarios del programa (pp. 51-93). Madrid: EOS
Bryman, A. (2016). Social research methods. Nueva York: Oxford University Press.
Puig Rovira, J.M., Martín García, X. y Rubio Serrano, L. (2017). ¿Cómo evaluar proyectos de aprendizaje-servicio?. Voces de la Educación, 2(4), 122-132 |
|
Bibliografía complementaria
|
Escudero, J. (2010). Análisis de la realidad local: Técnicas y Métodos de intervención desde la animación sociocultural. . Madrid: Narcea
Muiños, R. (2008). El diagnóstico participativo. Costa Rica: EUNED
Fernández-Ballesteros, R. (2009). Evaluación psicológica: Conceptos, métodos y estudios de caso. Madrid: CCS
Kumar, R. (2014). Research methodology: A step-by-step guide for beginners . Nueva Delhi: APH Publishing Corporation
Kothary, C.R. (2006). Research methodology: Methods and techniques. Nueva Delhi: Noew Age International Publisher |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|