Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Fundamentos de Economía: Industria da Moda Código 710G03003
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Economía
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecer os fundamentos básicos das cuestións económicas máis relevantes, tanto na súa vertente macroeconómica como microeconómica. O estudo dos conceptos fundamentais, instrumentos e principios de economía permite comprender as decisións económicas da cidadanía nos seus diferentes roles como consumidores, inversores, votantes, empregadores/empregados, emprendedores, etc. O desenvolvemento desta materia está pensado en última instancia para entender a industria da moda e poder aplicar o aprendido sobre o funcionamento dos mercados (empresas e clientes) e a análise da competencia empresarial ás cuestións e problemáticas desta industria.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Comprender o funcionamento real da economía na sociedade contemporánea e mais as interrelacións dos ámbitos empresarial, laboral, financeiro, social e político para acadar unha percepción xeral dos problemas macroeconómicos e microeconómicos en entornos internacionais e globalizados. B1
B2
B3
B4
B5
Capacidade de síntese e de aplicación práctica dos conceptos teóricos para o tratamento e resolución de problemas económicos en xeral (e da industria de moda, en particular) de forma reflexiva, crítica e autónoma. Capacidade de expresión oral e escrita. Capacidade de traballo en equipo. B6
B7
B8
B9
Sensibilización na obriga de todo cidadán de contribuír cos seus coñecementos a tratar de resolver as necesidades humanas individuais e colectivas cunha mellor comprensión da natureza e problemática destas últimas. Desenvolvemento do alumnado na toma de decisións económicas ao longo da súa vida tendo presente o enfoque da economía sostible (vínculos económico-social-ambiental) como fonte de xeración de benestar a longo prazo A2
A7
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
MODULO I. INTRODUCCIÓN 1.1. Presentación da materia
1.2. Principios económicos fundamentais
MÓDULO II. MICROECONOMÍA, MERCADOS E COMPETENCIA 2.1. Os consumidores: teoría do consumo
2.2. A empresa: teoría dA producción e dos costes
2.3. Os mercados competitivos
2.4. A competencia imperfecta: monopolio, competencia monopolítica e oligopolio
2.5. Os mercados de factores: mercado de traballo e desemprego
MÓDULO III. MACROECONOMÍA E FINANZAS 3.1. A demanda agregada: o mercado de bens e servizos (IS) e o mercado de diñeiro (LM)
3.2. A oferta agregada: o mercado de traballo
3.3. O comercio internacional
MÓDULO IV. A INDUSTRIA DA MODA (parte práctica) 4.1. Definición da moda, o luxo e mais os sistemas competitivos complexos e a lóxica empresarial
4.2. Modelos de negocio da industria da moda
4.3. Identidade de estilo e o proceso de desenvolvemento do produto
4.4. Identidade de imaxe e o proceso de comunicación
4.5. Venda ao por menor (retail) e estratexias de distribución

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B2 B3 B4 B5 60 0 60
Solución de problemas B4 B5 B8 B9 0 30 30
Traballos tutelados A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 4 18 22
Saídas de campo A7 A2 B2 B4 10 0 10
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B5 10 0 10
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará cada un dos temas do programa, insistindo nos conceptos fundamentais e as súas interrelacións.
A asistencia a clase ten a consideración de obrigatoria, aínda que non se pasará lista.
Solución de problemas Os alumnos resolverán problemas relacionadas con cada un dos capítulos do temario.
O profesor explicará previamente a metodoloxía que debe seguirse e a orientación bibliográfica
Traballos tutelados Os traballos tutelados terán como obxectivo principal a aplicación dos coñecementos adquiridos a un estudo de caso dunha empresa particular dentro da industria da moda. Un segundo objetivo será o de profundizar nos temas do curso. Os temas dos traballos serán propostos pola profesora da asignatura. O alumnado presentará as diferentes etapas da elaboración do traballo e, especialmente, os resultados obtidos e mais as principais conclusións.
Saídas de campo Asistirase aos eventos suxeridos polo equipo docente que resulten de interés para o alumnado, en relación coa asignatura, como por exemplo conferencias, mesas redondas, exposicións, etc.
Proba mixta O exame final da materia que de carácter escrito. Optarase preferiblemente por probas tipo test de resposta múltiple aínda que poderá constar tamén de preguntas breves e/ou preguntas de ensaio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A profesora estará dispoñible para a atención personalizada ao alumnado sempre que eles o requiran, para aqueles temas que estimen oportunos en relación co temario da asignatura e, particularmente, para resolver as dúbidas do proceso de elaboración do traballo tutelado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A7 B5 B6 B7 C7 C8 Terase en conta a resolución do caso de estudo asignado ao alumno/a e a participación activa na elaboración do traballo en conxunto.
30
Proba mixta B1 B2 B3 B4 B5 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas polo equipo docente 70
 
Observacións avaliación

Os devanditos criterios de
avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade.

 Os alumnos que suspendan a
proba mixta (examen) figurarán en actas coa calificación obtida
no mesmo.

Con respecto á cualificación
de non presentado, só
serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron
a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que liberen unha
parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o
curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa
cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos
seguintes cursos académicos.

Os alumnos que o desexen
poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación
ao profesor e autorización por parte deste.

Se houbese un alumno que
queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta
materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste
caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.

Está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.


Fontes de información
Bibliografía básica

Krugman, P., Wells, R. & Graddy K. (2014). Essentials of economics. 3rd Edition. Reverté

Krugman, P., Wells, R. & Graddy, K. (2014). Fundamentos de Economía. 3rd Edition.Reverté

Bibliografía complementaria

Pindyck R. S. and Rubinfeld, D. L. (2013). Microeconomics. Pearson

Frank, R.H. (2010). Microeconomics and Behavior. McGraw-Hill

Blanchard, O. (2017). Macroeconomics. 7th Edition. Pearson

Pindyck, R.S. & Rubinfeld, D.L. (2012). Introducción a la Economía: Microeconomía. Pearson. Prentice Hall

Mochón Morcillo, F. (2009). Introducción a la Macroeconomía. Madrid. Mcgraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías