Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Ampliación de hidrostática e hidrodinámica (en extinción) Código 730496020
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Profesorado
Miguez Gonzalez, Marcos
Correo electrónico
marcos.miguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é ampliar os coñecementos de hidrostática e á hidrodinámica naval, así como o modo de facer os cálculos de arquitectura e hidrodinámica naval, dos alumnos procedentes dos Graos en Propulsión e Servizos do Buque ou con coñecementos moderados nestas temáticas.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB06 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB07 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB09 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 G01 Capacidade para resolver problemas complexos e para tomar decisións con responsabilidade sobre a base dos coñecementos científicos e tecnolóxicos adquiridos en materias básicas e tecnolóxicas aplicables na enxeñaría naval e oceánica, e en métodos de xestión.
B7 G02 Capacidade para concibir e desenvolver solucións técnica, económica e ambientalmente adecuadas a necesidades de transporte marítimo ou integral de persoas e mercadorías, de aproveitamento de recursos oceánicos e do subsolo mariño (pesqueiros, enerxéticos, minerais, etc.), uso adecuado do hábitat mariño e medios de defensa e seguridade marítimas.
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para a comprensión dos fundamentos nos que se basean tanto a hidrostática como a hidrodinámica do buque, incluíndo a realización de todos os cálculos relacionados con ambos campos e a capacidade para analizar os resultados obtidos. BM1
BM2
BM4
BM5
BP1
BP2
CM1

Contidos
Temas Subtemas
OS TEMAS SEGUINTES DESENVOLVEN OS CONTIDOS DESCRITOS NA MEMORIA DE VERIFICACIÓN DO TÍTULO, QUE SON: CÁLCULO DE ÁREAS, VOLUMES, MOMENTOS.
AMPLIACIÓN DE CONCEPTOS RELACIONADOS COA ESTABILIDADE EN ESTADO INTACTO E TRAS AVARÍAS.
EXPERIENCIA DE ESTABILIDADE.
PROCESOS DE TRASNFERENCIA (VARADAS).
AMPLIACIÓN DE RESISTENCIA AO AVANCE.
CÁLCULO DE PROPULSORES CONVENCIONAIS.
CAVITACIÓN.
Hidrodinámica. Ampliación de Resistencia ó avance - Descomposición da resistencia ó avance.
- Métodos teóricos e experimentais de análisie de resistencia ó avance.
- Ensaios en canle de experiencias.
- Resistencia por formación de ondas.
Hidrodinámica. Cálculo de propulsores. Cavitación. - Teorías de funcionamiento do propulsor.
- Ensaios experimentais.
- Cavitación.
- Series sistemáticas.
Hidrodinámica. Cálculo de propulsores. Proxecto de hélices - Cálculo a diámetro óptimo.
- Cálculo a revolucións óptimas.
Hidrostática. Ampliación de estabilidade en estado intacto. Estabilidade transversal - Estabilidade transversal a pequenos e grandes ángulos.
- Estabilidade dinámica.
- Criterios de estabilidade en estado intacto.
- Experiencia de estabilidade
Hidrostática. Ampliación de estabilidade en estado intacto. Estabilidade lonxitudinal - Modificacións no trimado do buque pola variación da condición de carga.
Hidrostática. Ampliación de Varadas accidentais e controladas - Varada en dique seco.
- Varada en dique flotante.
- Varada involuntaria.
Hidrostática. Ampliación de Estabilidade tras avarías - Cálculo do equilibrio lonxitudinal do buque tras avaría.
- Cálculo do equilibrio transversal do buque tras avaría.
- Criterios reglamentarios de estabilidade do buque tras avarías. Coñecementos teóricos e aplicación práctica.
Hidrostática. Ampliación de Francobordo e arqueo - Francobordo. Convenio de Liñass de Carga de 1966. Protocolo de 1988.
- Arqueo. O Convenio de Arqueo de Buques de 1969.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 4 103 107
 
Atención personalizada 5.5 0 5.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Para a avaliación dos coñecementos adquiridos realizásense probas obxectivas compostas basicamente de resolución de problemas e resposta a cuestións de teoría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Tendo en conta que esta é unha asignatura a extinguir e que non ten docencia, asígnanse horas de atención personalizada para resolver as dúbidas que poidan xurdir sobor da proba obxectiva.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, podendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, das indicadas no apartado de contidos.

A puntuación desta proba supoñerá o 100 % da nota final do alumno.

Será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre un máximo de 10 para superar a asignatura.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

- Zazurca, A. Teoría del Buque. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid. 1983.

- de Juan García Aguado, J. M. Estática del buque. Servicio de Publicaciones de la Universidade da Coruña. A Coruña. 2004.

- Tupper, E. C., Rawson, K. J. Basic ship theory, combined volume. Butterworth-Heinemann. 2001.

- Lewis, E. V. Principles of naval architecture second revision: stability and strength. SNAME. Jersey.1988.

- Biran, A., Lopez Pulido, R. Ship hydrostatics and stability. Butterworth-Heinemann. 2013.

- Zazurca, A. Resistencia Viscosa de Buques. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid.

- Baquero, J.A. Resistencia al Avance. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid.

- Baquero, J.A. Introducción a la propulsión de buques. Sección de Publicaciones Escuela Técnica Superior de Ingenieros Navales y Oceánicos. UPM. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
HIDROSTATICA E ESTABILIDADE DO BUQUE/730G01122
MÉTODOS COMPUTACIONAIS APLICADOS AO PROXECTO DO BUQUE/730G01143

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
TRABALLO FIN DE GRAO/730G01151

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentales que se realicen nesta materia:

- Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

      - Non se empregarán plásticos

      - Realizaranse impresións a dobre cara.

      - Empregarase papel reciclado.

      - Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sostenible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías