Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Electrónica e instrumentación (en extinción) Código 730497007
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2018)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Profesorado
Quintián Pardo, Héctor
Correo electrónico
hector.quintian@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia proporciona ao alumno a capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial, mediante a consecución dos seguintes resultados da aprendizaxe:
- Coñecer os elementos e os principios de funcionamento dun sistema de adquisición de datos.
- Coñecer os fundamentos do procesamento de sinais analóxicos e dixitais.
- Coñecer os principios de funcionamento e a aplicación dos sistemas de instrumentación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 ETI7 - Capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial.
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e profanos dun modo claro e sen ambigüidades.
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B11 G6 - Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
B12 G7 - Poder exercer funcións de dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos I+D+i en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
C1 ABET (a) - An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering.
C12 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os elementos e os principios de funcionamento dun sistema de adquisición de datos. AP7
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP11
BP12
CP1
Coñecer os fundamentos do procesamento de sinais analóxicos e dixitais. AP7
BP1
BP2
BP4
BP5
BP11
BP12
CP1
Coñecer os principios de funcionamento e a aplicación dos sistemas de instrumentación. AP7
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP11
BP12
CP1
Capacidade para deseñar sistemas electrónicos e de instrumentación industrial. AP7
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP11
BP12
CP1
CP12

Contidos
Temas Subtemas
1. Arquitectura e elementos dos sistemas de instrumentación industrial
1.1. Introdución.
1.2. Acondicionadores de sinal.
1.2.1. Amplificadores.
1.2.2. Filtros.
1.2.3. Moduladores e demoduladores.
1.2.4. Outros Acondicionadores.
1.3. Sensores
2. Sistemas de adquisición de datos. 2.1. Introdución.
2.2. Convertedores A/D e D/A.
2.3. Sistemas electrónicos dixitais programables.
3. Dispositivos de medida para contornas industriais 3.1. Sensores Intelixentes.
3.2. Buses de Campo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 B1 B3 B5 B11 20 11 31
Proba obxectiva A7 B1 B2 B3 B5 2 9.5 11.5
Solución de problemas A7 B1 B2 B3 C1 10 0 10
Proba de resposta múltiple A7 B1 B3 B5 B11 2 6 8
Traballos tutelados B3 B4 B5 B11 B12 C1 1 24 25
Prácticas de laboratorio A7 B2 C1 C12 15 10 25
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais desenvólvense os contidos da materia tanto a nivel teórico como práctico.
Proba obxectiva A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia.
Solución de problemas Durante sesións presenciais formularanse supostos prácticos para a súa resolución.
Proba de resposta múltiple Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase.
Traballos tutelados Realizarase polo menos unha exposición audiovisual dun tema proposto utilizando de xeito preferente as TIC.
Prácticas de laboratorio Consistirá na simulación e/ou montaxe de circuítos básicos de instrumentación electrónica utilizando o programa de simulación electrónica Orcad Pspice e os equipos de laboratorio.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Proba obxectiva
Solución de problemas
Descrición
Cada alumno dispón para a resolución das súas posibles dúbidas e/ou problemas, das correspondente sesións de titoría personalizada que pode realizarse de forma presencial no horario establecido ou de forma non presencial por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 B1 B3 B5 B11 Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase. 30
Traballos tutelados B3 B4 B5 B11 B12 C1 Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. 30
Prácticas de laboratorio A7 B2 C1 C12 A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia. 10
Proba obxectiva A7 B1 B2 B3 B5 A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A proba obxectiva realizarase nas convocatorias oficiais de Xaneiro e Xullo. 30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.

A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas nas Prácticas de laboratorio, Traballos tutelados, Proba de resposta múltiple e Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

  • Que se realizasen as Prácticas de laboratorio cunha puntuación maior ou igual que 5.
  • Que a nota da Proba obxectiva sexa maior ou igual que 12.

No caso de que non se cumpran as condicións anteriores e a suma supere os 50 puntos, a nota final será un 45.

As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no que se obteñan.

A aqueles estudantes matriculados a tempo parcial que non poidan asisistir as sesións prácticas proporáselles a lo menos un traballo alternativo cuxa puntuación sustitúa a das Prácticas de labotarorio,



Fontes de información
Bibliografía básica Bela G. Liptak (2002). Instrument Engineers' Handbook - Process Software and Digital Networks. CRC Press
Bela G. Liptak (2003). Instrument Engineers' Handbook, Volume One - Process Measurement And Analysis. CRC Press
Pérez García M. A. (2008). Instrumentación Electrónica. Thomson
John G. Webster (2014). Measurement, Instrumentation, and Sensors Handbook. CRC Press
Pallas, Ramon (2005). Sensores y Acondicionadores de Señal. Marcombo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumplir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega de traballos documentais que se realicen na materia:

  • Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
  • Realizarase a través do Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
  • No caso de ser realizados en papel.
           - Non se empregarán plásticos. 
           - Realizaranse impresións a doble cara. 
           - Empregarase papel reciclado. 
           - Evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías