Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Arte de Concepto I. Personaxes Código 730529007
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Métodos Matemáticos e de Representación
Coordinación
Mihura López, M. Rocío
Correo electrónico
rocio.mihura@udc.es
Profesorado
Fariña Lamosa, Ángel José
Mihura López, M. Rocío
Correo electrónico
angel.farina@udc.es
rocio.mihura@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia introduce ao alumno na conceptualización e representación visual dos personaxes de un videoxogo. Dada a natureza do contido, non se acepta dispensa académica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A18 CE18 - Coñecer os fundamentos artísticos e técnicos que permitan conceptualizar gráficamente os elementos dun videoxogo
A19 CE19 - Crear a arte conceptual dos distintos elementos necesarios para facer un videoxogo
B1 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B11 CG6 - Capacidade crítica e autocrítica necesaria en todo proceso creativo no que se busca un compromiso coa calidade do traballo, os resultados e as solucións propostas
C1 CT1 - Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita
C2 CT2 - Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado
C4 CT4 - Capacidade de abstracción, análise, síntese e estruturación da información e as ideas
C6 CT6 - Capacidade de enfrontarse a situacións novas e utilizar o coñecemento, tecnoloxía e información dispoñibles para resolver os problemas cos que debe de enfrontarse
C8 CT8 - Coñecemento e utilización das novas tecnoloxías necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumno aprenderá a conceptualizar de maneira visual os personaxes dun videoxogo. AP19
BP1
BP2
BP3
CP1
Adquirirá os coñecementos necesarios para crear esbozos e ilustracións que representen de maneira visual os personaxes, aprendendo a reflectir tanto o seu aspecto como a súa personalidade e historia do personaxe, en coherencia coa historia e xugabilidade do xogo. AP18
BP4
BP5
BP11
CP2
CP4
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
Anatomía. Deseño de anatomía para o videoxogo.
Debuxo postural. Carta de posturas e expresións.
Arquetipos. Psicoloxía, personalidade e estética.
Creación do arte conceptual a partir da historia. Arte conceptual no videoxogo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 B4 C1 2 2 4
Portafolios do alumno A19 B5 B1 C2 1 14 15
Obradoiro A18 B2 B11 C4 C6 C8 28 28 56
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se realizarán exposicións sobre temas relacionados coa materia, para facilitar o aprendizaxe.
Portafolios do alumno Os alumnos xenerarán durante o tempo que transcurra a materia unha carpeta cos traballos e actividades solicitadas polo docente, o que permitirá visualizar o progreso do alumno
Obradoiro Os alumnos desenvolverán tarefas eminentemente prácticas sobre temas propostos na aula, co apoio e supervisión do profesorado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Durante cada sesión do obradoiro, os alumnos recibirán de forma individual correccións sobre o seu traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A18 B2 B11 C4 C6 C8 Avaliarase o traballo realizado en clase. É necesaria a asistencia. 60
Portafolios do alumno A19 B5 B1 C2 O portafolio será a base para avaliar o progreso do alumno. Valorarase positivamente a organización do mesmo. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Daniel González Jiménez (2014). Arte De Videojuegos. Da Forma A Tus Sueños. Ra-Ma
Bill Stoneham (2012). Cómo crear arte fantástico para videojuegos. Barcelona: Norma Editorial
Chris Patmore (2006). Diseño de Personajes. Barcelona: Norma Editorial
Chris Solarski (2012). Drawing Basics and Video Game Art. New York: Watson-Guptill
Marianne Krawczyk, Jeannie Novak (2006). Game Development Essentials: Game Story & Character Development. Cengage learning
Todd Gantzler (). Game Development Essentials: Video Game Art. New York: Thomson Delmar Learning

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

-Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

-Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

-En caso de ser necesario realizalos en papel:

-   Non se empregarán plásticos.

-   Realizaranse impresións a dobre cara.

-   Empregarase papel reciclado.

-   Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías