Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) RECIPIENTES E CONDUCIÓNS A PRESIÓN Código 730G04059
Titulación
Grao en enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Profesorado
Moreno Madariaga, Alicia
Correo electrónico
alicia.moreno@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdase os criterios básicos para os recipientes sometidos a presión interna e/ou externa, de acordo coas normas da UE e ASME, así como as técnicas de homologación precisas.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumno coñeza os conceptos básicos para o didseño e a execución dos depósitos e recipilentes a presión segundo a normativa e os criterios utilizados na Unión Europea. A1
A4
A6
B1
B9
C1
C6
Que o alumno coñeza a planificación e control de custos da obra A1
A4
A6
B1
B9
C1
C3
C6
Dirixir e controlar a obra A1
A4
A6
B1
B2
B4
B5
B7
B9
C1
C4
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación.
- Normativa e fabricación de recipientes a presión.
Tema 1: Deseño de recipientes sometidos a presión interna. Teoría da membrana. Aplicación a recipientes esféricos, cilíndricos cónicos e troncocónicos. Depósitos de gases. Depósitos de líquidos. Normativa. Deseño de recipientes sometidos a presións intermedias. Deseño de recipientes sometidos a alta presión.
Tema 2: Deseño de recipientes sometidos a presión externa. Normativa. Presión de deseño. Deseño de carcasas cilíndricas. Deseño de carcasas esféricas. Deseño de angulares de reforzo.
Tema 3: Deseño de torres altas. Presión interna ou externa, efecto do vento, cargas sísmicas, peso, cargas excéntricas. Combinación de esforzos. Escalonamiento de espesores. Condicións de estabilidade. Frecha máxima e vibración.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 B1 B2 B4 B5 14 28 42
Traballos tutelados A1 B1 B4 B5 C3 C4 C5 C6 7 28 35
Presentación oral A1 B1 B4 2 0 2
Proba oral A1 B1 B4 1 0 1
Proba obxectiva A1 B1 B2 3 0 3
Sesión maxistral A4 A6 B7 B9 C1 21 42 63
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma.
Traballos tutelados Realizarase un proxecto relacionado coa materia durante o curso.
Presentación oral Presentación oral do traballo tutelado.
Proba oral Farase unha avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma oral
Proba obxectiva Farase unha avaliación dos coñecementos teóricos e prácticos da materia de forma escrita
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Alumnado con dedicación completa:
Traballos tutelados: seguimento e resolución de dúbidas sobre o desenvolvemento do proxecto

Alumnado a tempo parcial:
Traballos tutelados: seguimento e resolución de dúbidas en tutorías individuais sobre o desenvolvemento do proxecto

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 B1 B4 Exame oral sobre os contidos da materia 10
Proba obxectiva A1 B1 B2 Exame escrito sobre os contidos da materia 60
Traballos tutelados A1 B1 B4 B5 C3 C4 C5 C6 Realización dun proxecto 20
Presentación oral A1 B1 B4 Presentación do proxecto realizado 10
 
Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia:

asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75%:

a) Traballos tutelados: realización do proxecto (20%)

b) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia
(60%)

c) Proba oral: exame oral sobre os contidos da materia (10%)

d) Presentación oral: presentación do proxecto realizado (10%)

Segunda oportunidade:

a) Traballos tutelados: realización do proxecto (20%)

b) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia
(60%)



c) Proba oral: exame oral sobre os contidos da materia
(20%)


Fontes de información
Bibliografía básica Eugene F. Megyesy (1994 (1999 reimp.)). Manual de recipientes a presión diseño y cálculo. México ; España: Limusa

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G04013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostido e cumprir co obxectivo da acción número 5: Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social do Plan de Acción Green Campus Ferrol:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
En caso de ser necesario realizalos en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías