Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais. |
A14 |
Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo. |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B7 |
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral. |
B8 |
Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais. |
B9 |
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
CM1
|
Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha axeitada dirección e xestión laboral. |
AP2
|
BP7 BP8
|
|
Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
AP14
|
BP9
|
|
Adquirir coñecementos dabondo para unha axeitada organización laboral nos cadros de persoal. |
AP2
|
BP8
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
CM3 CM8
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
BP2 BP3 BP4
|
CM7 CM8
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM3
|
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Sistema de información contable |
1.1 Concepto
1.2 Usuarios
1.3 Normalización |
2. Estados financeiros |
2.1 Clasificación
2.2 Obxectivos da análise de estados financeiros |
3. Análise patrimonial e da situación financeira |
3.1 Estrutura do balance
3.2 Equilibrio financeiro a curto prazo
3.3 Equilibrio financeiro a longo prazo |
4. Análise dos resultados e da situación económica |
4.1 Estrutura da conta de resultados
4.2 Rendibilidade económica
4.3 Valor engadido e o seu reparto
4.4 Rendibilidade financeira |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
B7 B9 |
5 |
5 |
10 |
Discusión dirixida |
B2 B4 B7 B8 |
3 |
3 |
6 |
Estudo de casos |
A2 B3 C1 C3 C7 |
4 |
12 |
16 |
Prácticas a través de TIC |
A14 B9 C8 |
4.5 |
13.5 |
18 |
Presentación oral |
B9 C2 C4 |
4.5 |
4.5 |
9 |
Resumo |
B3 C1 C3 C4 |
1.5 |
3 |
4.5 |
Proba obxectiva |
A2 B3 B2 C1 |
1.5 |
4.5 |
6 |
Foro virtual |
B4 C1 C3 C4 |
0 |
1.5 |
1.5 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas de análise contable tratados no programa. |
Discusión dirixida |
Preparación dos temas formulados polos docentes e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Estudo de casos |
Traballo en grupo, guiado polos docentes, para a resolución e discusión dun caso baseado en empresas reais. O alumnado, a través da aplicación de técnicas de análise contable e dun proceso de discusión entre os membros do grupo de traballo, debe ser capaz de identificar información relevante, interpretala e chegar a unha conclusión razoada. |
Prácticas a través de TIC |
Uso da folla de cálculo para desenvolver a análise contable e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Presentación oral |
Presentación na aula do traballo realizado en grupo. |
Resumo |
Identificación dunha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e síntese dos seus principais contidos resaltando aqueles traballados na aula. |
Proba obxectiva |
Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos. |
Foro virtual |
Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
Discusión dirixida |
Estudo de casos |
Presentación oral |
Resumo |
|
Descrición |
Guiarase a cada un dos alumnos con relación ás actividades propostas.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A2 B3 B2 C1 |
A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. |
50 |
Estudo de casos |
A2 B3 C1 C3 C7 |
Pedirase aos estudantes que resolvan un caso práctico de análise contable traballando en grupo. Valorarase de xeito conxunto, tendo en conta o rigor na resolución, o traballo en equipo e o axeitado uso de TIC (folla de cálculo, ferramentas de presentación, bases de datos, etc.). |
30 |
Presentación oral |
B9 C2 C4 |
Pedirase aos estudantes que presenten na aula o caso práctico de análise contable resolto previamente en grupo. Valorarase a presentación oral de xeito individual, tendo en conta a presentación e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. |
10 |
Resumo |
B3 C1 C3 C4 |
Pedirase aos estudantes que, individualmente, identifiquen unha noticia de actualidade relacionada co contido da materia e preparen unha síntese dos seus principais contidos, resaltando aqueles traballados na aula. |
10 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado debe traballar de xeito continuado ao longo do curso, preparar semanalmente as cuestións e os casos prácticos propostos e participar activamente nas discusións promovidos na clase e no foro virtual. Valorarase positivamente a participación activa na aula/foro virtual, tendo en conta tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Se non se realiza a proba obxectiva ou non se entrega e presenta o caso práctico de análise contable, a cualificación nesa oportunidade será non presentado. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo. Avaliación da segunda oportunidade. Seguirá os mesmos criterios que os utilizados na avaliación da primeira oportunidade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Archel Domench, P.; Lizarraga Dallo, F.; Sánchez Alegría, S.; Cano Rodríguez, M. (2015). Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Madrid: Pirámide |
|
Bibliografía complementaria
|
Rodríguez Morales, L. (2012). Análisis de estados financieros: un enfoque en la toma de decisiones. México: McGraw-Hill
Label, W.A.; De León, J. (2015). Contabilidad para no contables. Madrid: Pirámide
Llorente Olier, José Ignacio (2017). Elaboración y presentación de informes económico-financieros y reporting. Madrid: Centro de Estudios Financieros
Soriano, M.J.; Amat, O. (coord.) (2010). Introducción a la contabilidad y las finanzas. Barcelon: Profit |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Nesta materia, a entrega dos traballos documentais realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. |
|