Solución de problemas |
Dedicaranse varias sesións presenciais á resolución de problemas ou supostos propostos con anterioridade. |
Proba obxectiva |
Ao final do cuadrimestre, nas datas determinadas polo calendario do Máster, realizarase unha proba obxectiva na que se avalíen os coñecementos adquiridos na materia. Poderá conter preguntas curtas ou de tipo test, ou problemas. |
Sesión maxistral |
Revisaranse os contidos do temario durante as clases para expor os principais conceptos que permitan ao estudante a realización de problemas e traballos relacionados. |