NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN DA MEMORIA ESCRITA
Aconséllase que a memoria se presente coa sinatura e conformidade do director/directores, se ben esta nunca substituirá á necesaria autorización telemática da defensa na Secretaría Virtual.
-O formato da memoria será avaliado, e terá que seguir estes requisitos básicos:
1. Máximo de 25 páxinas. Non estarán incluídas a portada, a folla de firmas dos directores do traballo, o resumo e o índice.
2. Marxes non inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterais)
3. Texto normal: letra Arial (ou similar) a 12 puntos / Pés de figura ou encabezados das táboas: non menos de 10 puntos
4. Espazo interlineal sinxelo ou 1,5 liñas
5. Poderanse engadir anexos (gráficos/táboas/figuras de gran tamaño) se o alumno así o precisase
6. Recoméndase:
- Imprimir a doble cara
- Non empregar plásticos na encadernación da memoria
-Quedará a criterio do director o emprego de software de detección de
plaxiarismo na memoria, se ben recoméndase a aplicación do programa Turnitin. Aquelas memorias nas que non se realice a análise poderán
presentarse, se ben non quedarán recollidas no repositorio institucional
da Universidade da Coruña (RUC)
NORMAS SOBRE A PRESENTACIÓN ORAL 1. Para a defensa pública do TFG, cada estudante disporá dun tempo máximo de 15 minutos (se ben recoméndase unha exposición de 10 minutos), do que será debidamente informado polo tribunal. Neste
tempo deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do
seu traballo.
2. Trala exposición do estudante os membros do tribunal, por turnos, realizarán as observacións e preguntas que consideren acaídas, se ben recoméndase un tempo máximo de 5 minutos por membro do tribunal.