Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
A14 |
Capacidade de elaboración de normas. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B6 |
Aprender a aprender. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir unha visión global do Dereito moderno e das profundas transformacións experimentadas polos sistemas xurídicos contemporáneos. |
A2 A3 A4 A6 A10 A12
|
B9 B1 B2 B3 B5
|
C4 C6 C7
|
Desenvolver instrumentos conceptuais e metodolóxicos para a crítica da visión global do Dereito recibida de modo implícito ao longo de toda a carreira. |
A2 A5 A6 A8 A11 A14
|
B6 B8 B11 B1 B2 B3
|
C4 C6 C8
|
Desenvolver e avaliar con sentido crítico e de modo creativo a capacidade de argumentación xurídica. |
A4 A8 A10 A11 A12
|
B8
|
C1 C4 C6
|
Coñecer os diferentes debates actuais sobre problemas relacionados coa xustiza na organización da sociedade, e desenvolver críticamente unha posición persoal en relación con eles. |
A2 A4 A6 A8 A10 A12
|
B6 B8 B11 B2
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A Filosofía do Dereito como comprensión e como crítica do Dereito contemporáneo. |
1. O mundo, os mundos e as nosas ideas acerca do mundo.
2. A Filosofía como realidade cultural e histórica.
3. Pensar o propio tempo, tarefa da Filosofía do Dereito.
4. Por onde comezar? O problema do punto de partida. O paradigma dominante como punto de partida |
2. Modernidade xurídica e positivismo xurídico. |
1. Xénese e evolución do paradigma do positivismo xurídico.
2. A bases teóricas e ideolóxicas do Estado moderno.
3. As transformaciones do Dereito a partires da codificación.
4. A aspiración de facer do Derecho unha ciencia: a ciencia xurídica nos séculos XIX e XX. |
3. As deficiencias do paradigma positivista. |
1. As dificuldades do positivismo para explicar a práctica xurídica e para proporcionar instrumentos que permitan operar nela.
2. A unilateralidade do concepto positivista de Dereito.
3. O carácter ideolóxico do cientificismo e a índole necesariamente valorativa da ciencia xurídica. |
4. A evolución dos sistemas xurídicos occidentais desde a segunda metade do século XX. |
1. Constitucionalización dos sistemas xurídicos e neo-constitucionalismo.
2. Superación do marco do Estado e da ecuación Estado-Dereito. |
5. Os intentos de superación ou revisión actual do positivismo xurídico. |
1. As teorías da argumentación. Aportacións e dificuldades.
2. As teorías críticas. Aportacións e dificuldades. |
6. Bases para a construción dunha filosofía xurídica capaz de dar conta do Dereito actual. |
1. Unha perspectiva hermenéutica fundada ontoloxicamente.
2. O Dereito como forma de coexistencia.
3. Os paradigmas contemporáneos sobre a xustiza. |
7. Algunhas cuestións particulares sobre xustiza e dereitos. |
1. Os fundamentos do debate sobre a xustiza: utilitarismo, libertarismo, ética da virtude e kantismo.
2. Mercado e moral.
3. A ética socialdemócrata contemporánea (Rawls).
4. Os argumentos a favor e en contra da discriminación positiva. Políticas de xénero.
5. A cuestión dos méritos.
6. Virtude cidadá e as esixencias e límites da lealdade o que nos debemos uns a outros.
7. Xustiza e ben común. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A3 A4 A5 A6 B6 B3 C4 C6 |
21 |
42 |
63 |
Lecturas |
A2 A4 A5 A6 A10 B8 B1 B2 B5 C7 |
14 |
14 |
28 |
Seminario |
A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 |
14 |
28 |
42 |
Proba de ensaio |
A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Terán un carácter introductorio aos principais temas da materia, ou ben de recapitulación.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A6, A8 e A14. |
Lecturas |
O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa das/vos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e jurisprudenciales-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia.
Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6. |
Seminario |
Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7.
Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar críticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión.
Serven para dearrollar as habilidades argumentativas, orais e escritas, e para desenvolver un pensamento sistemático, creativo e crítico.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6. |
Proba de ensaio |
Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas coas diversas cuestións do temario.
Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Lecturas |
Seminario |
|
Descrición |
Os estudantes deberán consultar ao profesor as dúbidas ou dificultades que xurdan nas sesións maxistrais, lecturas ou seminarios.
Poderán facelo en tutorías individuais ou en sesións de grupo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de ensaio |
A2 A3 A5 A6 A8 A10 B8 B9 B2 B3 C1 C6 |
A proba de ensaio empregarase para avaliar a aprendizaxe dos contidos das clases maxistrais e das lecturas. |
70 |
Seminario |
A3 A4 A5 A8 A10 A11 A12 A14 B8 B11 B2 B3 B5 C1 C4 C8 |
A avaliación da participación nas sesións de grupo reducido terá en conta a fluidez expositiva, a habilidade argumentativa e a capacidade de análise e avaliación crítica. Tamén se tomará en consideración o dominio dos contidos temáticos e a capacidade de responder as obxeccións ou preguntas expostas.
O principal criterio de avaliación será a calidade das intervencións, aínda que tamén se terá en conta a frecuencia das intervencións. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia cómpre obter na cualificación referida aos
seminarios (grupos reducidos) un mínimo de 1,5 puntos sobre o total de 3
puntos. Tal puntuación referida aos seminarios (3 puntos) só se sumará á
cualificación final se o estudante obtén como mínimo un aprobado (3.5 sobre un
total de 7 puntos) na proba de ensaio/desenvolvemento. O estudante deberá obter a cualificación mínima de aprobado tanto
no exame parcial (opcional) como no exame final. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia que non poida participar nos
grupos reducidos, a avaliación das competencias correspondentes aos
seminarios-grupos reducidos (30% da cualificación da materia) será substituída
por un traballo escrito sobre a materia obxecto de dita metodoloxía e polas
respostas ás preguntas orais do profesorado. Esta avaliación alternativa será
realizada o día do exame, ao remate do prazo concedido para o exame. A esta modalidade de avaliación alternativa á participación nas
sesións de grupo reducido poderá acollerse tamén o alumnado que por causas
xustificadas non poida asistir as sesións de grupo reducido. Para analizar
estas solicitudes e tomar unha decisión os estudantes deberán comunicar a súa
situación aos profesores na primeira semana lectiva do cuadrimestre. Os estudantes que se presenten á proba de ensaio na segunda
convocatoria (xullo) conservarán a cualificación obtida no exame/proba de
ensaio parcial (opcional) e nos seminarios de grupo reducido. Os estudantes que suspendan a materia na primeira convocatoria
(maio-xuño) e non alcancen o aprobado (1.5) na avaliación de grupo reducido
correspondente á primeira convocatoria poderán acollerse á avaliación
alternativa dos grupos reducidos na segunda convocatoria (xullo). Na avaliación terase en conta a corrección na
expresión tanto oral como escrita.
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
España na configuración histórico-xurídica de Europa/612G01002 | Dereito Constitucional: Fontes e Dereitos/612G01003 | Teoría do Dereito/612G01006 | Dereito da persoa/612G01007 | Dereito Penal. Parte xeral/612G01010 | Dereito de obrigas e danos/612G01016 | Dereito Internacional Público/612G01019 |
|
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Dereito e biomedicina/612G01040 | Teoría e práctica da argumentación xurídica/612G01041 |
|
|