Dado o carácter
semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
dispensa solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión
Académica Universitaria do título, e sempre respetando as
normativas de asistencia a clase das tres universidades participantes
no título, así como os sistemas de avaliación que figuran
expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen
prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación
final a ausencia a determinadas sesións presenciais.
Quen teña concedida a
dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da
universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á
oportunidade de xullo.
Quen non leve a cabo o
traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou superior
ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a
cualificación de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira
oportunidade terá á posibilidade da oportunidade de xullo, na que
cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias
da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade,
máis os exercicios convidos que poidan suplir o resto das
actividades.