| Competencias do título |
|
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
| A1 |
Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística. |
| A3 |
Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |
| A5 |
Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |
| A7 |
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
| A8 |
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. |
| A9 |
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
| B1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
| B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
| B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
| B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións —e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan— a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
| B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
| B6 |
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |
| B7 |
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
| B8 |
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
| B9 |
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |
| B10 |
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
| C1 |
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
| C3 |
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
| C4 |
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
| C5 |
Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
| C6 |
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
| C7 |
Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
| C8 |
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
| Resultados de aprendizaxe |
| Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
| Capacidade para formular unha investigación (acoutar o tema, solicitar información e buscar os recursos necesarios, elaborar un protocolo experimental) ou un proxecto que integre e desenvolva os coñecementos adquiridos para a súa aplicación nun ámbito profesional. |
AI1 AI3 AI5 AI7 AI8 AI9
|
BI1 BI2 BI3 BI6 BI8 BI9 BI10
|
CM6 CM8
|
| Capacidade de extraer conclusións dos resultados obtidos e abrir perspectivas de futuro. |
|
BI1 BI2 BI3 BI5 BI7 BI9
|
CM3 CM4 CM5 CM7
|
| Capacidade para adaptar o discurso escrito á situación académica, tanto no que respecta ao estilo, a estruturación e o uso de técnicas tipográficas. |
|
BI4
|
CM1
|
| Capacidade para adaptar o discurso oral á situación de defensa do traballo. |
|
BI4
|
CM1
|
| Contidos |
| Temas |
Subtemas |
| O traballo fin de máster versará sobre algún aspecto relacionado coas materias obrigatorias ou optativas que curse o alumnado. |
- Os diccionarios en liña e o seu papel nas tecnoloxías lingüísticas
- Lexicografía e metalexicografía
- Fenómenos que mostran a interfase entre Sintaxe, Semántica e Fonoloxía suprasegmental
- Análise do discurso e conflictos sociais e ideolóxicos
- Análise do discurso e patoloxías
- Estratexias e tácticas de normalización e de planificación aplicábeis ao caso galego
- Sociolingüística e políticas lingüísticas
- Recopilación e estudo de terminoloxías
- Semántica e sintaxe: estudos contrastivos
- Tipoloxía textual na rede
- Dicionarios e ensino de español lingua estranxeira
- Contacto de linguas
- Bilingüismo, plurilingüismo e ensino de linguas
|
| Planificación |
| Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
| Presentación oral |
B4 C1 C3 |
1 |
0 |
1 |
| Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
144 |
144 |
| |
| Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
| |
| *Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
| Metodoloxías |
|
Metodoloxías |
Descrición |
| Presentación oral |
Exposición verbal a través da que o alumnado presentará o seu traballo e respostará ás preguntas, comentarios e suxestións feitas polo membros da Comisión Avaliadora. |
| Traballos tutelados |
O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas de investigación do mestrado.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión do director ou directores do traballo.
Son funcións do director: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; e dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado. |
| Atención personalizada |
|
Metodoloxías
|
| Traballos tutelados |
|
| Descrición |
| O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo. |
|
| Avaliación |
|
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
| Traballos tutelados |
A1 A3 A5 A7 A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
Aínda que é obvio que a estrutura do TFM depende en gran medida do tema elixido, aconséllase que inclúa os seguintes apartados:
1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome das tres Universidades, o nome da Facultade na que está matriculada o/a alumno/a, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor ou autora, o visto e prace manuscrito do profesorado titor co seu nome e o ano de presentación.
2. Índice do traballo con paxinación
3. Resumo do traballo
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada
5. Corpo do traballo
6. Conclusións
7. Referencias bibliográficas
O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 40 páxinas e máxima de 60, sen contar os anexos. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos.
|
80 |
| Presentación oral |
B4 C1 C3 |
O/a estudante disporá de 15-20 minutos para presentar o seu traballo. Recoméndase que inclúa na súa presentación os aspectos seguintes:
·Introdución: problemática obxecto de estudo e seu interese
·Fundamentación teórica: delimitación dos conceptos que fundamentan o desenvolvemento do traballo.
·Fundamentación metodolóxica: metodoloxía que se seguiu para o alcance dos obxectivos definidos, e os datos obtidos mediante a súa aplicación
·Resultados: principais resultados obtidos
É aconsellable que o/a estudante acompañe a súa presentación oral de material de soporte visual, auditivo, etc., por exemplo, mediante unha presentación PowerPoint ou OpenOffice Impress, pero a presentación oral NON pode constituír a mera lectura de devandito material.
|
20 |
| |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Calquera plaxio identificado será motivo de descualificación do TFM. Entenderase por plaxio: calquera cita literal (curta ou longa) presentada como propia (sen comiñas, etc.) e sen referencia da autoría, calquera apropiación das ideas ou metodoloxía dun autor ou autora que non se mencione nas referencias (sexa quen sexa: autor/a individual ou colectivo, dunha publicación impresa ou dun documento electrónico ou de uso restrinxido, páxina web, ou traballo que se está a levar a cabo por parte dun compañeiro ou compañeira, etc.).
|
| Fontes de información |
|
Bibliografía básica
|
|
|
Serán proporcionadas polo director do traballo. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
| Recomendacións |
| Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
| Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
| Materias que continúan o temario |
|
|