Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Seguir con facilidade unha conversa sobre asuntos cotiáns ou de carácter xeral, participar espontáneamente e ser capaces de relacionarse con falantes nativos cun grao suficiente de fluidez e naturalidade.
|
A6
|
B4
|
C2
|
Entender as ideas principais dun discurso extenso oral ou escrito, seguir liñas argumentais complexas e identificar as conclusións sempre que o tema sexa relativamente coñecido. |
A6
|
B4
|
C2
|
Comprender casi todas as noticias da televisión, programas sobre temas actuales ou películas sempre que se fale un nivel de lingua estándar. |
A6
|
B3
|
C2
|
Redactar o curriculum vitae, cartas solicitando traballo ou informes sinxelos con corrección.
|
A6 A15
|
B1 B3
|
C2
|
Tomar parte activa en debates desenvolvidos en situación cotiáns explicando e defendendo puntos de vista.
|
A6 A15
|
B5
|
C2
|
Expoñer un tema coñecido sobre os campos semánticos traballados ou outros relacionados para que poida ser seguido sen dificultades, explicar os puntos significativos con razoable precisión e ser capaz de contestar as preguntas que xorden. |
A6 A9 A15
|
B3 B4 B5 B6
|
C3
|
Escribir textos ben enlazados e gramaticalmente correctos sobre temas diversos, transmitindo información ou propoñendo motivos que apoien ou refuten un punto de vista concreto. |
A6 A9 A15
|
B3 B4 B6
|
C2
|
Amosar creatividade e imaxinación nos traballos elaborados en lingua inglesa. |
A6
|
B3
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Gramática |
1.1. Verbos Modais
1.2. Frases de relativo
1.3. Condicionais
1.4. Estilo indirecto
1.5. Frases adverbiais
1.6. Preposicións e conxuncións
1.7. Verbos compostos
1.8. Formación de palabras
1.9. Frases idiomáticas
|
2. Vocabulario |
2.1. Traballo e finanzas
2.2. Arte e entretemento
2.3. Medios
2.4. Saúde e estado de forma
2.5. Ciencia e tecnoloxía
2.6. Lei e criminalidade
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A6 |
10 |
15 |
25 |
Seminario |
C3 |
13 |
14 |
27 |
Discusión dirixida |
B5 C2 |
7 |
3 |
10 |
Traballos tutelados |
B1 |
4 |
15 |
19 |
Proba obxectiva |
A15 C2 |
0 |
21 |
21 |
Proba oral |
A15 B4 |
0 |
6 |
6 |
Portafolios do alumno |
B3 |
2 |
18 |
20 |
Aprendizaxe colaborativa |
B6 |
4 |
15 |
19 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa lingua inglesa en xeral e coa materia en particular, en que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado así como sobre as súas competencias iniciais en lingua inglesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Seminario |
Nesta materia denomínanse seminarios aquelas aulas de carácter práctico en que se desenvolven as catro destrezas arredor dun tema dos que se poden atopar nos contidos ou outros que podan ser de interese xeral. Deste xeito, haberá seminarios de lectura, redacción e comprensión audiovisual case todas as semanas do curso. |
Discusión dirixida |
Nesta materia chamámoslle discusión dirixida ás actividades desenvolvidas polo alumnado en grupos pequenos, coordinados pola profesora lectora, en que porán en práctica a súa destreza oral en lingua inglesa e se debaterán temas de forma libre, informal, espontánea e sinxela. |
Traballos tutelados |
Os alumnos deberán realizar un traballo en grupo ("project") sobre un tema que se especificará ao inicio do curso. Con este traballo preténdese promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela da profesora así como a aprendizaxe colaborativa. O "project" exporase en clase e entregarase tamén unha versión escrita súa. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. en todas as destrezas.Esta proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, entre outras. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista coas profesoras individualmente ou por parellas. Os estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e tal vez improvisar situacións suxeridas polas profesoras, que poderán usar textos ou material audiovisual como apoio durante a proba. |
Portafolios do alumno |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno ou alumna nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas pola profesora, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. Na nosa materia deberán incluirse no portafolios todas as redaccións realizadas ao longo do curso coas correccións e comentarios das profesoras e a posterior versión revisada, así como todo o traballo persoal voluntario que o alumno desenvolva fóra da aula que dea conta do seu esforzo e progreso na materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
A elaboración do "project" fomentará a aprendizaxe colaborativa do alumnado posto que traballarán de forma presencial e non-presencial en pequenos grupos de xeito conxunto, compartindo información e habilidades, e dirixidos pola profesora que optimizará a aprendizaxe de todos os membros do grupo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
Os estudantes informarán ó proferoado do dos progreso
Os estudantes gardarán o portafolio ó longo do curso |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
C3 |
A evaluación das competencias de comprensión auditiva que o alumnado debe alcanzar se realizará a través dun mínimo de tareas de comprensión auditiva que se levarán a cabo antes do exame oficial durante el período de evaluación. |
15 |
Traballos tutelados |
B1 |
O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. |
10 |
Proba obxectiva |
A15 C2 |
Ao longo do curso o alumnado terá que realizar probas obxectivas de "Use of English" que avaliarán todo o traballo feito nas aulas . No exame oficial de xuño, todolos estudantes terán que facer una parte de gramática e vocabulario. |
50 |
Proba oral |
A15 B4 |
Todo o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa.
|
15 |
Portafolios do alumno |
B3 |
No portafolio evaluaremosas tarefas feitas ao longo do curso. Valoraráse a orixinalidade, a creatividade, a implicación peronal e la transversalidade.
O alumnado deberá entregar varias pequeñas tarefas alo longo do curso. |
10 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do
exame final, da proba oral e das tarefas de producción escrita non
poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Aplicarase unha penalización do
25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son
entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os traballos con
evidencia de plaxio serán cualificados automáticamente coa calificación
de 0. Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xuño
ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. A
participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como todo o
material de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do
cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe
traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra
actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e
aceptada polo profesorado. OPORTUNIDADE de XULLO: A
distribución de porcentaxes será a seguinte: exame (50%), tarefa(s) de calificación doutras destrezas (50%). Alumnado con dispensa: O
alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios
que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Atención á diversidade:Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas
da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana
Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto
coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es.
Os/as
estudantes que en xuño non superen a materia ou aqueles que teñan menos dun
4 nalgunha das partes –aínda que a nota total sexa superior a 5– deberán ir
á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que demostrar ter alcanzado as
competencias da materia mediante a superación de probas nas distintas destrezas
coa seguinte distribución de porcentaxes: comprensión auditiva (15%),
redaccións sustitutorias das feitas na aula (15%) "project" (10%),
comprensión lectora (15%) e unha entrevista oral individual co
profesorado (10%) e proba mixta (35%).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carter, R. et al (2011). English Grammar Today. CUP
Thomas, B. et al (2015). Grammar and Vocabulary for First with answers. CUP
Woolard, G. (2004). Key Words for Fluency. Thomson ELT
Swan, M. (1996). Practical English Use. OUP
Simon, P. (2016). The Grammaring Guide to English Grammar . My E-Book Publishing House |
Recommended Websites for autonomous learning:
– http://dictionary.cambridge.org/grammar/british-grammar/ (based on English Grammar Today) –
http://www.grammaring.com/the-grammaring-guide-to-english-grammar (based
on The Grammaring Guide to English Grammar) – https://www.engvid.com/ (free English video lessons on grammar, vocabulary, speaking and pronunciation, listening and writing) – https://www.ted.com/topics |
Bibliografía complementaria
|
|
. Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Phrasal Verbs. London: Penguin. ·
Allsop, J. & P. Watcyn-Jones. 1990. Test Your Prepositions. London: Penguin. ·
Beaumont, D. & C. Granger. 1991. Heinemann English Grammar. Oxford: Heinemann. ·
Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Listening 3. Cambridge: C.U.P. ·
Collie, J. & S. Slater. 1992. Cambridge Skills for Fluency: Speaking 3. Cambridge: C.U.P. ·
Greenall, S. & D. Pye. 1993. Cambridge Skills for Fluency: Reading 3. Cambridge: C.U.P. ·
Greenall, S. & M. Swan. 1986. Effective Reading.
London: Cambridge:
C.U.P ·
Hashemi, L. & B. Thomas. 2003. Cambridge Grammar for First Certificate. Cambridge: C.U.P. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|