Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual |
A1 A2
|
|
|
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina |
A13
|
|
|
Coñecer a crítica textual e a edición de textos, aplicados ao campo da literatura latina |
A16
|
|
|
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía no campo da filoloxía clásica |
A23
|
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información no campo da filoloxía clásica |
A11
|
B1
|
|
Adquirir capacidade de autoinformación no campo da filoloxía clásica |
|
B3
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas, especialmente a historia das literaturas inglesa, española e galega |
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B6
|
|
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar críticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico |
|
B7
|
|
Apreciar a diversidade cultural mediante a confrontación do legado da Antigüidade cos trazos da modernidade e contemporaneidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Cuestións xerais sobre a literatura latina |
1.1. O sistema literario na Antigüidade: Literatura/Textos/letras
1.2. Cuestións de denominación e delimitación: 'literatura romana'/'literatura latina'
1.3. Literatura pagana/literatura cristiana
1.4. Sistematización do estudo da literatura latina
1.5. O falso problema da 'orixinalidade' da literatura latina (imitación e emulación) |
2.- O teatro en Roma.
|
2.1. O ciclo temporal: orixe, desenvolvemento e decadencia
2.2. Xéneros e subxéneros do teatro literario
2.3. O contexto social: escritores, actores, público, patronos. Estudo particular dos prólogos da comedia latina
2.4. Plauto e Terencio |
3.- A épica |
3.1. Precedentes e evolución do xénero
3.2. Estudo particular da Eneida, de Virxilio
3.3. Estudo particular do Bellum civile, de Lucano
3.4. O epilio
|
4.- A historiografía en Roma. |
4.1. Xéneros e subxéneros da historiografía
4.2. César: De bello Gallico e De bello civili
4.3. Salustio
4.4. A biografía: autores e obras. Estudo particular de Suetonio e da Vida de Agrícola, de Tácito
|
5. Lírica, elexía e poesía didáctica |
5.1. Características e principais representantes de cada un dos xéneros
5.2. Catulo e Horacio
5.3. Ovidio
5.4. Propercio e Tibulo |
6. A poesía bucólica e o epigrama |
6.1. A bucólica: os precedentes gregos
6.2. As Bucólicas de Virxilio
6.3. Cultivadores tardíos do xénero bucólico
6.4 O epigrama: Marcial |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
16 |
12 |
28 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
2.5 |
6 |
8.5 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
0 |
23 |
23 |
Lecturas |
A2 B8 |
0 |
35 |
35 |
Sesión maxistral |
A1 A13 A16 A23 |
16 |
0 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Utilizaránse con preferencia textos acompañados de traducción, excepto naqueles casos en que unha explicación pormenorizada requira referirse á obra na súa lingua orixinal. Neses casos a explicación, sempre dunha pasaxe de extensión limitada, farase sobre o texto orixinal. Valorarase a asistencia e a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das actividades na aula. |
Proba obxectiva |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. |
Traballos tutelados |
O estudante elaborará polo menos un traballo de individual coa orientación e a asistencia do profesor. Este traballo será exposto e discutido públicamente na aula. Terase en conta o rigor da análise e a capacidade de síntese, a orixinalidade do enfoque, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da exposición oral. A presentación deste traballo ten carácter obrigatorio para poder superar a materia. |
Lecturas |
O estudante fará as lecturas obrigatorias que se lle propoñan e dará conta dos resultados a través de comentarios orais nas sesións prácticas, no propio traballo tutelado ou na resolución da proba obxectiva. |
Sesión maxistral |
Sesións expositivas de carácter oral por parte do profesor sobre os diferentes contidos do temario. O profesor completará estas exposicións con guións, resumos e indicacións bibliográficas entregados na clase e/ou enviados a través da plataforma Moddle |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O estudante asistirá a titorías individuais concertadas a fin de que o profesor supervise a planificación e desenvolvemento do traballo tutelado |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A2 A16 B1 B7 |
Os diversos exercicios de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase tanto a asistencia a estas sesións como a participación activa de cada estudante no desenvolvemento das mesmas. Poderá pedirse a ulterior presentación por escrito dalgúns destes exercicios en forma de breve comentario dun texto, resolución dun test etc. |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A13 |
Proba escrita individual, que se efectuará a final de curso a propósito dos diversos contidos desenvolvidos tanto nas sesións expositivas como nas sesións de carácter práctico. Valorarase sobre todo a capacidade crítica, a capacidade de extraer información a partir dos textos dos autores, a de relacionar uns autores con outros e a claridade dos conceptos. A expresión ha de ser correcta e a redacción clara. Os textos propostos para a proba, na lingua orixinal ou en traducción, según a cuestión a tratar, serán de similar dificultade aos que teñan sido comentados e estudados na aula. A proba terá unha duración de dúas horas. Ningún alumno poderá abandonar a aula ata que a totalidade dos seus compañeiros rematen a proba e entreguen o exame. Requirirase unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para dar por superada esta proba |
40 |
Traballos tutelados |
A11 A13 B3 B5 B6 |
Valorarase sobre todo o rigor da análise e a capacidade de síntese, mais tamén a orixinalidade dos enfoques, así como a corrección da expresión escrita e a eficacia da presentación oral. A presentación deste traballo terá carácter obrigatorio para superar a materia |
40 |
|
Observacións avaliación |
En caso de que as actividades presentadas por escrito non cumpran unhas esixencias mínimas de corrección lingüística, serán devoltas sen cualificar ao estudante para que as revise e as entregue de novo.
Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo as probas e/ou os traballos non superados ou aqueles que non presentasen.
O estudante será cualificado con Non Presentado só no caso de que non realice a proba obxectiva prevista.
O estudante que se matricule na modalidade de tempo parcial será dispensado da asistencia ás sesións prácticas de análise de fontes documentais. O 20% que se contempla por este concepto no cálculo da cualificación global será compensado na proba obxectiva, que pasará a contar un 50% e na avaliación de traballo e actividades, que pasará a contar un 50%.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|