PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a asignatura é obligatorio acadar un 50% da nota en cada un dos bloques avaliados. De non ser así, a nota máxima global non será superior a 4,9 (sobre 10).
Será precisa unha nota mínima global de 5 (sobre 10) para superar a materia.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice ningunha das probas prácticas propostas.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada un dos bloques se fará tendo en conta as mesmas condicións de realización, e avaliación que na primeira oportunidade. Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
Será precisa unha nota mínima global de 5 (sobre 10) para superar a materia.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningún dos dous bloques.
DISPENSA ACADÉMICA
Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.