Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprenderán o papel dun firewall na estratexia de seguridade dun dispositivo final ou da rede á que protexe |
AP2 AP8
|
BP2 BP6
|
|
Serán quen de describir que son as políticas de acceso e de deseñar/especificar o conxunto das mesmas que son requiridas nun escenario ou caso particular |
AP8 AP12
|
BP2 BP4 BP6 BP8
|
CP4
|
Coñecerán os diferentes tipos de filtrado de paquetes (con/sen estado) e os firewalls de nivel de aplicación, e saberán configuralos en diversas plataformas |
AP2
|
BP6 BP8
|
|
Poderán deseñar e describir, para un escenario/topoloxía concretos, configuracións alternativas para coloca-lo firewall dentro da rede corporativa (sistema fortificado, DMZ, tornalumes distribuído) |
AP8
|
BP2 BP6 BP8
|
|
Serán quen de describi-los principios básicos que sustentan a deteción de intrusións, os sensores habituais que se usan para a recopilación de información, e as técnicas de análise (deteción de anomalías, versus deteción heurística) que deciden cando disparar unha alarma. Coñecerán posibles solucións técnicas (HIDS, NIDS, IPS, SIEM, honeypot), que saberán instalar e configurar para algunhas plataformas e implementacións particulares |
AP2 AP8
|
BP6 BP8
|
|
Estarán familiarizados cos conceptos de túnel e virtualización de redes, e serán quen de elixir e implementar a tecnoloxía de rede privada virtual máis axeitada para diferentes escenarios |
AP2 AP4
|
BP6
|
|
Poderán explica-los principios sobre os que se constrúen as redes anónimas |
AP2
|
BP4 BP5
|
CP4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Deseño de Redes Seguras |
1.1. Arquitecturas de Rede Corporativa
1.2. Patróns de deseño
1.3. Aproximacións de seguridade perimetral
1.4. Aproximacións para BYOD |
2.- Fortificación dos Dispositivos de Rede |
2.1. Arquitectura interna dos Dispositivos de Rede
2.2. Protección do Plano de datos
2.3. Protección do Plano de control
2.4. Protección do Plano de xestión |
3. Firewalls |
3.1. Filtrado de paquetes estático
3.2. Filtrado dinámico de paquetes
3.3. Filtrado en capa de aplicación
3.4. Firewalls baseados en zonas de seguridade
3.5. Next-Generation Firewalls
3.6. NAT/NATP |
4. IDS/IPS |
4.1. Sistemas baseados en rede
4.2. Sistemas baseados en equipo final |
5. Proxies |
5.1. Administración de proxies
5.2. Proxy inverso
5.3. Proxy transparente
5.4. Redes anónimas
|
6. Monitorización |
6.1. Syslog
6.2. SNMP
6.3. Netflow
6.4. SIEM |
|
|
7. Implantación de VPNs |
7.1 VPNs baseadas en IPsec
7.2 VPNs baseadas en SSL
7.3 VPNs baseadas en MPLS |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas a través de TIC |
A2 A8 B2 B5 B6 |
21 |
52.5 |
73.5 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B4 B6 B8 |
3 |
0 |
3 |
Traballos tutelados |
B4 B6 B8 |
0.5 |
10 |
10.5 |
Sesión maxistral |
A2 A4 A8 A12 B8 C4 |
21 |
42 |
63 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas a través de TIC |
Nas que o estudante verá o funcionamento na práctica dalgún dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas, o alumno utilizará diferentes ferramentas (equipamento de rede, simuladores de rede, ferramentas de monitorización, etc.) propostas polos profesores, que lle van permitir afondar e afianzar os seus coñecementos sobre diferentes aspectos das redes seguras.
Ademais das prácticas básicas que todos os alumnos terán que facer, proporanse prácticas adicionais que os alumnos interesados poderán realizar de forma opcional. |
Proba obxectiva |
Ao remate da exposición da materia, llevarase a cabo unha proba tipo test que permitirá valorar os coñecementos teóricos e habilidades prácticas conqueridas durante o desenvolvemento do curso.. |
Traballos tutelados |
Proposta de traballos para a resolución individual e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos serán opcionais e permitirán que os estudantes interesados en facelos poidan afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar con detalle suficient durante as sesións maxistrais. |
Sesión maxistral |
Nas que se exporá o contido teórico do temario, incluíndo exemplos ilustrativos e con soporte de medios audiovisuais. O alumno disporá do material de apoio (apuntes, copia das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario a tratar cada día en clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
As sesións maxistrais poderán ser complementadas coa realización de conferencias nas que acudirá algún experto externo para tratar algún tema con maior profundidade. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada durante as prácticas servirá para orientar e comprobar o traballo que os alumnos vaian realizando segundo as indicacións que se lles proporcionen, dependendo da práctica concreta da que se trate.
Para a realización dos traballos tutelados os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e realizarán un seguimento dos avances que o alumno vaia realizando para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, de modo que se asegure a calidade dos traballos de acordo aos criterios que se indiquen.
Todos os profesores da materia proporán ademais un horario de titorías no que os alumnos poderán resolver calquera dúbida relacionada co desenvolvemento da mesma. Recomendarase aos alumnos a asistencia a titorías como parte fundamental do apoio á aprendizaxe. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A2 A8 B2 B5 B6 |
As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co deseño e implementación de Redes Seguras. Levarase a cabo unha defensa das prácticas para valorar o nivel de comprensión e o traballo desenvolvido polo alumno |
45 |
Proba obxectiva |
A8 B2 B4 B6 B8 |
Ao final da exposición da materia, realizarase unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas |
45 |
Traballos tutelados |
B4 B6 B8 |
Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a concertar entre os alumnos e os profesores |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para supera-la materia, será preciso obter un mínimo dun 40% da nota total na proba obxectiva e nas prácticas. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter será de 4.5. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Anthony Bruno; Steve Jordan (2016). CCDA 200-310 Official Cert Guide, Fifth Edition. Chapter 12. Managing Security. Cisco Press
Anthony Bruno; Steve Jordan (2016). CCDA 200-310 Official Cert Guide, Fifth Edition. Chapter 12. Managing Security. Chapter 13. Security Solutions. Cisco Press
Omar Santos, John Sutppi (2015). CCNA Security 210-260 Official Cert Guide. Cisco Press |
|
Bibliografía complementaria
|
Wendell Odom (2016). CCENT/CCNA ICND1 100-105 Official Certification Guide. Cisco Press
Wendell Odom (2019). CCNA Routing and Switching ICND2 Official Cert Guide. Cisco Press
Marwan Al-shawi; André Laurent (2016). Designing for Cisco Network Service Architecture (ARCH) Foundation Learning Guide. Chapter 22. Designing Security Services and Infrastructure Protection. Cisco Press
Marwan Al-shawi; André Laurent (2016). Designing for Cisco Network Service Architecture (ARCH) Foundation Learning Guide. Chapter 23. Designing Firewall and IPS Solutions. Cisco Press
Marwan Al-shawi; André Laurent (2016). Designing for Cisco Network Service Architecture (ARCH) Foundation Learning Guide. Chapter 25. Network Access Control Solutions. Cisco Press
Kulbir Saini (2011). Squid Proxy Server 3.1 Beginner's Guide. Packt Publishing |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Seguridade en Comunicacions/614530004 |
|
Materias que continúan o temario |
Test de Intrusión/614530008 |
|
|