Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender as posibles aplicacións do método científico aos diversos ámbitos das ciencias da actividade física e do deporte: deseño metodolóxico, rexistros, bases de datos e análise estatística. |
A35 A36
|
B2 B4 B7 B9 B10 B12 B13
|
C1 C2 C3 C4 C6 C8
|
Comprender problemas substanciais das ciencias da actividade física e o deporte e propor hipótese para deseñar a estratexia empírica para a súa demostración teórica, que levaría á mellor resolución dos problemas identificados. |
A1 A2 A3 A4 A35 A36
|
B1 B2 B7 B9 B10 B11 B13
|
C1 C2 C3 C5 C6 C8
|
Saber interpretar e utilizar a terminoloxía específica en lingua inglesa relacionada coa tecnoloxía, a información e a estatística aplicada á actividade física e o deporte: táboas de datos, gráficas, diagramas, procedementos, protocolos... |
A35 A36
|
B1 B7 B9 B10 B13
|
C2 C3 C8
|
Dotar ao alumno de mecanismos de control sobre a calidade da súa intervención profesiona |
A12 A19 A34
|
B1 B3 B4 B6 B8 B9
|
C1 C6 C7 C8
|
Coñecer e aplicar as novas tecnoloxías de obtención de rexistros e de procesamento da información e da imaxe á actividade física e ao deporte: formular proxectos que integren as diversas operacións |
A35 A36
|
B10 B13
|
C3 C6 C8
|
Aplicar a situacións profesións reais que fagan conscientes ao alumno dos seus puntos fortes e débiles para recoñecer e mellorar as súas propias aptitudes, actitudes e competencias persoais así como reorganizar marcos de referencia que lle sirvan para entender mellor os conceptos e contidos estudados durante a carreira |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33
|
B3 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20
|
C4 C5 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Fase FORMATIVA/INFORMATIVA |
Constará, como mínimo, de 4 sesións ao longo do 1º cuadrimestre, nas etapas que se determinan a continuación, e cuxas datas determinaranse na Guía Docente:
- Setembro: Presentación da Guía Docente e Normativa do TFG, na que explicarán con detalle todos os apartados do mesmo. A partir desta presentación, abrirase o período de solicitude de asignación das Unidades de Competencia.
- Outubro: Presentación da distribución do alumnado na Unidade de Competencia e taller sobre búsqueda e recollida de información.
- Novembro: Primeira reunión co Profesor responsable de cada Unidade de Competencia para organizar o traballo do 2º cuadrimestre.
- Decembro: Taller sobre escritura (exercicios de parafraseo), referencias bibliográficas e normas APA/Vancouver.
Será imprescindible completar esta fase para poder realizar as seguintes |
ASISTENCIA ÁS UNIDADES DE COMPETENCIA
|
A oferta das mesmas poderá modificarse e axustarse en cada curso académico, para poder adaptala aos intereses do alumnado.
Cada Unidade de Competencia terá un carácter presencial de seis sesións de 1,5 horas no 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial do curso). A asistencia será obrigatoria, polo menos, a 4 das sesións programadas.
As sesións das Unidades de Competencia serán impartidas ao longo do 2º cuadrimestre. Cada Unidade de Competencia terá entre 15 e 10 alumnas/os e un mínimo de 8 (salvo excepcións autorizadas polo Decanato).
Este carácter presencial deberá garantir a adquisición dos seguintes obxectivos:
- Definir e especificar o título do TFG do/da estudante.
- Comprender cada unha das partes nas que se estructura o TFG e recoñecer aquelas especificidades en relación co tema do mesmo.
- Elaborar o TFG seguindo a temporalización e organización prevista.
- Solucionar dificultades comúns aos TFG, mediante solucións compartidas.
- Ensaiar as presentacións orais (ou defensas simuladas) se a situación o require |
SÍNTESE VALORATIVA |
Elaborar unha síntese valorativa das competencias adquiridas necesitadas (educación formal, non formal e informal) para a realización do TFG:
a. a forma e momento en que foi adquirindo as competencias do grao
b. a relación entre as competencias adquiridas e as necesidades formativas que considera ter despois deste traballo |
TRABALLO DE REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA E PROXECTO DE INTERVENCIÓN
|
O alumno deberá entregar o impreso de solicitude de asignación tema e de supervisor (Anexo I) na data establecida no programa (apartado de Desenvolvemento e Avaliación) e nel debe figurar o título do tema seleccionado.
O Traballo a desenvolverr integrará os seguintes apartados:
1ª Desenvolvemento dunha revisión bibliográfica comentada sobre un tema concreto que pode ou non estar relacionada co Practicum realizado.
2º.- Desenvolvemento dun proxecto de intervención que inclúa criterios de avaliación da eficacia do mesmo.
So en casos debidamente autorizados Desenvolvemento dunha investigación que debe estar relacionada co Practicum realizado.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A8 A14 A16 A18 A20 A21 A24 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 C3 |
15 |
30 |
45 |
Análise de fontes documentais |
A4 A5 A6 A11 A35 A36 B1 B2 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
5 |
30 |
35 |
Traballos tutelados |
A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
10 |
55 |
65 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
1. FASE FORMATIVA/INFORMATIVA
Constará, como mínimo, de 4 sesións ao longo do 1º cuadrimestre, nas etapas que se determinan a continuación, e cuxas datas determinaranse na Guía Docente:
- Setembro: Presentación da Guía Docente e Normativa do TFG, na que explicarán con detalle todos os apartados do mesmo. A partir desta presentación, abrirase o período de solicitude de asignación das Unidades de Competencia.
- Outubro: Presentación da distribución do alumnado na Unidade de Competencia e taller sobre búsqueda e recollida de información.
- Novembro: Primeira reunión co PDI de cada Unidade de Competencia para organizar o traballo do 2º cuadrimestre. - Decembro: Taller sobre escritura (exercicios de parafraseo), referencias bibliográficas e normas APA/Vancouver.
Será imprescindible completar esta fase para poder realizar as seguintes.
2. ASISTENCIA ÁS UNIDADES DE COMPETENCIA
A oferta das mesmas poderá modificarse e axustarse en cada curso académico, para poder adaptala aos intereses do alumnado.
Cada Unidade de Competencia terá un carácter presencial de seis sesións de 1,5 horas no 2º cuadrimestre (establecidas no horario oficial do curso) e será impartida polo Director da mesma. A asistencia será obrigatoria, polo menos, a 4 das sesións programadas.
As sesións das Unidades de Competencia serán impartidas ao longo do 2º cuadrimestre. Cada Unidade de Competencia terá un máximo de 15-20 alumnas/os e un mínimo de 8 (salvo excepcións autorizadas polo Decanato).
|
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para a realización do traballo fin de grao, o alumno contará cun profesor da Facultad de Ciencias do Deporte e a Educación Física que exercerá tarefas de orientación e dirección do TFG. Este profesor, siempre que sexa posible, coincidirá co profesor supervisor do alumno durante o Practicum.
ASISTENCIA A TITORÍAS
O profesorado ten asignadas 6 horas semanais de titoría para atención do alumnado en horario oficial establecido. O alumnado de TFG poderá usar dito horario para o seguimento do seu TFG, sempre que avise con antelación, ao obxecto da preparación de dita titoría. O profesorado poderá convocar titorías individuais ou titorías colectivas de TFG, a celebrar en lugar e horario distintos, sempre por acordo entre as partes |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A2 A1 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19 B20 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Consultar apartado de observaciones donde se desenvolvea todo o proceso de avaliación |
100 |
Sesión maxistral |
A8 A14 A16 A18 A20 A21 A24 B9 B10 B11 B13 B16 C1 C2 C3 |
|
0 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado que durante o curso 2016-17 o anteriores estivera matriculado na materia do TFG e solicitara manterse no proceso de elaboración, presentación e defensa do TFG, baixo a normativa antigua, poderá facerlo excepcionalmente na convocatoria de Decembro. No caso de non acudir a esta convocatoria terá que integrase no modelo novo para o resto das convocatorias do curso.
O regulamento completo do TFG debe consultarse xa que completa a información establecida nesta guía,a tópase en MOODLE e na web da Facultade O alumnado implicado deberá entregar ao profesor/a da Unidade de Competencia, nas datas establecidas a tal efecto, os seguintes documentos: - Título definitivo do TFG nos idiomas galego, castelán e inglés. - TFG finalizado conforme ao estipulado na Normativa, en canto a forma e contido. O/a profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, de acordo co/a co-director/a, avaliará inicialmente os TFGs dos seus estudantes, conforme ao disposto no apartado de avaliación
FORMATO DE PRESENTACIÓN O/a estudante presentará un documento escrito en calqueira idioma oficial da UDC (excepcionalmente admitirase en inglés, francés ou portugués, previa autorización da comisión TFG e xustificado con anterioridade polo profesorado responsable da Unidade de Competencia), cunha extensión máxima de 75 páxinas (incluida bibliografía e táboas), salvo excepcións autorizadas pola comisión do TFG, escrito nun linguaxe académico correcto e atendendo á estructura indicada na presente normativa. O/a estudante entregará unha copia en formato dixital (nun único arquivo en pdf) ao/á profesor/a da Unidade de Competencia, e outra copia idéntica na Secretaría Académica da Facultade (Edificio de Aulas). AVALIACIÓN DO TFG Os requisitos para obter unha avaliación positiva no TFG serán os seguintes: 1. Asistencia ás clases presenciais da Unidade de Competencia asignada (cando menos a 4 sesións das programadas no segundo cuadrimestre) e ás correspondentes da fase formativa/informativa (primeiro cuadrimestre). 2. Entrega do TFG ao profesor/a da Unidade de Competencia asignado, de acordo coa estructura e datas establecidas na Guía Docente. 3. Obter unha valoración mínima de Apto (5 puntos) outorgada polo/a profesor/a da Unidade de Competencia (e o/a co-director/a, se fora o caso). O profesorado responsable de cada unidade será o encargado de programar o proceso de elaboración do TFG do grupo e da súa avaliación. Se a cualificación final outorgada a un TFG fose igual ou inferior a 8, esta constituirá a nota definitiva de avaliación do mesmo, prescindíndose da súa defensa pública. Se o profesor/a responsable da unidade de competencia considera que a cualificación debe ser superior a 8, proporá a defensa pública para subir a cualificación, sempre co acordo do alumno/a implicado. Esta defensa realizarase ante unha Comisión de Avaliación do TFG, constituida a tal efecto, entre o profesorado de outras Unidades de Competencia. Sexa cal sexa o caso, o profesorado de cada Unidade de Competencia deberá cubrir, para cada alumna/o, a Rúbrica de avaliación elaborada a tal efecto e que se incluirá na Guía Docente da materia. Aquel alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada polo profesorado responsable, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC. A Comisión de Avaliación estará constituida por tres membros do PDI da Facultade que nese momento se atopen dirixindo ou co-dirixindo outros TFG. O profesor/a da Unidade de Competencia e, no seu caso, o co-director/a, non poderán formar parte da Comisión Avaliadora do seu alumnado do TFG. Cando se realice a defensa pública, o proceso de presentación non deberá exceder dos 20 minutos. Neste caso, o profesor/a da Unidade de Competencia aportará un valor do 80%, e a comisión o restante 20%. A comisión deberá axustarse á Rúbrica de avaliación que se presenta no Anexo VI. En todos os casos garántirase a cualificación outorgada polo profesor/a da Unidade de Competencia como nota mínima do alumno/a tras a defensa. Tras esta segunda fase do proceso de avaliación, o alumnado que non estea de acordo coa cualificación outorgada pola comisión avaliadora, estará suxeito ao establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado universitario (CG 19/12/2013, modificado polo CG 30/04/2014, polo CG 24/07/2014, polo CG 29/01/2015 e polo CG 28/09/2016) da UDC. O/a estudante que non teña superado o TFG, e aos efectos de presentarse en futuras oportunidades e/ou convocatorias, será de aplicación o seguinte: - Se non cumpre co requisito de asistencia á Unidade de Competencia, non poderá presentar o TFG e terá que volver a solicitar a asignación a unha das unidades para o seguinte curso académico. - Se cumpre o requisito de asistencia e a cualificación do TFG é inferior aos 5 puntos poderá presentarse na seguinte oportunidade ou no vindeiro curso, considerándose cumprido o requisito de asistencia, sempre que o TFG sexa no mesmo tema correspondente á Unidade de Competencia asignada.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
A bibliografía será a correspondente as materias cursadas ao longo do grao |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O DESENVOLVEMENTO DA INFORMACION DESTA GUIA ENCÓNTRASE PUBLICADA A TRAVES DE MOODLE E DA WEB DA FACULTADE. SE ALGUÉN TEÑEN PROBLEMA DE ACCESO DEBE SOLICITALA AO RESPONSABLE DA MATERIA (elena.sierrra@udc.es). É IMPRESCINDIBLE O COÑECEMENTO DESTA PARA CUMPRIR O REQUIRIDO E PODER PRESENTAR E SUPERAR O TRABALLO FIN DE GRAO |
|