Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Practicum Código 652602206
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Correo electrónico
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
Profesorado
Anta Fernandez, Maria Del Pilar
Gómez Sánchez, Tania Fátima
Naya Riveiro, Maria Cristina
Santamaría Recio, María Celina
Correo electrónico
pilar.anta@udc.es
tania.fatima.gomez.sanchez@udc.es
cristina.naya@udc.es
celina.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan a cabo nun centro educativo de ensino secundario e posibilitarán o establecemento de relacións frutíferas entre docentes do ámbito universitario (algúns deles tamén docentes en secundaria), docentes en activo no ensino secundario e o alumnado que
pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente.
As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción
que se observen, senón de analizar e reflexionar sobre esas e outras posibles alternativas de actuación profesional.
A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.
Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai. Sen esquecer que en definitiva se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión,
evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas.
Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, algúns deles compartindo ambos os ámbitos –o universitario e o do ensino secundario- que ademais terá a oportunidade de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica vivida e relatada por estas persoas nos centros.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. AP15
AP17
AP20
AP32
CM3
CM4
CM5
CM6
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e decisións que promovan a súa capacidade docente. AP5
AP15
AP17
AP33
AP34
AP35
AP36
AP37
CM1
CM2
CM8
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de conflitos. AP5
AP20
AP33
AP34
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos. AP5
AP15
AP20
AP34
AP35
CM1
CM2
CM4
CM5
CM7
CM8
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar. AP5
AP15
AP17
AP20
AP34
AP35
AP37
CM1
CM2
CM3
CM4
CM7
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu exercicio. AP5
AP15
AP20
AP32
AP35
CM1
CM2
CM5
CM6
CM7
CM8
7. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos e actuar sostiblemente a favor do medio ambiente AP5
AP15
AP17
AP20
AP32
AP34
AP37
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Realización de experiencias na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
Realización de experiencias na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente. Desenvolvemento da expresión oral e escrita na práctica docente.
Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula. Dominio das destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia dentro do grupo-aula.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
Práctica na avaliación psicopedagóxica, no asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
Práctica na avaliación psicopedagóxica, no asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.
Na Especialidade de Formación Profesional desenvolveranse ademais as dúas seguintes:
Coñecemento da tipoloxía correspondente aos sectores produtivos
Comprensión dos sistemas organizativos máis comúns ás empresas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A3 A5 A32 A33 A34 A35 C1 C4 C7 38 103 141
Saídas de campo A15 A17 A20 A36 A37 C2 C3 C5 C6 C8 46 104 150
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realización da memoria. Elaboración dun informe por escrito para ser valorado polo titor da Universidade. A extensión é de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN A4, impresas en arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar (a dobre cara e a ser posible empregando material ecolóxico) e subir o documento correspodente á tarefa creada a tal efecto no Moodle do Practicum en formato PDF. Na redacción utilizarase unha linguaxe directa, coidada e poderá acompañarse de gráficos, esquemas e cadros. As frases literais ou ideas doutros autores o autoras incluídos no traballo estarán apropiadamente referenciadas ó longo do texto e no apartado de referencias.
Recoméndase consultar o documento orientativo correspondente a guía das prácticas para máis infomación sobre o formato a entregar.
Saídas de campo Achegar ao alumnado á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivida do centro e da aula.
Observación e intervencións puntuais co apoio e supervisión do titor do centro.
Deseño de polo menos unha proposta didáctica da etapa.


Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Traballos tutelados
Descrición
Os titores/as da Universidade deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á coordinación do practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán comunicados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Saídas de campo A15 A17 A20 A36 A37 C2 C3 C5 C6 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula. 50
Traballos tutelados A3 A5 A32 A33 A34 A35 C1 C4 C7 A ponderación da memoria: con carácter orientativo, que deberá ser concretado por cada titor ou titora da Universidade, a ponderación dos diferentes apartados da memoria do practicum será a seguinte:

-Aspectos formais: presentación, orde, claridade, índice, bibliografía considerados ao longo de todos os apartados: 10%
-Descripción do funcionamento do centro/aula: 25%,
-Proposta didáctica: 35%,
-Reflexión persoal: 30%
50
 
Observacións avaliación

A avaliación
das prácticas corresponde ao profesorado que titorizou este período de
formación.

A cualificación das prácticas poderá
ser non presentado, suspenso (1 a 4.9), aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e
sobresaliente (9 a 10). A cualificación final será o resultado da media entre a
cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e polo/a titor/a da
Universidade.

Para superar
as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No caso de
non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte
non superada.

Na segunda oportunidade de
avaliación:

 - A memoria
pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na primeira
oportunidades terá a ocasión de mellorala para a segunda.

- As practicas
non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na primeira
oportunidade, mantense para a segunda.

A revisión, que se fará diante do
profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar, de ser o caso, a
cualificación da memoria. En canto á nota posta polo/a titor/a do centro
soamente se poderá coñecer a pormenorización da aplicación dos criterios de
avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica
Todas as fontes recollidas deben de seguir o estilo das normas APA, que se pode consultar aquí
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar/index.html

Débese atender a información relativa ao plaxio da UDC. Consultar:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/plaxios/index.html
Bibliografía complementaria

AGUADO ODINA, T. (coord.) (2010) Diversidad e igualdad en educación. Madrid, UNED.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2008) Una educación para mañana. Barcelona, Octaedro.
CARBONELL SEBARROJA, J. (2009) La vida escolar en un curso: cosas que no siempre se explican. Barcelona, Graó.
CASADO ROMERO, A. (2010) Aprender a ser maestro: creencias de los estudiantes de Magisterio sobre la interacción en el aula. Cuenca, Universidade de Castela-A Mancha.
CAMPS, V. (2008) Creer en la educación. La asignatura pendiente. Barcelona, Península.
CASTELLS CUIXART, P. (2011) Tenemos que educar: ideas para acabar con la crisis de autoridad y la mala educación. Barcelona, Península.
DOMENECH, J. e GUERRERO, J. (2005) Miradas a la educación que queremos. Barcelona, Graó.
ESCUDERO PÉREZ, J. e MARTÍNEZ TEN, L. (coords.) (2011) Ochenta actividades para educar lúdicamente en valores y ciudadanía. Madrid, Los Libros de la Catarata.
ESTEVE, O.; MELLEF, K. e ANSINA, A. (coords.) (2010) Creando mi profesión. Una propuesta para el desarrollo profesional del profesorado. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA ARETIO, L. (2009) Claves para la educación: actores, agentes y escenarios en la sociedad actual. Madrid, UNED.
GIMENO SACRISTÁN, J. (comp.)(2006) La reforma necesaria. Entre la
política educativa y la práctica escolar
. Madrid, Morata.
MAÑU NOAIN, J. (2010) Docentes competentes. Por una educación de calidad. Madrid, Narcea.
ORTEGA, R. (coord.) (2010) Agresividad injustificada, bullying y violencia escolar. Madrid, Alianza.
PÉREZ SERRANO, G. (2010) Aprender a convivir: el conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid, Narcea.
RODICIO-GARCÍA, M. L. e IGLESIAS-CORTIZAS, M. J. (2011) El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid, Biblioteca Nueva.
RODRÍGUEZ JARES, X. (2006) Aprender a convivir. Vigo, Xerais.
SANCHO GARGALLO, M. et al. (2007) Nuevos retos para convivir en las aulas: construyendo la escuela cívica. Madrid, Fundación Europea Sociedade e Educación.
SEGOVIA GARCÍA, N. (2006) Aplicación de las TIC a la docencia. Usos prácticos de las nuevas tecnologías. Vigo, Ideas Propias.
SUBIRATS, M. e TOMÉ, A. (2007). Balones fuera: reconstruir los espacios desde la coeducación . Barcelona, Octaedro. Bibliografía complementaria
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2009) Narraciones de la escuela. Barcelona, Editorial Davinci.
CANTÓN MAYO, I. (coord.) (2010) Narraciones de maestros. Barcelona, Editorial Davinci.
DÍEZ NAVARRO, C. (2003) El piso de abajo de la escuela. Barcelona, Graó.
McCOURT, F. (2005) El profesor. Madrid, Maeva.
PENNAC, C. (2008) Mal de escuela. Barcelona, Mondadori.
SOBRADO, L.; FERNÁNDEZ, E. y RODICIO, M.L. (2012). Orientación Educativa. Nuevas perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
TONUCCI, F. (1988) Niño se nace. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1989) Cómo ser niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1993) La soledad de los niños. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (1994) Con ojos de niño. Barcelona, Barcanova.
TONUCCI, F. (2003)
Cuando los niños dicen ¡Basta!
Madrid, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os envíos dos traballos serán telematicamente e se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías