PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN
Unha das premisas é que o alumnado participe no proceso de avaliación, participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación e como axente da avaliación, a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados.
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO
A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 1 punto.
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar as actividades realizadas na aula.
No caso de non acadar o 80% de asistencia a cualificación será de non presentado.
Para as persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica hai unha modalidade de avaliación específica. Antes do inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para establecer e o proceso de seguimento. O exame terá un peso do 30%, a actividade de simulación do 60% e e as prácticas TIC do 10%.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA
A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas actividades de avaliación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das actividades. Cando non se realice algunha das actividades de avaliación a cualificación será non presentado. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva. O non cumprimento deste requisito terá consecuencias negativas na cualificación, restando un punto.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición.
b) Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual