Prácticas a través de TIC |
C3 C6 C7 |
A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos. |
10 |
ASISTENCIA ÁS AULAS - A asistencia ás aulas é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente as actividades realizadas na aula.
- En caso de non acadar a asistencia ó 80% das aulas, a cualificación na primeira oportundiade será a de non presentado/a. Na oportunidade de xullo realizará un exame (teórico e práctico) e as actividades que se determinen. O exame ten un peso do 40% e as actividades do 60%. Para aprobar hai que superar as dúas partes.
- A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que computan para a cualificación. Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35) na actividade de análise de fontes documentais.
- Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, antes do inicio da materia, debe de solicitarse unha titoría para establecermos as actividades de avaliación e o proceso de seguimento e supervisión.
INTEGRIDADE ACADÉMICA A) Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. b) Plaxio O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspeonso, en aplicación do artigo 14.4 danormativa académica de avaliación da UDC que establece: “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|