Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Medio social e cultural e a súa didáctica Código 652G01025
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Bas López, María Begoña
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
Profesorado
Bas López, María Begoña
García Morís, Roberto
Correo electrónico
begona.bas@udc.es
roberto.garcia.moris@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está fundamentada sobre da base de que para coñecer e comprender o contorno sociocultural é necesario o recoñecemento da curiosidade como motor do coñecemento, a formación dunha mente crítica e de compromiso, e a valoración da creatividade, da imaxinación e da sensibilidade.
Contémplanse os presupostos teóricos e as experiencias realizadas na Educación Infantil para a comprensión dos contidos, recursos e liñas de acción didáctica. A materia desenvólvese nestes parámetros e na súa programación cobra especial importancia o traballo activo do alumnado.
O coñecemento do Medio Social e Cultural está directamente relacionado coas Ciencias Sociais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir os coñecementos fundamentais e necesarios para a comprensión do medio social e cultural e a metodoloxía propia das ciencias sociais para aplicala ao coñecemento do medio social e cultural. A36
A37
B3
B10
B11
C1
C6
C7
Desenvolver a capacidade de análise e síntese, de esquematización e discernir o prioritario do secundario. Desenvolver o pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. A26
B1
B3
B10
B12
B17
Desenvolver estratexias de traballo autónomo e en grupo a fin de potenciar a planificación, organización, a discusión, o diálogo e a negociación na fundamentación do ensino. Presentación de propostas de materiais didácticos, actividades, proxectos unidades didácticas e análises de experiencias. Desenvolver a capacidade para presentar, defender e debater ideas con argumentación sólida. A24
A26
A29
A33
A36
A39
A66
B1
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B11
B12
B17
B18
B22
C1
Adquirir a capacidade de transferir os coñecementos teóricos e prácticos da materia aos contextos das aulas de infantil con programacións e proxectos no marco da lexislación. A1
A5
A62
B8
B10
B12
B15
Promover o interese, o coñecemento e o respecto polo medio social e cultural propio, valorando o entorno inmediato. Promover o interese, o coñecemento e o respecto por sociedades e culturas diferentes. A37
A40
B6
B20
B24
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución. - Conceptos e interpretacións. Medio social e cultural e a relación coas ciencias sociais.
- Dimensión didáctica das ciencias sociais.
- A transversalidade da área de coñecemento do contorno no curriculum.
Unidade 2: Fundamentos da didáctica do medio social e cultural.
- Traballando coas emocións e a imaxinación.
- A aprendizaxe lúdica.
- As saídas escolares e outras estratexias na didáctica do medio.
- O traballo por proxectos.
Unidade 3: As coordenadas espazo e tempo e a formación do pensamento social - A comprensión do espazo e do tempo: percepción e conceptualización. O contorno sociocultural nas coordenadas espazo-temporais. A vida en sociedade

- O ensino-aprendizaxe do espazo e do tempo. Pensar e expresar o espazo e a idea de tempo. A representación.
Unidade 4: Recursos e materiais didácticos sobre o medio social e cultural - Recursos e soportes. Recursos da aula e do centro escolar. Recursos externos.

- Os materiais didácticos: funcións, clasificación, contexto. O deseño de actividades.
Unidade 5: Temas formativos para o coñecemento do medio social e cultural - O contorno inmediato e o potencial educativo. Elaboración de propostas para a didáctica.

- Patrimonio material e inmaterial, Concepto e potencialidades. Didáctica do patrimonio. Propostas didácticas para o ensino-aprendizaxe.

- Introdución ao coñecemento do medio social e cultural de Galicia. Patrimonio cultural de Galicia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 1 0 1
Análise de fontes documentais A24 B11 1 1 2
Discusión dirixida B7 B17 B18 1 1 2
Eventos científicos e/ou divulgativos B8 B18 B22 1 1.75 2.75
Presentación oral B17 C1 1 10 11
Saídas de campo A40 A66 B6 5 21.25 26.25
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 5 40 45
Aprendizaxe colaborativa A29 B5 2 0 2
Lecturas B10 B11 1 1 2
Sesión maxistral A1 A5 A37 A40 B15 B20 B24 C4 C7 21 0 21
Proba mixta A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 3 30 33
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Os bloques temáticos iniciaranse con exposicións de ideas que permitan aproximarse aos coñecementos previos do alumnado e á súa motivación e interese polo tema para acadar os obxectivos en cada un e no conxunto da materia.
Análise de fontes documentais Ao longo do curso, o alumnado terá ocasión de coñecer e manexar diversas fontes de información e documentación: orais, escritas, gráficas, iconográficas, epigráficas... así como artigos en revistas, libros, audiovisuais, páxinas web, etcétera.
O traballo coas fontes servirá para a adquisición de coñecementos sobre das mesmas e para o seu recoñecemento e utilización como recursos didácticos.
Discusión dirixida Levarase a cabo durante todo o curso, con especial incidencia naqueles temas que requiran unha maior participación na discusión, para traballar a capacidade de expresión oral, diálogo e argumentación principalmente.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a un evento formativo que poderá ser en calquera modalidade de interese: conferencia, proxección, representación, exposición, etcétera. As alumnas e alumnos realizarán unha reflexión acerca da actividade.
Presentación oral Os traballos de propostas de accións didácticas que se desenvolvan, serán obxecto de exposicións na aula por parte de todos os membros de cada pequeno grupo diante do grupo completo.
Estas exposicións serán realizadas tanto ao presentar os traballos finalizados como durante a elaboración dos mesmos, algúns deles "in situ" en relación coas saídas de campo.
Promoverase o intercambio de ideas, análise do exposto e suxestións para conseguir o debate construtivo acerca das propostas ou traballos presentados por cada pequeno grupo.
Saídas de campo Constitúen unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos educativos e a contextos do contorno inmediato.
Realizaranse diferentes tipos de saídas a fin de que o alumnado teña un coñecemento dobre: os tipos de saídas e o propio medio ou contorno inmediato.
O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación, a recollida de información e a realización de propostas didácticas.
Preténdese a inmersión no medio para a súa comprensión integral.
Seminario Realización de proxectos ou propostas de acción didáctica, formulado dende o prisma dos seminarios e a súa técnica de discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións. Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente en propostas didácticas relacionadas, principalmente, coas saídas de campo e con temas que xurdan da dinámica da propia materia e do grupo e temas propostos pola profesora.
Os traballos en pequenos grupos serán presentados e debatidos no gran grupo conxuntamente.
Aprendizaxe colaborativa Traballo connxunto en pequenos grupos.
Lecturas Realizaranse lecturas críticas de artigos de revistas, capítulos de libros ou calquera outro tipo de texto. Traballarase a comprensión, a capacidade de síntese e a valoración crítica, principalmente.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva.
Proba mixta Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e coas actividades recollidas nas metodoloxías.
Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O alumnado recibirá atención personalizada que o oriente na metodoloxía para a realización dos seminarios, así como no seguimento destes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A33 A36 A39 A62 B1 B3 B4 B7 B8 B12 B18 C6 C8 Os proxectos que se realicen serán avaliados, principalmente, segundo criterios de planificación, corrección nos contidos, idoneidade para o nivel ou ciclo que se deseñen e creatividade nas propostas didácticas. 30
Proba mixta A26 A37 A39 B9 B10 B20 C1 1. Ao longo do curso iranse realizando diferentes probas e actividades para avaliación continua, en relación cos contidos traballados e con actividades recollidas nas metodoloxías (presentación oral, saídas, recensión, eventos, etc.). Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos contidos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación e creatividade. Esta proba puntuará ate 50.
70
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a asistencia e a participación activa. O alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado pola proba escrita que pasará a ter un valor do 100%.

O alumnado que se acolla á matrícula a tempo parcial, será avaliado pola proba escrita, que terá un valor do 100%, ou ben poderá realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria unha titoría previa na que se determinen as características e planificación así como asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso.

Valoraranse os coñecementos adquiridos, a
comprensión e capacidade de síntese, a claridade expositiva oral e escrita e a
participación e cumprimento nas tarefas que se encomenden tanto individuais
como en grupo. Na planificación das metodoloxías desta Guía Docente non se indica a avaliación das que se
inclúen na proba mixta 1. (presentación oral, etc.) por constituír un proceso de avaliación continua e global.

Bibliografía complementaria Mariño Ferro, X.R. (2000). Antropoloxía de Galicia.. Vigo: Xerais.
Bas, B. (2012). Experiencia sobre a utilización do entorno cultural como recurso didáctico na formación do profesorado de Educación Infantil.. Universidade de Vigo: Xornada de Innovación Educativa 2012.
AA.VV. (1991-2008). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules de edicións
Bas, B. (2011). Imaxes do patrimonio cultural para traballar as competencia básicas.. A Coruña: XI Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía.
Coma. L. (2009). La evaluación de las actividades patrimoniales.. Íber, 59-22-37.

A bibliografía complementaria irase ampliando conforme se vaian tratando e traballando os temas e actividades.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica/652G01029

Materias que continúan o temario

Observacións

Os traballos dos seminarios entregaranse en presentación powerpoint, non impresos, a fin de colaborar nunha facultade respectuosa co medio ambiente e sostible. Poderanse entregar materiais didácticos elaborados complementarios, en caso de estimarse oportuno.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías